miércoles, 3 de octubre de 2018

Ruleta rusa.

Pois nada tocou outro erro , desta vez tremendo en Moscú, e agora todos a chorar a Cristiano. Non vai a ser un servidor o que o chore xa que fai anos que digo que tiñamos que vendelo pero o que queda claro e que non fomos quen de comprar. Algo que xa facía falla con el para arriba e sin el xa non che digo. De feito como sabedes por aquí chimpabamos a BBC ao completo e traíamos outros. Benzema porque está acabado, e Bale polas lesións e a vista está a saltar.

O equipo está mesturando un mal momento de xogo , cunha realidade ao equipo faltalle velocidade-calidade  diferencial arriba, sen Marcelo, Isco, Bale aínda máis. Necesitamos velocidade, regateadores, encaradores xogadores para darlle a diferencia ao que acadamos en mediocampo. Como dixen xa poden ter atado a Hazard, e a poder ser a Eriksen senón veñen anos de sequía brava. Mariano é un bo dianteiro suplente do Madrid e Karim non é un bo dianteiro titular do Madrid, que nos falta pois algo nese posto e quizais algo que desequilibre en banda ao ser Bale tan lesionable, branco e en botella.

Ademais un mal momento implica que debemos saír ao trescentos por cen e non racaneando, concentración máxima co cal o partido de Vitoria pasa a ser unha final. Esto que implica que JLo vai facer aínda menos rotacións e arriscar cada vez menos cos xóvenes, cando o partido de onte pedía a Mariano de saída, quizais a Llorente e a Vinicius tamén , vendo como andan os Kroos, Asensio ou Benzema. Non falemos de Lucas que o sacou do campo cando debía estar para centrarlle a Mariano, non entendín nada.

Como dí Vilarino : " O Madrid está agora mesmo nun batiburrillo táctico-estilistico do que a ver como saímos. Lopetegui ten claro o fútbol que lle gusta, tamén vimos que é capaz de darlle un cambio ao equipo cos cambios, eso vímolo na selección, pero agora mesmo estánselle xuntando varios problemas/ circunstancias que non lle están axudar para nada e que de seguir o van a meter nun grave problema nos próximos meses."

Lopetegui necesita resultados para tomar certas decisións e descansos cas vacas sagradas, pero igual debe cargarse algunha vaca sagrada para acadar resultados e non poñer xogadores en forma fora de sitio, caso Ceballos, e ter no campo xogadores en estado lamentable caso Karim. Temos un plantel curto de gol, eso provoca partidos menos cómodos e gañar menos partido ou facelo excelso para facelo, algo moi difícil nos inicios de proxectos, que se che caían os goles axuda moito ao proxecto e JLo non ten eses homes.  Difícil solución ten o tema para JLo pero debe tomar decisións xa como dixen o día do Sevilla.

Pero o xogo de posesión sen profundidade que facemos non me gusta nada, hai que ser profundos de vez en cando e non temos xogadores que favorezan iso, big problem.

Podemos facer moitos analisis pero ninguén cordo pode pensar que si se vai Cristiano e non ven ninguén vamos a ser igual de competitivos. De feito si o Barça comezara en Liga como o ano pasado xa estaríamos out, levamos os mesmiños puntos. Porque non se plantexou un troco Cristiano x Dybala máis cartos ? como dixen non fai tanto. O ano pasado en Champions fixemos unha fase de grupos miña galana e iso que Cristiano fixo nove goles, casi nada.

En definitiva onte non critico as rotacións de Lopetegui todo o contrario foron poucas, como xa dixen. Solo toca rezar porque este ano vai ser moi longo se non compramos ou aparece gol e se JLo non se carga algo, aínda que se o fai igual ten unha camiña preparada.

Anteriormente :

Sospeitosos habituais. 

Pensa mal. 

Ideas tolas.

Summerania 18.

Ciao Cr.

Intro Summer.

Search :

Xente nerviosa.

Super Cup.








No hay comentarios:

Publicar un comentario