Quen o diría despois do ano que nos deu o Madrid que xa teñamos XIII Copas de Europa.
Quen llo diría aos da miña xeración para os cales esta é xa a Sétima. Parece incrible pois a nosa primeira foi precisamente a Sétima do club. Un club no que aínda que agora pareza tan fácil gañar Champions levaba ata aquela esperada Sétima 32 anos sen palpala.
Foi unha tempada de Search máis ca de artigos. As semis, Munchen , o rigorre e todo o que trouxo consigo : bingo , acidez , artigos de outros , o Parque dos Principes, o dilema , a vida sigue igual. E o último dun servidor era o de momento Alive.
Solo un inciso sobre Cristiano, xa falei del o ano pasado post final tamén, el saberá. Agradecemento eterno pero se non quere estar coma todos porta. Quizais o mercado este ano está máis chungo, quizais tamén nos deberíamos cargar a BBC enteira o malo é a quen traes. A min Ney dame pánico. No esencial pouco que cambiar sobre as letras, quizais nomes. O que si creo é que a marcha de Cristiano sería un gran acicate para demostrar cousas sen el.
Hoxe non é día de falar moito solo de recordar unhas cousiñas. Despois das Champions os Recordos sempre van para o mesmo sitio, sempre cara ao ceo. Coma sempre volta a Bilis , coma coa lembranza da XII. Queda claro que non gastamos en fichaxes nos últimos anos porque temos que gastar en fogos e festas.
Cada ano a xentiña solta máis Bilis , ese querido antimadridismo que tan mal debeu dormir , cada vez os argumentos son máis tolos, un auténtico luxo desfrutalos. O Pool chegou a final sen porteiro e destrozando ao inventor. Se chega a pasar noutros lares o conto sería o gol de Karim unha xenialidade de xenio do trincatansas, e o terceiro un mísil intelixente de traxectoria imparable, se non vos coñecera, jaja.
O Real Madrid sufriu unha super cantada de Casillas na Décima e nesta Champions en cruces un par delas de Keylor así a grosso modo que eu recorde vaia. Hai que convivir con iso tamén.
Da Undécima non hai recordos no blog, chegou nun mal ano . A Décima tamén trouxo a súa Bilis por aqueles tempiños.
Como din por tuister : O Barça é o gran dominador dos últimos 20 anos en Champions con 4 seguelle o Madrid con 7.
De baixas e altas , utilización de plantel espero poder falar. Porteiro, lateral, central e xente arriba son necesidades para un servidor. En moi breve Casilla xa non da , Achaf deberían cedelo , Vallejo gústame pero quizais cesión , Theo non deu o esperado, Marcos Llorente non lle gusta a ZZ a un servidor si, Ceballos o mesmo co anterior, Kovacic xa non confío na súa progresión, CR venderíao se o pagan, Bale o mesmo non me da para confiar un proxecto nun home que se lesiona tanto e iso que me encanta, Karim igual cos anteriores. As saídas e a confianza de ZZ nos xóvenes marcará todo. Con ZZ sufro o efecto Lolaso xente, odio-amor.
Con Modric sano sempre confiante. E con Ramos lonxe do modo Churu tamén.
Por certo Bale desconectou cando foi suplente contra o PSG e volveuse conectar condo viu opcións de ser titular en Kiev.
Partimos outra vez de cero a intentar gañalo todo por eso o Madrid é tan grande, xa estamos en crise e acabamos de ser campeóns. Disfrutemos o momento que quizais teñamos que esperar outros 32 anos ou máis.
Como di Jabois : " Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."
Entrenar al Madrid de Esttoper , que non é moi madridista por certo.
En Garrincha.
Don M. Jabois e CR.
Anteriormente :
Alive .
No hay comentarios:
Publicar un comentario