A semana pasada lin en tuister esta definición
sobre ao que se enfrontaba agora o Real Madrid e non me puido parecer máis
correcta, encántame de feito. Creo que fai tempo que levamos nesa tesitura pero
co tema do fichaxe de Lopetegui saltou a palestra. Debemos de estar preparados
dende xa para esta nova guerra cos medios.
A prensa nacional, monocor por certo, creen
que a Selección é o seu xoguete co cal prefiren que o xoguete rompa a non
controlalo.
Ese control que sempre pretenderon no Real
Madrid e que Flo non permite, por esa razón ese gran odio a Flo e a institución.
Esas ameazas de periodistas e medios sobre o
club e Lopetegui estes días son incribles. O que pasa é que como con Mou o
madridismo parece que voltou a espertar. Non nos queda nada que sufrir
novamente. Non contar con información dende dentro matou ao periodismo sobre o Madrid.
E a Julen xa nada, vai pagalas todas xuntas.
Agora De Gea é o porteiro de Julen, os mesmos que calaban coma p…. sobre Íker
nos últimos tempos, daquela si valía o pasado e o currículum. Os mesmos que din
o fichaxe de Julen desestabiliza a nosa selección. Pero claro filtrar a
alineación ou critícar ao porteiro non, iso é boísimo. Ou que Chuflas estea
máis pendente dun vídeo que do primeiro partido. Iso non descentra nin é malo
para a selección.
Solo hai que mirar como defenden esta postura
e a sele agora os que queren que gañe o Mundial
Arxentina ou lles gustan os
laciños, detector infalible. A sele importalles unha ….. pero ir a polo Madrid,
para iso si que vale.
A bo seguro que investigarán sobre si Sergio
Ramos golpeou na cabeza a De Gea, moi posible por certo, ou non ?
Pero claro todo o que rodea ao Real Madrid é
diferente e como hai que ir a por Flo todo vale e todo vai valer aínda máis a
partires de agora ca escusa de Lopetegui.
A dobre vara de medir, do duros que son os do
Madrid e do intensos que son os do Atleti. De cómo Cristiano ten unha gran
selección e solo se marca chispazos, en cambio outros teñen seleccións da merda
e todo o que fan é super. Un pouquiño de por favor como dicía o outro. Ou si
Grizzy xoga con todos non pasa nada como é do meu equipo mola.
Xa me parece raro a min que Flo que paga
cláusulas por encima do prezo, cos cartos do Madrid e contra a miña vontade, para non ter problemas non aviasara a
Rubiales, pero raro raro. Pero o antimadridismo vende neste país, se falas mal
do Madrid xa estás ben visto e igual ata che levan a un programa ou tes
programa. Danche un sofaíño para facer entrevistas ou vas de intelectual
follonero pero solo contra o Madrid, esa liberdade de expresión totalmente sesgada e partidista. En cambio se o teu equipo ficha por máis
de 150 kilos e por máis de 160 non dis nin mu, ou se a túa estrela tamén defrauda tamén o calas, tan malo será o que fai un coma o outro pero vende menos falar mal dun ca do outro. Defraudáronche os dous a ti como cidadán, o que pasa é que igual eles fan o mesmo quizais.
Apretade os calzóns que chegan as II guerras
Mourinhistas chavalería, preparados dende xa, unidos ante o periogolfismo. Esa loita contra esa prensa que se move por amiguismos, filias , fobias e sobre todo por intereses, como se pode confiar neles. Así van perdendo día a día ointes, espectadores, lectores, vendas...., os Safames e Supervivintes venden máis e todos queremos subirnos a ese carro, o que pasa é que non é o mesmo para pasar o cacho cos amigos que a través de grandes medios de comunicación.
Coma cando chegou Benítez a morte con Julen a ver ata onde chega o deixan chegar. A ver se da para un día falar do seu fichaxe e o tempo o permite.
Coma cando chegou Benítez a morte con Julen a ver ata onde chega o deixan chegar. A ver se da para un día falar do seu fichaxe e o tempo o permite.
Moralexa : O Real Madrid gañou tres Champions
seguidas sen facer nada e CR marcoulle tres goles a España sen facer nada. Polo
tanto a chave está na NADA, debemos deixar que fluia, se flue o éxito está
garantido.
Anteriormente :
No hay comentarios:
Publicar un comentario