miércoles, 12 de septiembre de 2018

Pensa mal e .... pandullaso.

Pois hoxe toca unha de pandullasos para a xentiña que andan líando , de todo un pouco e para todos en xeral ao tolo, para sacar temas de actualidade de diante. Sigue pendente falar do plantel do Madrid.

Buenos nos últimos días saleu a relucir un documental en certo canal de pago sobre o Barça e a relación con Franco e tal. O victimismo de sempre rapazada. Ganabamos Copas de Europa porque Franco mandaba moito en Europa vaia !!!!

Pero sacaremos uns datiños como ben di Acidarro ( @acidarro15 ) en tuister  star estudioso coñecedor do tema:

Moi certo que as relacións entre o Estado e o Madrid, e non digamos co exército foron moi compricadas, pero a imaxe que quedou resultou ser a contraria. Raimundo Saporta afirmaba que era o prezo a pagar porque o Madrid entrou en Europa antes co Estado.

Unha serie de cousiñas ilustran o tema :

- O Madrid visitou a un expresidente da época republicana exiliado en Francia, rendindolle honores.
- Bernabéu botou do palco a un militar franquista por acosar a mulleres.
- En basket o Estado franquista prohibiu xogar unha final europea.
- Tanto club coma xogadores vían unha oportunidade histórica de paz e irmandade xogar contra equipos coma o CSKA de Moscova e incluso os invitaban as súas casas.
- O trato ao socio "normal" o traballador sempre tivo preferencia para Bernabéu e Saporta.

En cambio a outros Franco salvounos directamente unhas cantas veces, recalificación rara incluida, e déronlle máis dun regaliño, dúas medallas de ouro do club blaugrana  e nombrado presidente de honra do Palau e do Pazo de xeo , pero vende ser outra cousa. En fin.

Como di Acidarro tamén : " Atrévome a dicir que o Real Madrid de basket non perdeu nin un euro de diñeiro público a tempada pasada e tampouco debe nin un euro a ningún empleado, xogador , proveedor.

Por moito que digan o Real Madrid foi un dos poucos clubs que non votou a Tebas , nin a Villar no seu día outros clubs si foron en contra do pactado e os votaron. Así que non falen mal de Tebas os siareiros deses clubs sen coñecer. A saber o que teñen montado co "Pruces" en Miami co Girona-Barça, os Roures-Peps e demais. O deste partido está máis cantado. Pero o tema político cun cafeiño falaríamolo, os que se tiñan que queixar somos os galegos a nos si que nos tratou mal a historia que nen estamos no fuso horario que deberíamos.

Saúl e Asensio apenas xogaron no Mundial porque tiñan que xogar outras vacas sagradas. E o de chimpar a Lopetegui e tal, sen comentarios. Ben non chegabamos pero o que provocou Rubiales nun Mundial tan barata foi de traca.

Como sempre digo os premios individuais nun deporte colectivo  de pouco valen. Os importantes son os do equipo. Creo que Lukita opta a máis premios o ano que peor estivo sinceramente. O importante son as Ligas, e as Champions o outro pois regalos nada máis.

Grizzy ten que gañar o balón de ouro, pero o crack de Francia é Mbbappe e o seu equipo quedou fora da Champions nun grupo por non ser capaz de gañarlle ningún partido ao Qarabag, razón pola cal entrou na Uropaligui e a gañou, moito conto con esto tamén. Varane gañou Mundial e Champions por exemplo.

Un servidor non é moito de Cristiano, de feito fai uns anos que o quería chimpar, pero competitivo coma el outro non había. A súa forma de ser xa sabíamos como era, agora non vamos a poñernos con el cando non xoga con nos. Para o bo e para o malo era así, debemos aproveitar as vantaxes da súa marcha pero non toca criticalo, é un dos xogadores máis importantes da nosa historia sen dúbida. Como decía un : Cristiano sempre foi gilipollas pero antes era noso gilipollas, non se pode definir mellor. Ou como di Jorgeneo : " Cristiano é ese gardacostas que che protexeu perante 9 anos de calquera pero agora xa non traballa para ti e non dubidaría nen un segundo en pegarche un tiro."

Outra falacia é dicir que os periolistos son do Madrid, pero peganlle en calquera ocasión. Os da prensa madrileña son do Atleti rapazada, non fai falta saber moito para velo. Pasarte por certos programas zapear 10 segundos ou ler algún artigo e salta a vista.

Tampouco nos podemos quedar cas tres vitorias do Madrid contra equipos supuestamente da parte baixa, xa se verá o final que tal Lopetegui, confiemos pero non nos flipemos. Sobre todo porque Bale non tardará en caer lesionado e a ver como afrontamos iso ou algunha que outra lesión en defensa. Ademais dende esta semana toca rotar, a ver como chegamos a outubro que o fin de setembro é chungo.

A un rusiño que xogou no Madrid estano a investigar por doping pola hormona de crecemento, pero o máximo expoñente desta hormona non lle din nada. Ao que se vai onda o "curador"/dietista de ciclistas ?

É tan  necesario remodelar o estadio e hipotecarse ? Repercutiría beneficiosamente no club ou é unha obra ca que Flo quere quedar para a historia ? Non sei se non conseguimos un patrocinador para o nome non sei se nos compensa. Ademais esta é a razón do cambio na forma de fichar. Que non digo que sea mala, pero algo rara en Flo si que é.

O de Isco con certo novelista-perigolfo, neso errou Isco os periodistas non están para apoiar , senón para informar o que pasa é que solo informan do que perxudica ao Real Madrid iso é o problema. Como tapan o de Chuflas ou que o Barça puxo de directiva a unha señoriñta inhabilitada e sacan todo o do club de branco.

Ningún pandullaso máis hoxe.

Anteriormente :

Search Me arranca a Liga.

Breves ideas tolas.

Summerania 18.

Ciao Cristiano.

Máis anteriormente :

Lendas , mitos e pandullasos.

Enlama que algo queda.

Bilis.

Adultera o do Boom.

Leccións de Coco.








No hay comentarios:

Publicar un comentario