lunes, 24 de diciembre de 2018

Apuntes de Noiteboa !

Unha vez cumprido o expediente do Mundialito gustaríame deixar uns apuntiños para que non vos confundades , que o torneo é o que é :

Os rivais eran os que eran , e o Mundialito era un marrón no que o Madrid non tiña nada que gañar e si moito que perder. Cumpliose a misión e ampliouse o palmarés con títulos deses que tanto lle suman a outros. Pero seguimos a ter as mesmas carencias que fai un mes. Non temos gol e seguimos a ser unha verbena atrás. Un dianteiro e un central serían dúas pezas básicas a fichar para este inverno se queríamos optar a todo, xa que aínda se está a tempo.

Como non se vai facer, pois despois que non esixan os de arriba. Ademais Solari non é santo da miña devoción, de feito, non me gusta nadiña. Xa que non fichamos nada, creo que o vamos a pasar bastante mal nestes meses. Si polo menos fora quen de poñer en dinámica a xuventude e acadar entrar en Champions pois a temporada non sería unha completa perdida, pero morrer cos mesmos iso non o entendería, se tiramos a basura o ano que sexa para probar se valen ou non os rapaces. Que xogar contra certos rivais dalles pereza aos cracks.

Como se está a ver con Llorente se lle das oportunidades a xente pois responde, o que non se pode facer e poñelos aos once xuntos. Ca pila de partidos que vamos a ter a partires de agora, ir mesutarando tres ou catro cada partido sería interesante, máis vendo o nivel dos Marcelo, Ramos, Varane ...... , por exemplo os Nacho, Odri, Regui, Ceballos, Llorente ..... poden axudar e pode irlles ben xogar. Por certo Vinicius ten de bo que se atreve e que parece Deco tirando a dar, fáltalle moito pero con Regui que defende pode xogar, con Marcelo non , senón esa banda é unha autopista.

O mesmo pasa con Isco, debemos recuperar a Isco para a causa é un xogador fundamental e que non podemos perder. Un servidor non é moi isquista pero sabe do seu valor e importancia , sobre todo co limpeiro que vamos tar que facer a final de ano, que non esquenza ninguén eso. Recordemos de feito que o inicio de tempada foi dos poucos que deu o nivel, sendo o mellor en ataque. A apendicitis, volver antes de tempo deixouno aos pes dos cabalos e se non xoga pois non vai dar collido o nivel. Todo esto nun contexto que trocou completamente nuns meses, co troco de adestrador. Confío en que Isco queira loitar outra vez por seguir no Real Madrid e que lle deixen.

Pero tamén me quero recordar dos críticos e poñer en perspectiva os modernos , o Real Madrid estivo 32 anos sen catar a Champions , un servidor xa pensou que nunca vería gañar unha. E levamos sete Champions en vinte anos, e nos últimos cinco catro Champions e catro Mundialitos, disfrutemos si, pero obliguemos tamén a seguir loitando a estes xogadores que tanto pasan en liga, por eso é importante que os "suplentes" entren en dinámica. E todo iso sen xogar a nada como din os inventores do fútbol se chegamos a xogar, teñen que vir os de Space Jam a ganarnos.

Por certo para que Flo gañara os 4 Mundialitos e a Intercontinental que gañou tivo que eliminar, catro veces o Bayern, tres o Atleti, tres a Juve, dúas ao PSG, unha ao Liverpool e outra ao Barça entre outros. Por se a alguén se lle esquence.

En definitiva primeiro trimestre do Madrid lamentable, e aínda así estamos vivos, pero sen solucións drásticas ( non poñer a algún que deambula polo campo )e fichaxes non chegará a bo porto seguro. Senón tirar de xuventude ata verán e a partires de xuño medidas drásticas, que sufrimos co Raio e Huesca fai uns días señores.

Bo Nadal madridistas !

Anteriormente :

Indiferencia .

Fin de ciclo .

Search :

Cska again.

A primeira Solari.


No hay comentarios:

Publicar un comentario