jueves, 27 de septiembre de 2018

Sospeitosos habituais.

Pois nada non sei cantas veces vin xa este partido, algo que se leva repetindo endémicamente dende que rematou o ciclo triunfal el Liga da Quinta do Buitre. Quen poñe partidos entre semana, quen os poñe despois duns premios, quen os poñe a esas horas, despois de paróns de seles, quen vai gañar así Ligas, dende a Séptima levamos así. En vez de aproveitar o pinchazo do Barça van eles e salen a facer o ridículo, cantas veces xa, cada vez que pasou ao contrario estes anos non desaproveitaron. Pero bueno chega un batiburrillo de ideas.

Podes xogar ao toque, a contra, a dominar , a esperar, pero o que debes ter ante todo é actitude e concentración en caso contrario píntanche a faciana. A actitude en Liga é vergoñenta. Xogadores que son lendas na Champions son sospeitosos habituais en Liga, actitude e non aptitude !!!!

O ano pasado estes partido eran culpa dos Ceballos, Llorente, Theo, Mayoral and company pero a realidade é que a única Liga que gañamos nos últimos anos foi a que xogaron os suplentes con fame, os Isco, Asensio, Nacho, Danilo, Morata, Kovacic...., e no que os sestean nestes partidos non ían nin convocados. Aquela Liga gañouse cos suplentes en Coruña por exemplo despois de caer co Barça. Gañarona os que se tomaron a Liga en serio. Eso é o que debía facer Lopetegui xa que para dar vergoña que xoguen os suplentes outra cousa diferente é a falla de calidade pero polo menos terán actitude. Ademais sería un golpe de autoridade no vestiario pero claro a estes xa sabemos como lles saben os golpes de autoridade, adeus mister e outro para o sitio. Co Atleti cargábame medio equipo. Que Ramos sexa primeiro tirador de faltas e penals di moito por JLo, parecemos un equipo de Terceira da Costa na que tira o capitán a primeira e despois hai pelexas por facelo.

Marcelo lesionouse pero bueno pouco máis corrio no partido, e despois aínda se queixa do cambio en Girona vaia inicio de tempada leva. Para facer o que fixeron ben puideron xogar Regui, Llorente, Ceballos, Mariano, ou Odri, que me expliquen a razón pola que non xogou Odri co lateral dereito lesionado, que mo explique Lopetegui porque non entendo. O partido recordoume ao de Rubén o ano de Queiroz, contra nos sempre xogan dúas marchas por encima, en fin.

Non facía falla un lateral esquerdo que van contar con Regui, non fai falla ninguén para sustituir a CR que Vinicius o vai facer e van contar con el, Karim vaise saír porque CR o tapaba .... falta un central ou un lateral esquerdo xa o dixen e fai falla dinamita arriba, facía falla o ano pasado e sen Cristiano máis pero parece mellor gastar no campo que no equipo. E non falo de Ney porque non quero a Ney pero hai opción media que podían cumprir, Mariano era unha e algún outro tamén podía. Cargarse a Karin era algo que debíamos facer e quizais tamén a Bale, dinamitar a BBC pero non para traer a Ney, quizais outras cousas. Non temos gol, non temos veneno, o ano pasado solo CR trasmitía sensación de perigo este ano sen el, ......

Hoxe comeronnos as papas un mediocampo con Banega, Vázquez e Sarabia que por certo custaba 17 kilos, é non son Kante, son xente con ganas. Por certo Navas de lateral parecía Cafú. O Getafe con actitude gañou en Sevilla por 0-2 señores. Sergi Gómez, Kjaer, Arana eran o resto da defensa, Gómez que daba pena no Celta, por favor.

Despois de hoxe JLo ten un grave problema, xa que si quere impoñer o seu sistema pode e debe ter problemas con algúns xogadores e cargarse algún, e senón o fai pois debe deixarse levar polo plantel que che pode dar unha Champions ou a nada absoluta que ata cansou a ZZ. A JLo estalle quedando cara de Benítez. Guti non debeu saír por si acaso, debeu coller el o Castilla. Arrisca JLo que che comen.

Un servidor tiña ao bigoleador do Sevilla en certo xogo de titular non había fallo. Para esta noite xa chegou, fin.

Anteriormente :

Pensa mal ....Pandullaso.

Breves ideas tolas.

Summerania 18.

Search :

Xente nerviosa.

SuperCup Tallin.

Preocupados . 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario