O plan do verán para o Real Madrid neste 2018 é moi 2017 pero con innumerables problemas máis ca o verán pasado por como está o mercado. Deixaremos o escrito no 2017 e unhas pinceladas como intro para un artigo maior con máis tempo e vendo como evoluciona todo.
De Cristiano xa o dixen todo o verán pasado no link sobre estas letras , e os que pasan con asiduidade por aquí saben que fai tempo que quero vendelo. De feito un servidor o ano pasado xa era de vender unha B e a C, para cambiala por MBappe, Mariano, Morata ou incluso un MBappe, Mariano, Mayoral. Pero claro o tema MBappe a día de hoxe está imposible e outras posibilidades do mercado tamén, Kane con estadio novo olvidadevos e moito máis para arriba non hai sen baixar considerablemente o nivel. Mariano, Icardi, Morata again, Lewan , Werner .....
Xa que logo o único que parece con certas opcións é o tema Neymar e básicamente é un xogador moi bo pero que non me gusta para o Madrid. A opción Hazard que quedou sen xogar a Champions para o ano que ven , chocaría con Asensio , Isco que deben ser as apostas do club.
Da medo deixalo todo nas botas de Bale e Karim arriba, un polas lesións e outro porque valía no ecosistema Ronaldo pero creo que non da o nivel. Que e quen fichar arriba, grave problema. Repescar a Mariano ? , a ver que tal é Vinicius ?, a ver que nos sacan da chisteira xa que estou moi perdido.
O que si resulta curioso é o ben que trata agora a prensa a Cristiano con todos os paus que lle deron e o mal a Ney co ben que lle quería, vaia panda. Todo que sea atacar o Madrid vale.
Tamén resulta curioso que tanto CR , coma Lukita teñen a mesma idade e con un non vemos mal a súa saída e co outro gustaríanos clonalo. Apunta CR ! Por 150 vendíao , iso si agora con eso non compras nada. Meses atrás falaba de Oblack, Grizzy, Odri para paliar a súa marcha. Agora Curti, Odri e arriba sinceramente non sei, repescamos a Mariano ? Icardi xa renovou ? , porque unha dianteira con Bale, De Tomás, Benzema, Mayoral , Vinicius da moito medo.
Sen Cristiano quedaría un ecosistema bastante bo para Julen, no intento de crear un equipo, un pouco xustiño no ataque e con xogadores chave cunha certa idade, como Ramos e Lukita, este último mamado do Mundial aínda por encima pero non queda outra. Os goles de CR si , pero a chegada dun ecosistema foi o que deu as 4 Champions en 5 anos.
Toca comezar a tirar dos xóvenes e a ver como vai coa Liga coma prioridade. Toca reconstruir nun mercado inflacionado.
Outro día con máis tempo , con máis nomes , analizamos todo en profundidade. Pero ollo que esta peli de CR xa a coñecemos, volve a xogar ao truco e non sabemos que cartas leva, o que si sabemos é que Flo ten boa man.
P.D : Por certo temos outra obra mestra alá pola esquina, dos creadores de Ney costou 19 , chega Paulinho ven por 40 e volve por 50 ao mesmo equipo, vaia risas, nin no PC fútbol chino, resulta curioso que ninguén investigue.
P.D. 2 : England leva 8 goles a balón parado, por se non o sabíades, inventores do fuchibol, en cambio da base do equipo os Spurs e os xogadores que pasaron por Poche , que pouco se fala, non vende. Trippier, Kane, Alli, Dier, Rose.......
Anteriormente :
xullo 17 : MBappe.
xuño 17 : Pulso Cr.
Fracaso Mundial.
II Guerras .
Aurevoir Zizou.
Febreiro 18 : Mercato. e tamén : O. T.
No hay comentarios:
Publicar un comentario