jueves, 8 de febrero de 2018

OT : Operación Triunfo.

Eu xa o sabía, eu xa o dixen e así continuamente. Xa que todos sabemos de fútbol, todos , absolutamente todos sabíamos que o Real Madrid despois das Supercopas  que se cascou fronte a United e Barça , servidor incluído, que íamos facer tan deshonrosa tempada. A posteriorí é moi fácil colgarse medallas. Pero non é así poucos ou ningún pensaría tal descalabro, un servidor tampouco. Un win-win de manual, sempre temos a Operación Triunfo nas nosas mans, sempre acertamos, o malo é que nas quinielas e nas apostas non damos unha, tan bos non seremos.

Os máis veteranos do lugar falan nos faladoiros dos bares dicindo : “ desfixemos o mellor equipo da Historia” , “ non se pode deixar marchar a James, Morata, Danilo, Pepe, e traer chavales” ,……. Penso que eses  eran/eramos  os mesmos que día si e día non queimaban a James e Danilo cada vez que entraban no campo : “ mira non corre, xoga andando”, “non da unha” , “ vaia xogador para o Madrid” . 

Do plantel xa falamos no seu día. Dixémolo aquí e repetímolo moitas veces a saída de James parecíanos cantada e razoable. En principio non contaba para Zidane, e con Isco, Asensio, incluso Kovacic e a chegada de Ceballos creemos que está suficientemente cuberta. O prezo pois e a operación de venda/cesión pois parecía barata como está o mercado e máis entrando un rival directo como o Bayern, pero é que igual non tiña ofertas interesantes. De feito solo na hipotética saída de Karim-Cr  víamos opcións para quedarnos con James, vamos bos de critícalo.

Con Danilo pasaba o mesmo, creo que era o xogador máis queimado do Madrid da pasada tempada polos “baristas”. Con Danilo tiña días, uns si outros non, a operación pareciunos razoable tamén. Debo recoñecer que con Achaf pegueima ben pegada. Pensaba que o chaval estaba a mellor nivel con balón, fixo bo a Danilo. Partido a partido defraudame máis o rapaz. Necesita experiencias e minutos. É un chaval, é da canteira, non costou un peso haberá que cedelo e seguilo.

Os casos Pepe e Morata,  as súas saídas non son sangrantes o sangrante foi o non relevo. Cas saídas de Pepe e Danilo e co historial de lesións de Vallejo e Varane, os que se lle están a unir Carvajal e Ramos nos últimos anos, parecía que un central ou lateral máis non sobraba e viuse.

O caso de Morata tanto do mesmo co nivel mostrado por Karim e as lesións de Bale, se non quedabas co chaval , fichaxe ou Mariano, pero nin unha , nin outra opción.

Pero creo que nos alonxamos do debate real, o que de verdade importa. O mensaxe que recibiu o plantel.

Creo que o Madrid ten un plantel sensacional, e o problema non foi de configuración do mesmo salvo un defensa e un dianteiro, como do mensaxe que se lle deu/da. De que estean como estean xogan sempre os mesmos. E claro temos desenchufados aos titulares e os suplentes. Nun ano de Mundial no que moitos de por si xa pintan a mona.

Iso vai no debe do adestrador claramente, do cal parecía que a xestión do plantel era a súa principal forza.

Como dí Emil Sorel, Zizou parece unha persoa bloqueada no banco, que sempre fai o mesmo, pase o que pase sobre o verde. Sinceramente tal vez hai que trocar algo penso. Se non funciona persistir no mesmo non o vexo.

Aínda que estou máis ca versión de Marcelino Ade : “Es normal en el deporte profesional, existe un desgaste emocional, y la necesidad de revulsivos se vuelve imperioso. Estos revulsivos partir de la renovación de la competencia interna y/o que el propio DT introduzca nuevas dinámicas-rutinas de trabajo y tácticas.

Con las vitrinas llenas, y la confianza hasta arriba, a Zidane se le presentaba el reto de construir un modelo de juego muy/más ambicioso, dado el enorme potencial del que disponía. Sea porque no cree en ello (idea) o porque no tiene capacidad para ello, no lo ha conseguido.


Una cosa que me molesta es que en el "debate Zidane" de lo que menos se habla/se va a hablar es sobre el juego del equipo y la dirección técnica. No me sorprende, porque el juego siempre ha interesado poco, pero no deja de ser subirse al carro resultadista.


Porque, ¿qué está haciendo Zidane que no hiciera la Tª pasada? Mi impresión es que él está siendo fiel a sí mismo,sólo que ahora la dinámica es negativa, pero la receta está siendo la misma.

Porque hay que decirlo, pero Zidane se ha quedado cortísimo para llevar a cabo ajustes (o construir algo) en cuanto su plantilla se ha caído emocionalmente (confianza-inspiración) y ha perdido calidad en el banquillo” . Preocupante non si?

Este ano non solo non foi quen de dotar de confianza aos suplentes, tampouco mellorou no táctico, nin foi quen de facer mellorar ao equipo no táctico. É Zizou un Del Bosque 2.0 ? Bigotes tampouco era dos meus, polo tanto ! Si che collen o truco hai que trocar algo, Bigotes inventouse unha defensa de 5 para gañar unha Champions polo menos.

Interesante tamén isto de @jorgeneo en La Galerna : “Zidane tiene una cualidad muy difícil de encontrar: liderazgo. Pero quizá ese liderazgo haya que rodearlo de figuras con un conocimiento más avanzado y modernizado del juego.” .

Tan interesante como o artgo son os comentarios que aparecen nel.

Sinceramente non creo na maxia de que chega o PSG estamos dando vergoña pero vamos enchufarnos e arrasar. E si por un milagre pasa, hai que tomar decisións igual. Por exemplo prescindir de Isco ante a BBC non me parece unha decisión correcta, e os que por aquí pasades sabedes que non son super-fan de Isco pero aínda estando mal está mellor ca BBC. A falta de sentir a competencia, os méritos matou ao equipo.


De posibles fichaxes, adestradores …… xa falaremos outro día, pero como está o mercado, vexo difícil traer algo de nivel que non estea preto de rematar contrato. Os salarios e poderío Premier  acaparan case todo e para o resto están PSG e Barça carteira, onde van os tempos de canteira. Cláusulas e mercado interior ao estilo Bayern ? . Difícil a nos tómannos todo a mal.

En definitiva, adestrador, directiva e xogadores teñen a súa parte de culpa na crise, xestión de fichaxes, de plantel e de gañas.

Anteriormente :



Search :



1 comentario:

  1. Algo que esquecín, supoño que como Zidane que tirou a Copa solo para pensar na Champions o sábado saíra cos 11 que el considera suplentes máis algún que non pode xogar ou que necesita coller ritmo : Casilla, Carvajal, Ramos, Nacho, Theo, Kovacic, Llorente, Lucas Vázquez, Isco, Asensio, Mayoral.

    Supoño.

    ResponderEliminar