lunes, 16 de julio de 2018

Summerania 18.

Como xa apuntábamos fai unha semana por estes lares a saída do xogador máis importante da historia recente  do Real Madrid troca toda a situación do verán e dos fichaxes esta tempada. A pesares de que un servidor nunca foi moi de Cristiano negar o evidente sería mentir, chega unha nova Era, difícil por certo vendo como está o mercado, pero tiña que chegar, de feito penso que chega un ano tarde.

O ano pasado era perfecto para a súa venda, quedabas con Morata, ías a por MBappe a morte e tiñas equipo para unha década, cun mercado xusto antes da tolemia. Pero Zidane non se atreviu a tocar un vestiario que llo deu todo, é máis desfíxose de elementos discordantes para acomodar os presentes. Iso deulle unha nova Champions, pero demos vergoña en Liga e Copa. Agora tócalle a Lopetegui acometer o que Zidane non quixo. Bonito marrón para Julen pero dende xa toca apoialo.

Flo non pode buscar no mercado o novo Cristiano porque non o hai, o que máis se parece sería MBappe e todos sabemos que é imposible mercalo. Nesta conta tampouco gusta Neymar, espero e desexo que non fagamos tolerías para fichalo. Sabendo o bo que é, tamén sabemos que no Real Madrid sería un problema, entre a súa forma de ser e xogar e as fobias dos periogolfos cara o Madrid, todos sabemos como acabaría esto.

Sinceramente creo que o Madrid necesita fichar sobre todo gol, o resto máis ou menos témolo bastante ben apuntalado. Tamén poderíamos necesitar un xogador que tire do carro nos malos momentos e que aguante esa presión. Estes nove anos foi Cristiano, agora tócalle a Ramos, Marcelo e Modric facelo, a ver que tal funcionan. Toca potenciar o xogo de  equipo, xa non hai que buscar sempre o pase a Cristiano, agora todos poden intentar cousas.

A cuestión é que e a quen fichar ?

Creo que na portería con Keylor estamos ben servidos a corto prazo, pero tendo  a Tibú a tiro eu fichabao cos ollos pechados, sen dúbida. Ou iso ou apalabralo para o ano. Non se nos pode escapar. A ver que tal é Lunin. Se chega Tibú xa, pois por min quedaba con Tibú-Keylor pero non sei si eles estarían pola laboura.

En defensa co fichaxe de Odri tamén estamos ben servidos, xa que Carvajal e as lesións. Sempre teño a preocupación de ter tres centrais que son bastante lesionables, Vallejo e Varane sobre todo, non tanto Ramos que xa vai nunha idade, Nacho é un seguro. Pero tamén confío moito no chaval do filial Manu Hernando polo tanto diría que servidos a non ser que apareza unha ganga.

No medio máis que servidos estamos entre o que xa temos e os que van facer a pretempada volvendo das cesións. Odegario e Fede son debilidades dun servidor e incluso se marcha Kovacic , non ficharía a ninguén. Espero que Julen confíe en Ceballos e Marcos con minutos que as tempadas son moi longas. O que non pode facer e cambiar 11 xogadores xuntos, dous ou tres cada partido estaría ben. Ademais vamos a ter a Lukita baixo mínimos despois do Mundial. Vainos chegar como un can que tiñan meus pais que escapaba cando estaba de xaneira e despois dunha semana voltaba ao fogar escachambrado e necesitaba quince días para recuperar o pobre. A Lukita hai que coidalo moito.

O gran problema é arriba, marchou o líder e agora quen vai tomar o mando e marcar os goles. Bale e Karim vivían ben baixo a sombra de CR. Mira que eu son de Bale pero non podes confiar un proxecto nun home que se pasa mínimo dous meses lesionado e tarda outros dous en recuperar, de feito hai que levalo con moito tino coma nos últimos meses e sen que xogue demasiado, o que fai inviable que sexa o faro. E de Karim xa pasou o momento penso. De feito en outra situación de mercado chimpaba aos dous, pero tal e como está o tema e o pouco servidos que andamos arriba mal conto.

Xogaríame máis a que Isco e Asensio sexan capitais arriba, eles deben liderar. Algo que fai que o fichaxe de Hazard non me convenza moito, creo que chocaría un pouco con estes dous e incluso con Bale a non ser que pretendan vender ao galés. Polo tanto e sabendo que Kane é imposible apostaría por fichar a un dianteiro veterano a bo prezo, estilo Van Gol no seu día. O problema é ese mesmo o prezo. Falcao, Dzeko, non sei, de feito a min Iago Aspas non me disgustaría e ten un prezo razonable. Moito mellor que fichar a Rodrigo seguro, Icardi non me disgusta pero barato non sería penso. Repescar a Mariano sería perfecto, a pena é a non existencia da claúsula de repesca en Francia. As incognitas son De Tomás que a min sempre me pareceu un bluff, Mayoral e Vinicius. A ver que tal é o brasileiro. O bo que vai ter a chavalería é que o faltar os mundialistas ao principio van a ter oportunidades de enseñarse cun adestrador que parte de cero.

Non vexo o retorno de James sinceramente, ten gol o colombiano certamente, pero un ritmo demasiado pausado e o seu último ano aquí foi lamentable.

Por certo haberá campaña polo piscinazo tremendo de Grizzy ou como non sona para o Madrid nanai. Recordo cando Ney pasou de ser un paiaso, a un crack, a voltar a ser un paiaso, según para que equipo sonaba e despois a prensa é madridista, teste que rir muchacho.

Bueno rapazada seguiremos atentos ao mercado, pero reforzarse está bastante chungo, toca confiar nos xóvenes para iso os fomos comprando,  solo pido a non chegada de Ney.

Anteriormente :

Search Me Ciao Cristiano.

Intro : Summerania.

Fracaso Mundial.

II  Guerras.

Search Me Lptgui.

Aurevoir Zizou.

Mercato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario