miércoles, 14 de febrero de 2018

Dead or Alive.

Pois chegou o día, chegou a romería. A mala xestión de Zidane estes meses, o pasotismo do plantel e os erros de configuración da mesma lévanos a que hoxe a estas alturas de febreiro o Real Madrid se atope ante a súa última táboa de salvación, ver para creer meses atrás. Loitar por entrar en Champions dende xa pode ser moi duro para todos, bo para a prensa eso si.

Preocúpame moito o optimismo desmesurado que vexo en boa parte do madridismo. Gañar a Champions estando mal é unha situación excepcional, posible sen dúbida pero excepcional. Non o vexo hoxe vaia.

Nas últimas dúas Champions estábamos bastante ben en Liga. No 2016 pelexamos a Liga ata a última xornada despois do troco de adestrador e cunha gran remontada. E todos recordamos o ano pasado. A situación asemella a primeira de Del Bosque no 2000 , pero nunha eliminatoria  tal coma hoxe sacouse unha sorpresa da manga a defensa de cinco con Helguera, I. Campo e Karanka.

Non espero ningunha novidade no once de Zidane, e creo que iso dalle facilidades ao PSG , apostalo todo por unha BBC que de poucas nos sacou nas últimas dúas Champions. A parte ofensiva dependeu principalmente  dos medios, dos laterais e de Cristiano coma rematador.

Creo que temos moitas similitudes en formación co PSG , creo que o Madrid con máis calidade no centro do campo e quizais atrás. Pero a gran diferencia radica adiante , a nosa BBC non aproveita o que xeneran os nosos medios, a súa MCN non necesita que os medios xeneren, son os de arriba os que xeneran.

Penso que hoxe é día para un 1-4-4-2 cunha presión arriba asfixiante, asumindo riscos das espaldas e Mbappé,  as pezas as que quixera Zizou, Isco, Lucas, Asensio, e na corda floxa para min Karim, Bale e incluso Casemiro aínda que hoxe creo que vai facer falta no medio, algo que non vai pasar. Moi difícil imaxinar un Real Madrid sen Karim e con Isco por exemplo, tema de roles para o adestrador. A outra opción replegue para collerlles as espaldas a eles. Pero trocar cousas por favor.

Pero claro hai que darlle un punto de maxia ou épica as actuacións históricas do Real Madrid en Champions, para vender periódicos e telediarios.....pero non son nada optimista. Keylor, Ramos, Marcelo, Lukita e CR todo pasará por eles hoxe, son os homes chave.

Por certo aínda seguindo vivos hoxe, quedarían 6 partidos máis para sacar algo. Portería a cero debe ser premisa.  Por certo  Ney é un crack pero no Madrid non o vexo.

Aínda que como di Jabois : " Y esto es básicamente el Real Madrid, una fe ilimitada y altanera cuya leyenda es universal, por eso nos rompen tanto la cara , porque no la escondemos."

 “ El Madrid vuelve siempre, a veces como tragedia y otras como farsa. Pero las más especiales regresa como Madrid.”

Dúas notiñas para rematar, Eriksen e Kane son xogadores Top. E onte os clubs votaron subida de soldo para Tebas solo o Madrid ,o Bilbo, Real Sociedade, Celta e Oviedo  votaron en contra, de feito a subida foi a petición dos que moven o cotarro no LFP os da comisión delegada  onde están Atleti, Barça, Valencia , Sevilla xunto a Eibar, Vilarreal e Real Sociedade   . Nin o Madrid votou a Villar no seu día, nin tampouco a Tebas no seu día, e despois veñen os dos fíos e tal, teste que rir,  non vende, como tampouco vende falar da Operación Soule.

Anteriormente :

Mercato.

O T .

La zizanie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario