Vamos cunhas ideas tolas que nos rondan a cachola despois destes días tolos que levamos e coa Supercup as portas :
Despois de visto o partido fronte ao Milán unhas cousiñas. A presión alta non funciona igual cando están uns cuantos xogadores que non son intensos. Non é o mesmo para Julen convencer a chavalada que os "galácticos". Si Julen quere presionar en campo rival debe xogar con xente convencida totalmente para elo, senón a súa estancia no banco de Bernabéu será curta. Se non presionamos coma bloque uns venden aos outros. Polo tanto espero que na Supercup xoguen os que están ben físicamente, non os "galácticos" con dous adestramentos tan so. Hai xogadores que a día de hoxe están moi finos físicamente aínda que logo serán suplentes. Non vale poñer aos que chegan de vacacións por moita vaca sagrada que sexa.
Debemos fichar un dianteiro si ou si, quizais un central que poida xogar de lateral esquerdo, vendo como Vallejo volve a ser o lesionado de sempre xa fai tempo que o dixen, ademais Varane e Ramos sempre caen e Marcelo é Marcelo. A non ser que confíe moito en Regui e baixe a Llorente cando faga falla. Non creo que necesitemos un medio, con Valverde e Ody a min chegábame. Pero cando remate o mercado falaremos do plantel.
Hai que estar atentos a situación de mercado de tres xogadores con "tan solo" dous anos de contrato para facer un "Curtúa" a proxima tempada. Hazard, Eriksen, e Werner, xa podemos ir traballando no tema e a ver se non renovan. Poderíamos unir a Rabiot o que solo lle queda un ano , aínda que parece que o Barça tomou a dianteira por este xogador.
A min o fichaxe de Rodrigo aos prezos que saliría non me gusta nada. Pode ser un xogador de rol interesante e un bo suplente, pero por 30 kilos non por 80 que nos pedirán.
Vinicius é mellor xogador do que esperaba pero quédalle moito que mamar aínda. Se ten cabeciña e vai entrando pouco a pouco , pódenos valer.
Lukita é o meu xogador preferido e posiblemente mereza un aumento de soldo máis ca ninguén pero esta formula Churu que se marcou non me gustou nada de nada. A ver si se confirma que renova. Ser é un xogador especial o noso mellor xogador dos últimos anos.
P.d. : Como sempre digo as sensacións boas de pretempada non sirven de nada incluso son mentiriñas. O que vale é cando empeza o bo, os títulos e sobre todo os gordos . Sen Cristiano vamos ter que ser máis compactos , encaixar menos goles para lograr títulos. E toca pelexar a Liga e a Copa, e chegar lonxe en Europa.
Ultimamente :
Preocupados .
Summerania 18.
No hay comentarios:
Publicar un comentario