Deixade de buscar culpables que dende o día un xa estaba
decidido de quen era a culpa do fracaso deste Mundial, e non era outro o culpable
que o Real Madrid, personificados en Flo e Lope, nin máis nin menos.
Como di Miguel Lago : “Si opinas sobre
Rubiales eres madridista, si non vas coa
Arxentina de Messi eres madridista, si vas con Portugal eres madridista…..”.
A onde vamos
se o presidente di que nun equipo de fútbol hai intereses máis
importantes que os deportivos, cales ter contenta a túa prensiña. Si señor presidente vostede e a súa prensiña
antimadridista son os verdadeiros culpables deste desastre. Pola bilis que lle
teñen ao Real Madrid foron quen de destrozar todo.
Non sabemos que pasaría se chega a continuar
Lopetegui no Mundial xa que os últimos partidos non foran moi bos, as
sensacións eran as que eran e había xogadores en principio importantes que
chegaron bastante mal. Pero o que si esta claro é que chimpalo era a
confirmación dun fracaso asegurado , porque desfacerse do home que montou o
equipo durante dous anos un día antes de comezar a xogar non lle cabe na cabeza
a ninguén.
É como si ti es o propietario dun restaurante e o día antes dun casamento que
tes contratado fai 2 anos, prescindes do teu cociñeiro que preparou o menú, a
elaboración dos pratos, e todo o relacionado co banquete porque te enteras de que vai irse para outro
restaurante. Podes ser caralludo e contarlle a prensa que a ti non che poñen os
cornos , e que ti es o máis grande e todo o que queiras, pero o fracaso do menú
do casamento está asegurado xa que vas a poñer a un pinche a desenrolalo agora
polo teu orgullo.
Un bo xefe pois tragaría o orgullo e unha vez
rematado todo diría o que teña que dicir pero sacaría o casamento adiante. Pero
claro os perigolfos que non dan entrado no Madrid teñen que ir a por el aínda
que sea a costa da selección. Se apoian a túa decisión xente independentista e
Maradonas da vida, algo fas mal penso. E que non diga que non o sabía que recoñeceron que o sabían incluso en nota de prensa. Non hai valores na mentira señor presidente.
De feito o mellor legado que vai deixar Flo e
manter as garras da prensa lonxe do club, por iso temos tanto anti na volta.
Agora non hai a toalla do club no diario de turno, nin o reloxo…… E claro iso
son perdas para os gordaños e cia que non poden remediar. Non recordo a última
vez que merquei prensa escrita, ou escoitei a radio nocturna, e tamén evito
darlle clicks as súas publicacións. O antimadridismo págase perdendo clientes señores.
No deportivo pouco que falar, vivir da posesión non é que morrera, é que a
chave do Barça de Pep era a presión despois da perdida por esa razón trala
marcha de Etoo o segundo ano ese Barça xa foi vulnerable, posesión con sentido
non tela por tela e presión adiantada
trala perdida así de claro.
Tamén nos quedou bonito o tema de que todos
sabemos de fútbol e adestra calquera, viuse que calquera non vale para levar un
grupo, un servidor tan crítico con Zizou e Lolaso pero sempre se ten que tragar
as palabras vendo estes esperpentos. Gañar sen xogar a nada non é tan fácil
como parece.
Que Saúl non aparecera en todo o Mundial foi
esperpéntico, os poucos minutos de Aspas ou Rodrigo visto o rendemento, os
moitos de Carvajal ou Silva entre outros. O tema De Gea era moi difícil para
calquera que fose o mister e F. Hierro non tiña o valor moral para tomala, de
feito esa é outra Lopetegui si tería valor moral para cargarse certos xogadores
o malagueño non. De Gea non deu seguridade pero : 2 goles de penal, 1 de falta, 1 de cagada da defensa e chéganlle 1x1, un de corner que rematan solos, e unha cagada del.
Por certo Saúl e Koke foron os máis críticos
ca decisión de cargarse a Julen, dous atléticos, non hai máis palabras, quizais
por iso non xogou Saúl, algo que quedará non debe de Fernando, o igual que
quedara non de Bigotes que esta foi a primeira gran cita de Isco. Non foi nin
no 14, nin no 16 diso non falan nada os periogolfos. Nin do desastre que foi
Íker en Brasil, que pouca memoria teñen para o que lles convén. Íker é o mellor
porteiro da historia de España e do Madrid pero no 2014 marcouse un De Gea.
P.d. : Rusia xoga como lles dea a gaña a eles, como o
fai Uruguai ou o Atleti do Cholo, cada un cas súas armas elixe o camiño. En vez
de falar do lamentable fútbol practicado e as malas decisións tomadas queda mellor culpar ao Real Madrid que vende
máis. Os Mundiales gáñanse con chispiña e non puxemos a xogar aos que a tiñan.
A conclusión by Emil Sorel : A realidade é que
non podían soportar que o Madrid apostase polo seleccionador nacional. A
perspectiva de que se poidese dar identidade entre éxito da selección e Real
Madrid era aterradora e por iso procedeuse a presionar o pelele que temos de
presi para chimpar a Lopetegui. Isto queda acreditado na versión de Julen, no
primeiro comunicado da Fede antes de que o modificaran e na rolda de prensa do
presi na que admite ter consultado a decisión con periogolfos. Todo o demais
que vos conten é desinformación, propaganda anti-Madrid e anti-Flo.
Xentiña estamos ante un ano moi duro para o
madridismo , teremos que loitar contra todo. E que un presidente teña que pagar favores para tomar decisións que maliño é, despois incluso che gobernan os que queren destruirche, estás atadiño polos....
Anteriormente :
Tens toda a razão, meu amigo! Cada vez mais os valores desportivos do futebol se deixam vencer pelos €€! Grande abraço
ResponderEliminar