lunes, 15 de enero de 2018

La zizanie.

La zizanie significa a discordia en francés que mellor xogo de palabras para falar de Zidane no día de hoxe. Vou  volver utilizar outra frase que me encanta de Jabois : " a derrota está mellor escrita que a vitoria, e a literatura solo é arte cando o final non é feliz, os finales felices son a precuela de algo que o autor nos aforrou ler. " , así nos sentimos os madridistas agora infelices , agardando a chegada do desastre final e cunha discordia interna, de quen é o culpable, Zizou, xogadores, Flo, a prensa....................

De Zidane neste blog nunca se dubidou de que era o adestrador perfecto para o momento que estaba a vivir o Madrid antes da súa chegada,  nunca se dixo que era o mellor adestador do mundo e desde logo non é o peor aínda que o parece a veces. A súa xestión de egos e plantel estaba a ser satisfactoria, pero todo se truncou. Tácticamente non é tan malo como parece, solo temos que recordar a final de Champions e o pase atrás. Pero cústalle ler os partidos, se o seu primeiro plan non funciona, no plan B , sempre erra. Moito sota, cabalo e rei e pouco cambio diferente. Será a maldición das Supercopas, xa dixen que o que as gaña fai normalmente mala tempada e mira. E tamén avisei trala 12 ª que había que andar con ollo. Porque non temos a fame que teñen os outros, esa maldade.

Pero non pode estar cambiando constantemente os que están a xogar mellor e deixar a outros dando noxo por moito Marcelo ou Cristiano que se chamen. Paréceme ben que defenda aos xogadores ante a prensa pero debe tomar decisións xa.

Sinceramente creo que si ve moi mal a cousa dimitirá, como xogador non se apegou o posto, de feito é o único que vin marchar do Madrid perdoando contrato en vigor. Se marcha solo vexo 2 futuribles Poche e Guti, nada máis. Nin Conte, nin Low ......., non lle vexo sentido a ningún outro.

Non vou pedir a súa marcha pero si espero que cambie cousas. Porque sen mover nada non vamos a mellorar por moita falta de pegada que teñamos. De feito mesturaba equipos en Liga e Copa, 5 ou 6 "titulares" e outros tantos suplentes no vindeiro mes.Xa que uns e outros están como están e igual é cuestión de mesturalos mellor. E non deixar os suplentes solos ante o perigo en Copa, que por certo é na única competición que podemos facer algo a día de hoxe.

Aviseino non fai tanto, está nun punto de que se quere sobrevivir ten que deixar de ser o superamigo de certos xogadores e tomar decisións duras, senón non tardará en dimitir.

Un servidor alá por agosto e setembro do pouco que se queixaba era do posto de dianteiro e da defensa un pouco pero menos. Polo tanto realmente é para o único que estaría lexitimado a queixarme agora. Moitos vían todo de "pinga" e agora veñen co que" eu xa dixen" e" lala e máis lala".

Pero haberá que cambiar cousas incluso se sona o gaiteiro e gañamos algo. Cousa que a día de hoxe vemos imposible, de feito vexo máis claro xogar Europalí ca dinámica que levamos. Hai que tocar o plantel e canto máis tardemos peor será. Sobre todo a BBC, para min Cristiano, Benzema e por moito que me doía Bale deberían ser saídas case seguras. Cando foi do pulso de CR no verán vin claro que a mellor mediciña para a falta de fame que suele atacar o Real Madrid era a súa venda, e con el a de Karim, para min van os dous nun lote, Karim vale para o ecosistema CR sen el non nos vale. E vía a chegada de Mbappé como un bo plan con certas obxecións.

Agora é fácil velo, vexo eu, velo ti, veo Moncho o tumba chineses , incluso o ve meu pai , bueno o de Cristiano non o ve.. Algo está funcionando verdadeiramente mal neste equipo e no verán hai que cambiar moitas cousas, pero no mercado de inverno sinceramente salvo cousas puntuais por extrema necesidade un servidor non é moi partidario de mercar a non ser que sexa algo que che vaia a valer para despois. Algo parecido a Coutinho o Barça se pensas que é un fichaxe de futuro pois faino, senón tontería. Ou Costa e o Atleti que lle cambiou a cara e moito.

Por exemplo o fichaxe de Kepa a día de hoxe non arranxaría nada, pero pode ser un bo movemento de cara o futuro. Máis se cabe como está o mercado, e coas obras do Bernabéu que me parece que están parando moitos movementos.

A prensa antimadridista tersiverxa a realidade para perxudicar o equipo. A prensa oficialista faino para tapar as miserias do equipo. Ningunha delas é boa porque ambas carecen de obxetividade. Representan os extremos e como sempre digo a realidade está no "medio", máis ou menos cara un lado pero no "medio".

Fai anos xa que non vexo Manolos, Chiringos, radios, Roures-BarçaTv, EstudioCampo, Relañoboys, Partidazos ....... O periodismo deportivo está como a política ou peor. Dame a risa cando tachan a moitos deses de oficialistas cando son antimadristas, ( canto cheroke hai na prensa da capital facéndose pasar por vikingo ). Eses aduladores de Pacos Jémez da vida e odiadores profesionales do Real Madrid.

O Madrid é o que ven os meus ollos, cando podo velo, e non digo que un servidor é obxectivo porque ninguén o é , pero teño unha opinión menos contaminada penso. Nin un lado , nin outro. Estamos a facer unha tempada lamentable e temos equipo para pelexar todos os títulos, pelexalos, pero non o estamos a facer. A culpa un pouco de todos, adestrador, xogadores e directiva. 

Non vale o perfil Mou ou Capello, non vale o Carlo ou Zizou, non vale ningún ? Igual hai que cambiar outras cousas. Non tumbaría a Zizou, pero hai que cambiar pezas  ebo apoiaría, melloraría o seu staff técnico, de feito a mellor temporada do Lolaso foi con Tabak e Chus Mateo o lado, como explica Pepe Kollins : " el secreto para perpetuar un ciclo ganador pasa, inexorablemente, por la asunción de la responsabilidad del club en la toma de decisiones con independencia del interés de los jugadores, el técnico o la propia afición."

Seguiremos atentos.



Últimos artigos :

Crítica ou alabanza.

Varas.

Plantel 17/18.

Últimos search RM :

Ruido.

Crise.....

RdP Zizou.

Clásico de Nadal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario