Onte Pablo Laso igualou a lenda branca Pedro Ferrándiz con 490 partidos no banco do Real Madrid e mañán fronte o Maccabi T.A. superarao, e neses 490 partidos un servidor sempre coma un Pepito Grillo criticándolle case todo. Por iso hoxe é o día de recordar os mellores momentos de hateo, moi ligado o Lolaso ao blog.
Xa en xuño do 2011 cando o Real Madrid buscaba adestrador compartín un artigo sublime de F. Ruíz , non se sabía quen sería e ninguén parecía querer vir. Quen diría que en Xaneiro de 2018 Laso o trocou todo a pesares de tanto hateo e non solo meu. En Xullo do 2011 confírmabase Laso ante un cabreo espectacular de boa parte do madridismo ou iso parecía.
Meses despois en outubro analizaba o primeiro plantel do que dispuña Lolaso, lockout incluido. E en decembro facía o primeiro análise do Lolaso, nin tan mal.
Pero en febreiro do 2012 co día da marmota voltaba o hateo orixinal. Ata Maio na serie con Baskonia non voltei falar, ademais do Lolaso entrou en escea Querejeta e os malvados árbitros, que tan pouco nos queren tanto na Acb coma en Europa, vaia arbitraxes nos cascan.
Non volvín tocar o blog ata outubro co análise do Segundo Laso Team. Ata Abril do 2013 nada que reseñar, en Abril voltaron as dúbidas o Lolaso e iso que xa caeran en Copa antes. En Xuño o Sada-Gate perante as finais. E antes do último partido desas finais falei de Colapso, despois Lolaso para fastidiarme gañou o quinto.
Co cambio dos dereitos de tv ata Marzo do 2014 non volvín falar do Lolaso. En Maio xurei en hebreo despois de perder a final vs Maccabi a segunda seguida do Lolaso.
En Xuño despois de caer en Euroliga e Liga parecía o fin do Lolaso, pero continúou e en decembro vivimos outra gran crise cando parecía que todo se desmoronaba, que ilusos. Que duro foi aquel Decembro de 2014, como nos enganou.
Ata Novembro do 2015 non volvín hatealo, como para facelo gañou todo a tempada anterior, todo , todo.
En Xaneiro do 2016 seguía a darlle paus ao Lolaso. En Febreiro do 2016 pedínlle perdón ao Lolaso, incrible. A caída en Euroliga precipitou o laberinto Lolaso en Abril.
E saltamos ata Xuño do 2017 cando voltou a tambalear para o piperio o Lolaso. Os últimos meses xa foron máis en plan lesións, "tuister" e cabrearme porque a directiva non trae pivots que outra cousa. De feito prometínme non hatear moito a Lolaso debido a esta situación. Pero bueno non da moitas razóns para elo ultimamente, supoño que venres caera co Maccabi por fastidiar.
En definitiva que sería deste blog sin o continuo hateo a Lolaso, non habería felicidade no mundo. O Lolaso é a mellor maneira de desafogar, pero a Pablo Laso o que é de Pablo Laso, con el cambiou o Real Madrid esta década aínda que nos custe tanto recoñecerllo. De feito xa estamos pensando como vai xestionar con todos de volta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario