martes, 22 de mayo de 2018

I feel devotion, X .

De todos os que siguen este blog é sabido a relación de máis odio que amor que temos co Lolaso, pero que tamén iso é parte do cariño ao Lolaso, o hatea que algo queda. Pero é que o Lolaso devolveunos ao Olimpo do basket europeo, con 2 Euroligas, outras 2 finais perdidas de forma dorosa e unha F4 máis nos seus 7 anos, impensable cando chegou. E nas dúas Euroligas tivo que superar a Obradovic o rei dos reis en Europa. Algo aprendemos de London e Milano, aquelas si que doeran.

De feito despois da debacle final do ano pasado escribía isto e falaba de que o que había que trocar era certas pezas do Lolaso , non o director da orquestra.

Todo parecía negro alá por novembro cando ademais de Llull comezaban a caer os pivots na enfermería e non traíamos a ninguén.

Unha semana despois cando caíamos de tunda con Baskonia hateaba en modo zen. Pero igual foi a chave, os dous últimos campións da Euroliga caeron en Vitoria de tunda en novembro. Dato para os amantes do raro e do contragafe. Tamén quedaron quintos os dous e tumbaron a Pana sen factor pista. Canto se está a falar do 20-0 en Atenas e da historia de Laso e o señoriño da tenda. Como dixo Yusta cun 20-0 comenzou todo.

En decembro xa non estaba tanto en modo zen, pero non me saía hatear a Laso, pensaba máis arriba. Vese que non teño nin idea. Pero bueno a Lolaso hateino dende o primeiro día.

A finais de decembro viñame arriba cando chegou o Doncic - Gate vs Valencia. Os secundarios daban un paso cara adiante. Claramente as lesións deronlle confianza aos secundarios que tiveron que chuparse máis minutos dos esperados e moitos deles respostaron. De feito está tempada solo poño de menos a Randolph, ese si que se nos caeu. En cambio Trey deu un paso cara adiante tremendo gañouse renovar, xunto con Rudy se non piden barbaridades.

E cando perdemos a Copa, mimadriña que ruina. O Lolaso de novo contra as cordas. Pero vai o Lolaso e volve remontar o voo. E é que nesta Final Four , Laso estivo sublime na dirección e o equipo defendeu de forma tremenda. Ata Llull se sacrificou con faltas e todo. E a labor de secundarios coma Fabien, Trey, Rudy e Tavares definitiva. Laso usou 20 quintetos distintos na semifinal e 23 distintos na final e non repetiu ningún da semi na final, o basket modernos xentiña. O plantel tiña dúas opcións ante tanta lesión afundirse ou dar un paso adiante, deuno e levouse a Euroliga no ano que parecía máis improbable. Toda a plantilla se sentiu importante.

Pero vou bo de sufrir o último minuto, chegaba a min a sensación de que nos ía pasar o que lle fixeramos nos a Baskonia a mítica tarde do triple de Herreros. De non ser por Trey que recordou o mítico roubo-tiro de R. Brown versus Paok. As DÉCIMAS de Ramos no 92:48 e Trey no 39: 42, canto sufrín.

Como loitaron esta tempada chea de desgracias e lesións. Como a gran maioría dos xogadores e ex-xogadores  ten un supercariño ao Lolaso, algo terá. O que escribe pensando, como poñe a Felipe titular este tio, que poña a Trey e así todo o partido, pero o Lolaso parece que  é iso tamén saber gañarse aos xogadores. Unha pequena Familia din ser, viuse co caso Trey por exemplo.  De feito Lukita onte sacaba unha super  foto co "carrito del pescao" como lle chaman eles, a fisios, delegados ......., outros cracks  pidenlles a eses mismos  que lle fagan o pasillo.

O malo de todo esto é que para os amantes do contragafe todos sabemos que implica que a de fútbol nanai.

E claro un servidor vai seguir  hateando duramente  a Lolaso senón que sería de nos. Eso si a sensación de fin de tempada despois da Final Four non a quita ninguén, sobre todo co difícil que é ver basket Acb. A ver que tal me porto co Lolaso, en breve voltarei a criticalo supoño, lei de vida do ventaxista.

P.d. : Din as malas linguas que Causeur e Machu andiveron a ostias no vestiario , a Fabien sentáronlle que nin diola.

KARUSITO sobre a final.

Blas Radio sobre a final.

Puertas sobre a final.

Mario Hezonja : Madrid is such a healthy environment and the absolute powerhouse in the last couple of years. Maintaining the same core and still developing young guys that paid everything back to them with the trophy. Great lesson,congratulations and much respect!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario