A crise do Madrid venlle perfecta a dous mundos, a prensa e o Barça que incluso a veces parecen o mesmo.
Ao Barça porque a vergoña dada polo Madrid en Liga deixalles o doblete a un tris e opcións para loitar polo triplete. Como digo sempre o non competir a Liga permite o Barça darlle descanso aos xogadores determinantes en Liga para centrarse noutras competicións como a Copa e a Champions. Eso vai directamente ao debe de Zizou e os xogadores por ir tirando competicións. Por certo sempre pensei na valía de Valverde para un grande, algo que se está a confirmar. Tamén que as Supercopas son malas conselleiras normalmente.
E a prensa xa que poder falar cada día de fichaxes, vendas, malos rollos, comidas, reunións ..... que realmente é o que da clicks e vende periodicos. Outra cousa é que vaia vir algún dos múltiples fichaxes que din.
E agora entran as dúbidas , que vai pasar con Zidane ? Sinceramente vexo descalabro fronte ao PSG, e faime dubidar se iso pasa se terá forzas para continuar. Se non se sinte con forzas deixarao, Zizou é deses. O adestrador vai ser a pedra angular de todo o Mercato, xa que a continuidade ou non de Zidane trocaríao todo.
Sinceramente penso que a pedra angular debería ser a BBC, que tocou ao seu fin. O gran aire fresco que necesita o Madrid é nese punto. Levo tempo dicindo que o equipo necesita non ter intocables, porque o seu rendemento xa non os fai intocables. Bueno un si que hai pero leva o 10 e chámase Lukita, pero ese tamén necesita descansar.
Penso que Zidane debe seguir, pero tamén penso que debe cambiar cousas, está claro que o funcionamento deste ano foi lamentable e o seu modelo Bigotes 2.0 debe trocar. O fútbol está en constante evolución e os adestradores deben adaptarse a iso.
Si se vai difícil papeleta para o club, a semana despois de caer co Leganés , vái coma Poche e os seus Spurs ían a un replay en Copa cun equipo descoñecido e marcando ao final, Klopp caía, Conte xa vemos como está, Low en clubs non ten saldo, Allegri quizais e Guti.
De todos solo vexo opción Guti ou Poche, o problema de Guti é que aínda coñece a moitos e ven sen bagaxe. O de Poche a irregularidade dos Spurs e que para o ano estrean campo co que se fai difícil saídas alí.
A chave é mover o plantel, no seu día Pep deixou o Barça porque debía tomar decisións radicais. De feito Pep cada ano movía algo o árbore. O Madrid necesita mover pezas arriba o problema é con quen sustituilas como está o mercado.
Na portería chegou o momento de cargarse a Casilla, quedaría con Keylor. Os que sonan pois a De Gea non creo que no lo vendan, así que ou fichamos algo inesperado, ou convencemos ao Chelsea e Tibú o que solo lle quedaría un ano de contrato e ten a familia aquí, ou pagamos a claúsula de Oblak ao Atleti que non o vamos facer. A Leno xa deixo de pedilo, e Kepa parecía interesante.
Atrás creo que necesitamos un central, sinceramente non sei onde o pescaríamos, como explicaba onte o historial de lesións de Vallejo, Varane, Ramos faino imprescindible e un lateral dereito e ceder a Achraf. O lateral 40 kilos por Odri, factible parece. Opción Theo probalo de central , é algo que teño na cabeza, o novo Ramos ?
No medio un servidor non movería moito, eso si faría xogar máis a Llorente e Ceballos , con minutos penso que valen. Ademais confío moito en Fede Valverde e Ody para un futuro, sinceramente. James a saber si é noso, do Bayern.... pero ollo que ves os seus números esta tempada e son parecidos aos do Madrid a pasada, o caso é que toca vender polémica.
O dilema é arriba, para min Isco e Asensio serían intocables. Pero quen che vai comprar a BBC? a quen eres capaz de fichar por eles ?
Kane é imposible para o ano, os Spurs estrean campo e xa coñecemos a Levy, ademais os ingleses aquí funcionan de aquela maneira. Sorprendeume nunha entrevista ver que antes xogaba de 10. Hazard tendo a Isco e Asensio ?, ademais vaicho vender o Chelsea. Lewandoski o mesmo. Sinceramente solo vexo fichable a Icardi, que non sei como se adaptaría a esto ou a Salah por un pastón.
Máis factible é pagar a claúsula de Grizy pero tampouco o faremos claro, deixaremos que o faga o Barça. Ou repescar a Mariano que non sei como terá ese contrato.
Polo tanto o Madrid necesita ao meu entender unha revolución tranquila pero revolución, trocando roles e cun adestrador que se adapte aos novos tempos e que troque cousas durante os partidos lonxe do inmobilismo.
Pero o mercato vaino poñer difícil, desperdiciamos o ano de facelo traendo a Mbappe e chimpando a dupla Karim- Cristiano como dixen no verán. Non son dos que cree iso de que hai non sei cantos millóns en caixa e todas esas lerias, e si os hai son as melloras no estadio.
Anteriormente :
Operación Triunfo.
La zizanie.
Plantel 17/18.
Search:
Destapando miserias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario