Pois nada pasou o que parecía que ía pasar, goleada e sen Messi, non era difícil de predicir de feito xa se escribiu por aquí o mércores como premonición o problema é que vamos a facer agora, quen agarra este barco a deriva. Sinceramente por estes lares non teño nin idea do adestrador que ten elexido o club, nin se hai algunha idea provisional para pensar en algo en Xuño.
JLo non pode seguir non estivo a altura e xa é unha situación insostible. Todo o que apuntou no verán caeuselle coma un castelo de naipes o día que se abrazou ao Churu, dende ese día todo foi un desproposito ademais perdeu o vestiario ese día, facer todo o que manda o Churu non é bo. Poñer a xogadores en forma desastrosa non é bo.
Así estaba de cabreado onte o Churu, este é o seu primeiro fracaso coma director deportivo-adestrador-defensa-medio-dianteiro, e el é un dos maiores culpables, que vaia tomando nota, cale un pouquiño e deixe de tirarlle pedriñas aos compañeiros e posibles novos adestradores. Que faga o seu traballiño e cale se fai o favor.
Pero bueno JLo non é o único culpable desto, dende a final de Kiev, incluso poderíamos dicir dende Cardiff estanse a facer cousas incomprensibles, e dende Kiev as declaracións e consecuencias foron un desproposito, Flo, Zizou, CR, Churu, Modric, Marcelo ....., cada cal queda peor.
Reafirmome dicindo que non era mal fichaxe JLo pero claro tamén pensei que non se ia vender a parte do vestiario, calquera sabe que se no Madrid fas iso estás morto, empeorou a Wanderlei e López Caro que xa é dicir.
Digo o mesmo da venda de Cristiano o que non ten sentido é nin o precio, o de non coller a un Dybala ou Pjanic na operación, e sobre todo non reforzar o plantel ca súa marcha. Deixalo supostamente todo na posible chegada de Ney era un desproposito, confiar nun tio que cha xogou como mínimo un par de veces, en fin.
Xa o ano antes a operación era chimpar a BBC para traer a Mbappe e cambiar os de arriba. Este ano o mesmo aínda que desaparecía Mbappe da ecuación pero nada.
O que non perdono é que me maten a ilusión polo Madrid xa dende outubro, é insufrible. Creo que levo dous anos sen ir ver un partido do Madrid a un bar, exceptuando a volta ca Juve que quedara cun amigo do instituto, impensable fai uns anos.
Ou como di mesetas : " É difícil non identificarse con este Madrid. Esa falta de ánimo, ese vagar polo campo como se a vida fose un sinsentido. Sin drama, nin traxedia, limpos e sanos, os milenials están así no mundo. Ese distanciamento irónico que se filta na afección. "
Pero claro e agora que se fai, a quen poñemos a dirixir o barco, alguén interino tipo Solari, que ben viña ter a Guti por aquí que máis ca Solari é. Solari que non vale para o Castilla , vai poder con eses Miuras, dudo, ademais Solari non é Zizou, non lle van facer caso. Ou vas traer ao sarxento Conte , ao que xa onte lle tirou unha pedrada o Churu. Conte non é mal adestrador, gañou ca Juve, co Chelsea e fixo moi ben con Italia, pero o problema é o tipo de plantel que temos, novamente malcriado por Flo, que anda pensando máis no estadio. Por momento penso que necesitamos un sarxento e outros algo transitorio, o que teño claro é que a tempada está tirada a basura. Os Churu-boys non soportarán a Conte ou traes a Conte para cargarte vacas sagradas ? , iso si Conte significa renunciar a Hazard o único craque que vexo factible de hoxe, un problema vaia.
Polo que quizais hai que pensar en foguear a chavalada total os de sempre pasan de todo e están para o que están. Temos o exemplo en "Arra" que se paseou contra o Atleti, tan malo non era, pero hai que confiar un pouco neles.
É que peor non o van facer, somos o peor equipo das últimas cinco xornadas, tan solo un punto, e onte goleounos un Barça ramplón, que non é o Barça de Eau de Pep, cunha tripla dun tio que leva non sei canto sen marcar en Shempions, e con gol do cabra tola de Vidal, se iso non quere dicir algo que veña......
Por certo eles sempre que ulen o sangue ala están, se che poden poñer cinco non van parar en tres, algo que nos somos incapaces, autocomplacientes que somos. O ano pasado deberíamos ter goleado na Supercopa por exemplo e non pasamos de todo, indigname iso. O Real Madrid sufre agora mesmo o que Flo e a súa dinoxunta, os capos do vestiario e parte do madridismo se merece, non querer mellorar ano a ano sendo un club deportivo, hai que pensar sempre en mellorar.
A ver que deciden estes días pero o conto pinta moi mal, e xa poden ir fichando en Xaneiro, teñen dous movementos baratiños, Hermoso e Sarabia dous tios da canteira custan 25 o pack completo , regalado. Toca fin de ciclo e con el o fin de Karin, Bale , incluso meu Lukita que é o que máis me preocupa, a cabeza non está no Madrid.
Flo caeu dúas veces na mesma pedra non saber tratar cos galácticos eses nenos malcriados, de non ser polo seu novo Estadio igual incluso acababa dimitindo porque este ano vai mamar moito a partires de agora, quedou sen colchón.
P.d. : Que vai ter que facer Suárez para que o expulsen, sigue sin facelo en liga, levantarse a camisola pare ensinar un mensaxe cartón, entradón a Nacho vermella, celebralo ca grada cartón. Ese VAR !
Anteriormente :
Defuntos .
Winter is coming.
Cando o rio sona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario