jueves, 5 de enero de 2012

2011 en Luigi na Costa, Fisober !

Rematou o 2011 un ano no que o Fisober  tivo uns números dignos de eloxio. O equipo de Autonómica e o blog camiñamos xuntos durante este ano e por eso faremos un pequeno repaso por esos números.



Dende o nacemento do blog alá por finales de Xaneiro o equipo de Autonómica disputou 26 partidos, omitimos un que tamén disputou en Xaneiro fronte o Meigas e que foi victoria para as do Meigas por 4 a 2 pero como aínda non nacera o blog pois omitímolo.

Neses 26 partidos do 2011 o Fisober de Autonómica gañou 19 partidos, empatou 3( todos eles inmersos na tempada 2010/11 fronte a Cidade de Ourense ahora xoga en Prata, Cidade das Burgas e Meigas)  e solo perdeu 4, dous na 2010/11 fronte o desaparecido e subcampeón de Liga o Cios Vigo, 4 a 5 en Vimianzo, fronte o campeón o Leis Pontevedra por 6 a 4, e na presente tempada 2011/12 de novo co Leis Pontevedra e na visita a Mos 6 a 4.

O equipo ten un balance de 115 goles a favor por tan solo 60 en contra. Por pouco non doblan os goles a favor os en contra.

Utilizou un total de 17 xogadoras durante o 2011. A portería estivo cuberta ou por Eva Lema ou por Paula.


Ademáis delas dúas  na tempada 2010/11 disfrutaron de minutos en Autonómica  un total de 12 xogadoras máis , ademáis das dúas porteiras fixeronno, Patri, Barca, Ana, Alba, Elsa, Noelia, Myrella, Olalla, Andrea Sendón, Eva Lago, Lara e Andrea Romero.

Eva Lago e Andrea Sendón tiveron que deixar o equipo por motivos personais. Ademáis Lara e Andrea Romero foron as dúas xogadoras máis xóvenes que polo momento debutaron co equipo en Autonómica, fixérono as duas aínda sendo cadetes. Ningunha das dúas durante a tempada 2011/12 puderon disputar ningún minuto nin co equipo A nin co B por diferentes circunstancias. Pero foi curioso que as dúas que solo xogaron un partido en Autonómica fixeron gol, Lara na Coruña fronte o Riazor e Andrea Romero en Castrelo do Miño.


Na tempada 2011/12, tres xogadoras máis debutaron de negro en Autonómica co Fisober  a recen chegada Nuria, ademáis  Ylenia e María que de momento únicamente  xogou fronte o Mesón Rio Ulla.

Eses 115 goles no 2011 repartense da seguinte maneira. Patri foi a pichichi virtual do equipo no ano con 31 goles, a seguinte foi Barca con 19 tantos. A seguinte foi Ana quen realizou 16 goles. Con 13 xa aparece Nuria con 13 goles. Con 10 goles temos a Alba . Con seis goles aparecen Elsa e Noelia. Con 5 Myrella. Eva Lago aparece con 3 dianas no 2011 e Olalla con 2. E con un gol aparecen Ylenia, Lara e Andrea Romero. O gol 115 foi en propia porta e quedaronse sin marcar no 2011, ademáis das porteiras Eva Lema e Paula, Andrea Sendón e María.

As maiores victorias do Fisober neste 2011 foron o 1 a 11 fronte o Mesón Rio Ulla, tamén co Mesón un 4 a 8, o 7 a 1 o Meigas ,  o 3 a 7 fronte o Carballiño, a victoria en Castrelo por 1 a 8,  ou 7 a 2 fronte a Poio.


Pero sin dúbida os partidos máis especiales foron os dous co Marcón o da 2011/12 pola incrible remontada, e polo accidentado do viaxe o da tempada 2010/11. A moit@s seguro que tamén lles fixo especial ilusión vencer o Bembrive a pasada campaña despois de perder ala por 8 a 0 na segunda xornada de Liga na primeira saída en Autonómica. Ou as victorias o histórico Fune. Cada quen terá os seus momentos pero un servidor quedase con estes.

A bo seguro que este analisis podería ser mellor e con máis datos, pero para pasar o cacho chega un fai o que pode cas limitación que ten  e se queren ver todas as crónicas do ano vaian a etiqueta de Fisober, e se queren ver videos de goles e xogadas a etiqueta de Video.


Aquí tedes os datos da Tempada 2010/11 en Autonómica.

ESPEREMOS QUE O 2012 SEXA COMO MÍNIMO TAN BO COMO O 2011 PARA O FISOBER.

UN SAÚDO E GRACIAS. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario