domingo, 30 de enero de 2011

Crónica de Fisober - Bembrive

LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO, 5-3 . BEMBRIVE F.S.F.
FISOBER C.VIMIANZO : Paula, Patri, Elsa, Ana e Alba ; tamén xogaron: Olalla, Andrea e Barca.
BEMBRIVE F.S.F. :  Raquel, Andrea, Adriana, Ana e Paola ; tamén xogaron : Lara, Gloria, Noemi, Sofía, Jennifer, e Viviana.
Arbitros : Jorge Varela e M. Jesús Mallo , boa actuación.
Goles : 0-1 Sofía ; 1-1 Ana, 1-2 Adriana, 2-2 Patri, 2-3 Adriana, 3-3 Barca, 4-3 Barca, 5-3 Patri.
Xogaba na casa o Fisober un partido que tiña marcado no calendario xa que na primeira volta recibira un duro correctivo na súa visita a terras viguesas,gañando os dous partidos desta segunda volta en enfrentamentos que na primeira foran derrotas, amosando que o equipo crece xornada a xornada na categoría.
Comenzaba o partido con moito respecto pero o pouco de empezar Ana e Elsa dispoñían de unha dobre ocasión pero facíanse un lio e non eran quenes de marcar. Avanzaba a primeira metade sen ocasións ata que mediada esta a visitante Lara facía intervir a Paula. Xogada a cal respondían as locais cun tiro de Olalla. Pouco despois era Andrea quen se prantaba ante a porteira quen sacaba o pe esquerdo e enviaba a corner. A súa vez respondia Bembrive. No minuto 11 unha man de Elsa no borde da área era aproveitada por Sofía para poñer en ventaxe as visitantes. Despois duns minutos sen ocasións unha recuperación de Patri deixaba a Ana sola quen definía e poñia o empate no marcador. Creceuse o Fisober e nun minuto Barca e Elsa non eran quen de poñer en vantaxe o seu equipo tras sendos pases de Ana. Pero no último minuto da primeira metade as visitantes desperezaronse e gozaron de dúas grandes ocasións para adiantarse antes do descanso.
                                         No lanzamento desta falta chegaba o primeiro gol visitante.
Comenzaba a segunda metade e Andrea vía como a porteira enviaba un tiro seu a corner e o saque deste a mesma Andrea iaselle fora o tiro. No minuto cinco unha perda tonta de balón aproveitaba Adriana para poñer a Bembrive de novo por diante. O partido abriase definitivamente e as visitantes tiñan a ocasión de poñerse con dous goles de vantaxe pero fallaban. No ir e vir Patri erraba un man a man e a visitante Lara atopabase con Paula. Mediada a segunda metade Patri volvía a igualar o encontro. Neste partido tolo ,Bembrive primeiro erraba pero a segunda a bigoleadora Adriana poñía por terceira vez o seu equipo por diante. Bembrive pagaba cara súa agresevidade e a dez minutos do final xa tiña cinco faltas. Nese mesmo minuto sendas ocasións de Barca e Olalla non conseguían igualar o encontro. Pero nun roubo de Barca, era agarrada provocaba un dobre penalti que ela mesma transformaba no empate. Bembrive voltaba a apretar e dispuña de dúas moi claras ocasións para desfacer o empate , a catro para o final Andrea desperdiciaba un boa oportunidade. E so a tres para o final Barca recibía de espaldas dabase a volta e conseguía por primeira vez adiantar a Fisober. As visitantes xogaban con porteira xogadora eses últimos minutos pero eran ben freadas polas locais e nunha contra Patri facía o 5-3 que deixaba os 3 puntos na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario