lunes, 21 de noviembre de 2011

Mesón Rio Ulla - Fisober . 1 - 11.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : MESÓN RIO ULLA – FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “. 1-11.

MESÓN : Alejandra, Ainoa, Marta, Vanessa e Alba ; tamén xogaron : Doris, Ivanca, Begoña e Cristina.

FISOBER : Paula, Ylenia, Noelia, Alba e Myrella ; tamén xogaron : Patri, Elsa, Ana , Barca, María , Eva e Nuria.



Árbitro e Mesa : Álvaro Otero e Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 Alba , 0-2 Patri, 0-3 Barca, 0-4 Myrella , ( descanso) , 0-5 Nuria, 0-6 Alba, 0-7 Nuria, 0-8 Ana, 0-9 Elsa, 0-10 Patri, 0-11 Noelia, 1-11 Marta.

Escribe outra  páxina na súa Historia o Fisober o colocarse como novo  líder da Liga Autonómica Femenina, igualado a puntos co Marcón pero a goleada desta semana mellorou o seu average e chegarán como primeiras  o enfrontamento directo do sábado en Vimianzo.

Saiu algo relaxado o Fisober sabedor de que se enfrontaba o colista e así a local Ainoa tiña unha ocasión no segundo minuto , que recibiu resposta por parte da xogadora visitante Noelia. Mesón tentou sorprender a Paula e un tiro lonxano de Marta tocouna un pouquiño a porteira do Fisober  para enviar o balón o longueiro.

Quizáis neste momento rematou a relaxación visitante e Ylenia tiña a opción de abrir o marcador os cinco minutos. E solo un despois Myrella conectaba con Alba para poñer en vantaxe as de Fisober. Case de seguido era Myrella a que erraba no man a man con Alejandra.


Quen non errou foi Patri e os oito minutos despois dunha serie de paredes con Ana estableceu o 0 a 2. O Fisober tentaba aumentar ventaxa e Patri gozaba dunha  ocasión coa correspondente resposta por parte da xogadora local Begoña.

Seguía petando o Fisober e os doce minutos Elsa case conseguía o 0 a 3, o igual que Nuria que se topaba co pau como enemigo. Un gol que si conseguía  Barca quen a cinco para o fin deste periodo facía o terceiro gol visitante.

Cando parecía que se ía chegar o fin da primeira metade  con ese marcador foi Myrella quen lograba o cuarto a poucos segundos de chegar o tempo de lecer.


Na segunda metade  disparouse o marcador e xa no primeiro minuto Nuria facía o quinto. Case deseguido Alba tiña a súa opción para aumentar a ventaxa. Minutos despois non erraba e poñia o sexto no electrónico para as da Costa.

Dende aquí os goles foron caendo pouco a pouco,o  séptimo era obra novamente de Nuria e o oitavo facíao Ana co calcaño.

O noveno era conseguido por Elsa e o décimo por Patri , cando aínda quedaba media parte ata o fin. Nese momento o Fisober  puxo o freo de man e deixouse ir.


Aínda así houbo tempo para que un lanzamento de Noelia tocara nunha rival para ser o undécimo gol visitante e que a local Marta fixera o gol da honra elevando o balón por encima de Eva.

Destacar  en Fisober o debut de María en categoría Autonómica e a xuventude do novo líder cunha media de edade de 20 anos e no que solo tres xogadoras superan esa edade.

O Fisober B non xogou o retirarse da competición o Meigas B.

No hay comentarios:

Publicar un comentario