martes, 25 de enero de 2011

Crónicas de Fisober.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : C.D. RIAZOR – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO ; 1-2

C.D. RIAZOR : María, Sara, Paula, Elena, Victoria, tamén xogaron : Aisha e Nuria.

FISOBER C. VIMIANZO : Eva, Patri, Ana, Elsa e Olalla, tamén xogaron : Andrea, Noelia e Lara.

Goles : 0- 1 Patri , 0-2 Lara ; 1-2 Paula.


Arbitros : Adrián Paz e Alex Rodríguez , boa actuación.

Desplazabase o Fisober a cidade da Coruña cas baixas de Barca, Eva, Alba e Paula por diferentes razóns pero foron ben suplidas polas xogadoras do filial Eva, Noelia e a debutante en Liga Autonómica Lara que ademáis conseguiu anotar un gol.

A primeira metade apenas tivo xogo, os dous equipos gardabanse demasiado respeto e case non houbo ocasións ata que a catro minutos da chegada o descanso Patri marcaba un golazo e poñía o Fisober por diante. Apenas uns segundos despois do gol o Fisober recuperaba un balón e Elsa tiña unha boa ocasión. Con ese resultado e o insulso xogo chegouse o descanso.

Tralo descanso todo cambiou xa que co resultado en contra Riazor debía abrirse e o partido resultou moito máis entretido. Así os dous minutos da segunda metade era de novo Elsa a que tiña unha boa ocasión. Mediada a segunda metade eran Ana e Noelia as que tiñan unha dobre ocasión que ata foi cantada coma gol na grada e so uns minutos despois era Lara a que tiña unha boa ocasión. Os últimos dez minutos Riazor apretaba un pouco máis se cabe e era a local Paula a que tiña unha boa ocasión a sete para o final. Pero sólo un minuto despois Lara poñía o 0-2 a seis minutos do final tras unha excelente xogada. A partires deste momento Riazor arriscaba e adiantaba a sua porteira para as xogadas de ataque e conseguía por medio de Paula o intraquilizante 1-2 quen pouco antes xa tivera unha boa ocasión.
Asi se presentaban tensos os últimos dous minutos e abofe que o foron con un bo número de ocasións para os dous equipos. A un minuto e medio para o final unha boa combinación entre Lara, Ana e Elsa era esta última quen inexplicablemente erraba do cal se estaría lamentando ata o final do partido. Acto seguido era Riazor quen gozaba dunha boa ocasión. Sen tempo para respirar era Olalla quen tiña outra ocasión para Fisober e novamente Olalla recuperaba un balón e vendo a porteira adiantada lanzaba pero o seu disparo iase a rentes do pau. Os últimos vinte segundos quen tivo unha dobre ocasión para o empate que de todos modos sería inxusto recoñecido polas locais, despois de todas as ocasións falladas polo Fisober, pero dous minutos a tempo parado son moi longos e a vista do número de ocasións esta.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : ESPARTANAS – FISOBER “ B “ CONCELLO DE VIMIANZO ; 0-8

ESPARTANAS : Ángeles, Cerque, Cris, Sandra e Patri ; tamén xogaron : María, Nuria, Lucía e Irene.

FISOBER “ B “ C. VIMIANZO : Eva, Ylenia , Noelia, María e Andrea ; tamén xogaron Myrella e Noe.

Arbitros : Jose Fernández e E. González , boa actuación.

Goles : 0-1 Noelia, 0-2 Noelia, 0-3 Myrella, 0-4 María, 0-5 Ylenia, 0-6 Noelia, 0-7 Ylenia, 0-8 Andrea.


Mal partido o disputado na maña do domingo polo filial do Fisober do que o máis destacable foi o resultado e a volta de Myrella despois de perderse cinco partidos por lesión.
So a maior calidade do Fisober fixo que foran por diante o descanso o cal aproveitou dous despistes das locais para sacar rápido dous saques de banda e que Noelia puxera as súas por diante. Xa co tempo acabado Myrella aproveitou un dobre penalti para poñer o 0-3 o descanso.
O comenzo da segunda metade as locais tiveron unha serie de ocasións que non aproveitaron. Mediada esta segunda metade tres zarpazos en tres minutos acababan co partido, María, Ylenia despois dun claro penalti e Noelia poñían o 0-6. As locais viñeronse abaixo e Ylenia e Andrea acadaban o 0-8 definitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario