jueves, 29 de septiembre de 2011

A entrevista : Andrea Sendón.

Despois do parón do verán coas entrevistas, hoxe voltamos con Andrea Sendón que terá que deixar nun principio as pistas e o Fisober por motivos laborais, quen sabe quizais moi cedo vémola xunto os mellores no mundo da cociña.





¿ Que deporte lle gusta ver ou practicar ?

Gústame practicar o fútbol e a equitación e encántame ver as carreiras de turf e o tenis.


¿ Deportista que admira ?

Míchel Salgado.

¿ Como chegou o fútbol sala? ¿ e o Fisober?

Pois ao fútbol sala comecei a xogar nas escolas deportivas do Carnota cando ía en 3º de primaria e que adestraba Alfredo Cambeiro. E ao fútbol sala femenino da man de Kiko e Mirás da Esteirana cando xogaba a fútbol 7 no Carnota.

Ao Fisober cheguei grazas a Alba, coa que xa coincidira no Carnota, e ao enfrontarnos na liga provincial ela dixerame que podía ir ao Fisober que andaban escasos de xente, e así foi.


¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?

Creo que aquí coincidirei coa gran maioría do plantel do Fisober, e o peor momento foi ter perdido aquela liga provincial, primeiro co empate no último momento contra o Boqueixón e logo co empate contra o Mabegondo.

Pese á copa e ó ascenso logrado co Fisober, o mellor momento foi o primeiro gol que marquei cando xoguei cas mulleres grandes do Carnota, nese momento creo que fun a rapaza máis feliz do mundo.

¿Una manía cando xoga ?

Levar o pelo ben recollido.


¿Seu número favorito ?

O 5.


¿Como se entretiña nos viaxes do equipo ?

Simplemente escoitar ás persoas coas que viaxaba xa era entretido de por si.


¿Qué lle aporta a cociña ?

A satisfación de que alguén disfrute co que ti fas é inmellorable. É un traballo duro no que se está en tensión, cousa que me gusta, pero á súa vez moi reconfortante.


¿ Con que nos deleitaría, un prato, un postre….?

Solomillo Strogonoff como prato e de postre unha tarta moka.

¿ Como celtista , que espera do Celta este ano ?

Pois espero que non lle pase como a tempada pasada e se desinfle no derradeiro tramo. Creo que acompará ao Deportivo á liga BBVA.


¿ Volta o derby  ?

Por suposto que si. Serán dous grandes partidos os que nos agardan esta tempada. Espero que non defrauden.


¿ Visitou algunha vez Balaídos?

Por desgracia non tiven ese honor, e eso que nacín en Vigo, de aí que sexa celtarra. Para Abril xa teño programado visitalo na volta do derby.


¿ Unha compañeira ou rival que lle chamara especialmente a atención?

Esta resposta ten nome propio: Myrella. Non sei se é polo seu curioso flequillo, pola facilidade de topar amistades aló onde vai ou pola súa colección de botas, pero Myre é por excelencia a personaxe máis grande que me atopei nestes anos.



¿Súa maior virtude e defecto ?

Supoño que a “mala ostia” á súa vez exerce de virtude e de defecto, xa que en xusta medida está moi ben tela, pero ás veces podete traizoar.


¿O  maior pracer da súa vida ?

Poder disfrutar do que teño.

¿Un lugar para vivir?

Santiago. Estou moi cómoda aquí.

 
¿Un lugar para perderse?

A praia da Boca do Río un día de verán ás 10 da noite, encántame.


¿Película favorita?

“Flicka” de Michael Mayer, debina de ver polo menos quince veces.


 ¿Actriz/ Actor favorito?

O meu actor favorito é Jordi Rebellion e a actriz Emily Procter.


¿Grupo  ou interprete musical favorito?

Marta Sánchez.


 ¿Canción?

Halo de Beyoncé


¿Libro ?

“El sanador de caballos” de Gonzalo Giner ou " El hombre que susurraba a los caballos" de Nicolas Evans.

 
¿Refrán favorito ?

Uf... aquí divídome entre dous que me ensinaron dúas grandes amigas. Un di: “ o que con nenos se deita mexado se levanta” e o outro causame gracia porque non o sabía decir e versionouno á sua maneira e dicia que: “a todo porquiño lle chega o seu Sanfíns” jejeje . As dúas levan razón.


 ¿Comida preferida, dunha cociñeira como vostede?

Un bo cogote de merluza á espalda con un refrito.

 ¿A noite é para ….? 

Ser é para ir de festa, pero non sempre se pode e hai que usala para descansar de vez en cando.

¿Un soño por cumplir?

Simplemente ser feliz, que non é pouco.

¿Personaxe fora do deporte, que admira?

Meu tío Luís Sendón. El foi o que me meteu no mundillo da cociña e o que me enseñou grandes cousas referentes á cociña e á vida. 

Outras entrevistas :

















No hay comentarios:

Publicar un comentario