martes, 3 de enero de 2012

Fotogalería. Carnota - Fisober.

O pasado venres 30 de decembro as máis xóvenes do Fisober foron as invitadas a posta de largo do equipo femenino de Carnota no Pavillón de Lamas.



Como xa ocorrera na presentación do U.C. Cee femenino o ambiente festivo foi o máis importante.

O Fisober formou con : Catti, Cris, Inés, Laura e Pauliña; tamén xogaron : Amanda e Nuriña.

 O resultado que foi o de menos foi un 3 a 8 a favor das de Fisober no que as goleadoras foron ; Pauliña con catro goles, Inés con tres e Laura.


Foi curioso como as xogadoras do Fisober fixeron todo o posible para  que a máis pequena na pista a súa compañeira  Nuriña conseguise un gol pero non puido ser.


Dende aquí queremos desexarlles moita sorte as rapazas de Alfredo Cambeiro, a espera que iniciativas como esta ou a de Cee sigan adiante. Dous proxectos que parece que se enfrontarán este sábado en Cee nun partido de fútbol 7.


A xente foi chegando pouco a pouco o Pavillón e o final puido chegarse a preto do centenar de siareiros.




Si queres probar sorte no Fisober , teñas a edade que teñas , PREME AQUÍ e infórmate.

No hay comentarios:

Publicar un comentario