lunes, 9 de enero de 2012

Fisober B - Fervenza B. 1-6.

LIGA PROVINCIAL

FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” B – A FERVENZA B. 1-6.

FISOBER B : Catti, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Mónica, Laura, Cris, Natalia, Loly, María Maroñas e Martina.



 A FERVENZA B: María García, Alba, Belén, Ana Queipo, Claudia, Laurita, Noelia, Aita, María Rodríguez e Nerea.

ÁRBITRO E MESA : Valentín Presedo e Gerardo Pájaro.

GOLES : 1-0 Inés, 1-1 Aita, 1-2 Aita de penalti, 1-3 Belén, (descanso), 1-4 María Rodríguez,1-5  Noelia, 1-6 Ana Queipo.

Voltaba o sábado  a competición o Fisober B despois do longo parón que lles tocou vivir as do filial xa que non tiñan partido de competición oficial dende o 10 de Decembro entre a xornada que lles tocou descansar e o parón de Nadal.

Faciano por primeira vez en Vimianzo,  ata o de ahora tiveran que xogar  como locais en Baiñas e incluso na Ponte do Porto, amosando  que van mellorando pasiño a pasiño e que non mereceron unha derrota tan abultada.


Non podía comenzar mellor o partido para as locais xa que un erro no pase das visitantes aproveitouno Inés para no man a man ca porteira poñer o Fisober B en vantaxa no primeiro minuto.

Eso deu confianza as da Costa que se atopaban cómodas en defensa e saíndo a contra. E nunha contra os sete minutos Inés enviou un pase elevado a María quen de volea vía como o seu forte disparo tocaba no traveseiro e se ía fora.

Parece que esa xogada fixo espertar totalmente  as visitantes , que tomaron as rendas do partido. E empezaron a chegar con perigo a portería de Catti.  E así os oito minutos era Aita a que poñía  a igualada a un no marcador.

As visitantes chegaban cada vez con máis perigo. No minuto 14 era a local Tamara quen facía unha clara man para evitar un gol e o conseguinte penalti era transformado novamente por Aita.


Non se veu abaixo a pesar do mazazo o Fisober B e tentou seguir  saíndo a contra .  Pero os 18 minutos foi Belén a que poñía de forte disparo o 1 a 3 para a Fervenza. As visitantes dominaban cada vez máis e facían intervir a porteira local Catti   pero o Fisober B  non renunciaba a saír  en perigosas contras e nunha desas cando faltaban tres minutos para o fin  a capitana local María dispuña dunha clara ocasión despois dunha parede cunha compañeira  pero o gol parecía pelexado con ela na tarde do sábado.

A pesar das ocasións para Fervenza e dalgunha outra para as locais o tanteador non se moveu e chegouse co 1 a 3 o tempo de lecer.

A segunda metade comenzou como a primeira cas locais un pouco máis enchufadas cas visitantes  e así os catro minutos despois dun saque de esquina de novo a capitana local María loitaba un balón ca porteira visitante nesta segunda metade Nerea e tras dous lanzamentos  o balón finalmente foise a rentes do pau axudado polo rexeite nunha defensa.


E de novo espertaron as visitantes que voltaron a tomar as rendas do partido. Comenzaron a dominar pero non chegaban ca mesma  perigosidade  ca na primeira metade para poñer en apuros  a Martina que defendía a meta local nesta segunda metade.

Ata que no minuto 13 un lanzamento lonxano de María Rodríguez facía o 1 a 4 para as visitantes e rachaba definitivamente o partido.

Dende aquí ata o final o partido voltouse máis tolo, cun dominio e ocasións para  as visitantes e as locais tentando saír a contra con boas combinacións  pero nos metros finais pechabaselle a persiana.

E cando todo parecía que o resultado ía ser ese, nos dous últimos minutos as visitantes ampliaban o electrónico. Primeiro o facía Noelia a falla de dous para o fin e despois Ana Queipo a falla de 26 segundos para o remate do partido.


A pesares do resultado moi boa imaxe a deixada polo filial do Fisober .Destacar o debut de María Maroñas no Fisober B.





No hay comentarios:

Publicar un comentario