lunes, 7 de febrero de 2011

Crónica de C. Burgas - Fisober



LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO :CIDADE DE AS BURGAS- FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO: 3-3
C. BURGAS : Sofía, Shirley, Alicia, Marta e Nerea; tamén xogaron: María, Zaida, Aldara, Paloma e Nahir.
FISOBER C. VIMIANZO : Paula, Elsa, Patri, Ana e Alba; tamén xogaron : Noelia e Myrella.
GOLES : 1-0 Marta , 1-1 Alba, 2-1 María, 2-2 Myrella, 2-3 Alba, 3-3 Nerea.
Chegaba a Ourense o Fisober coas baixas de Andrea, Olalla, Eva,Barca e ata a do seu adestrador Pioto co cal de novo tiña que tirar de filial desta vez foron Myrella e Noelia  quenes  axudaron a conseguir un punto o equipo.
Comenzaba o partido cun tiro de Alba que deixaba pasar entre as pernas Ana e se ia o pau. So un minuto despois era Elsa a que se topaba co pau. O partido mostrabase interesante e aberto sendo a fina zurda local María a que poñía a proba a Paula. Despois do comenzo trepidante os dous equipos baixaron o ritmo e o Fisober deixou que as locais tocaran pero sen profundizar moito , para administrar forzas e tentaba saír o contrataque. Asi pasaba a primeira metade cun dominio local pero cas mellores ocasións para as visitantes. Sólo a dez segundos do final un pase deixaba fronte a porteira a Alba quen non se daba conta de que tiña a Patri o seu carón para empurrala e erraban irremediablemente. Mentras se lamentaban da ocasión errada a porteira local sacou rápido e vía como Marta disparaba a escadra de Paula e poñía o 1-0 no marcador a sólo tres segundos para o final da primeira metade, do posible 0-1 pasouse a todo o contrario.


Despois do pau do fin da primeira metade salio Fisober disposto a remontar, e Alba no minuto dous alonxaba os posibles pantasmas do fin da primeira metade e empataba o partido. No minuto catro era Patri a que de novo se topaba co pau. Mediada a segunda metade Burgas non era quen de batir a Paula. Pero si pouco despois a dez do final María nunha xogada de corner marcaba un auténtico golazo. So un minuto tardou en respostar Fisober e primeiro Ana vía como a porteira local Sofía lle enviaba o seu tiro a corner, pero no saque do corner Myrella empataba. De novo con taboas no marcador Fisober viñase arriba e a sete do final repetía Alba e poñía en vantaxe as visitantes. Pouco lle durou a ledicia xa que Nerea empataba no mesmo minuto. De ahí ata o final Ana, Patri e unha xogada na que nin Ana nin Patri se decidiron a tirar poideron traer os tres puntos para Vimianzo. Os últimos minutos foron de tensión polo medo dos dous equipos de quedarse de vacio e así a sólo seis segundo do final era Alba quen tiña a oportunidade de facer o terceiro gol na súa conta e conseguir a victoria para Fisober pero o seu tiro foiselle por pouco.
En definitiva un punto importantisimo para Fisober que segue sen perder nesta segunda volta, pero que a súa falta de punteria as privou de levarse os tres puntos ante un xoven e moi bó equipo.

1 comentario: