lunes, 2 de mayo de 2011

Carballiño - Fisober . 3-7.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : CARBALLIÑO F.S. – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO: 3-7.

CARBALLIÑO : Sonia, Vanessa, Noelia Domínguez, Vanesa Méndez e Jeannette , tamén xogaron ;Andrea, Noelia Fariñas, Soraya e Angelica.

FISOBER C. VIMIANZO : Paula, Patri, Ana, Olalla e Alba; tamén xogaron ; Elsa, Barca, Noelia e Myrella.



ÁRBITROS : Iván Feliz e Antonia Prieto.

GOLES : 0-1 Alba, 0-2 Elsa, 0-3 Olalla, 0-4 Alba, 0-5 Alba, 1-5 Vanessa, 2-5 Noelia Domínguez, 2-6 Patri, 2-7 Ana,3-7 Vanessa.

Tres goles de Alba e unha boa actuación de Paula na porteria permitiron unha prácida e tranquila victoria do Fisober na visita a un xoven equipo como é o do Carballiño o igual cas de Fisober, na busqueda de mellorar a clasificación neste fin de tempada, nun partido de moito ida e volta.

De saída aclimataronse mellor as locais a súa pista e nos primeiros minutos dúas contras de Noelia Domínguez de Jeannette puxeron en moitos apuros as de Fisober. Pero despois duns  cinco primeiros minutos que serviron  para desperezarse do longo viaxe as visitantes puxeronse o frente.


Primeiro foi un tiro de Patri o pau e no seu posterior rexeite a porteira local Sonia freaba a Olalla. Os seis minutos unha falta era sacada rápido por Ana para Alba que inaguraba o marcador. E case deseguido Olalla tiña opción de poñer o segundo pero non era quen.

As locais moi perigosas a contra respostaban por medio  de Soraya. Mediada a primeira metade era Barca quen se topaba primeiro ca porteira local e pouco despois de novo co pau.

Así os dez minutos Noelia vía sola a Elsa no área para que puxera o 0-2 no tanteador. E solo un minuto despois de novo Elsa era obxecto dun penalti que transformaba Olalla no 0-3.

Tentou respostar Carballiño por medio de Noelia Domínguez  pero non foi quen de batir a Paula. No constante ida e volta que se converteu o partido Myrella por parte de Fisober enviaba o balón o pau.

As de Carballiño seguían a ver en Paula un muro e nin Vanessa  ata en tres ocasións e Jannette eran quen de batila.


Por parte de Fisober eran Barca e Alba as que dispuñan de boas ocasións previas o descanso. Aínda que Alba a oito segundos do intermedio si que viu un oco e fixo o 0-4.

Nada máis comenzar a segunda metade de novo Alba facía o 0-5 e o terceiro na súa conta. O cal respostaba a local Vanessa cun golazo co calcaño para facer o 1 a 5.

O partido abriuse se cabe máis e Vanessa por dúas veces tentou reducir diferenzas, a cal respostou Alba na busca do seu carto gol da tarde.

As de Carballiño estaban dispostas a apretar o electrónico e primeiro a xoven Andrea a piques estaba de logralo. Quen si o logrou foi Noelia Domínguez para facer o 2 a 5 no minuto oito desta segunda metade.
Fisober decidiu reaccionar e Noelia tentou aumentar diferenzas. Quen si o logrou foi Patri a falta de sete minutos para o final poñendo o 2 a 6.

O partido seguía a ser tolo si Noelia Domínguez e Vanessa o tentaban para as locais , Ana facíao para as de Fisober e incluso Olalla erraba un penalti despois dunha clara man na área.


Quen non errou foi Ana a seis minutos para o fin e poñía o 2 a 7. Dende aquí ata o final a xogadora  do Carballiño Vanessa poñía o 3 a 7 definitivo e as visitantes Barca, Alba e Elsa non conseguiron incrementar  o resultado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario