lunes, 14 de noviembre de 2011

Fisober - Meigas. 7-1.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – MEIGAS. 7-1.

FISOBER : Paula, Patri, Ylenia , Nuria e Ana; tamén xogaron : Olalla, Noelia, Barca, Elsa, Myrella e Alba.


MEIGAS : Andrea, Yaiza, Laura, María Katia e Raquel ; tamén xogaron : Ely, Andrea Gómez, María e Amanda.

Árbitro e Mesa : Jose Rey e Sandra Vilouta.

GOLES : 1-0 Ana , 1-1 Yaiza, 2-1 Patri, 3-1 Nuria, ( descanso ) ,4-1 Myrella, 5-1 Patri, 6-1 Nuria, 7-1 Noelia.

O Fisober  realizou un partido moi completo   na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo ante preto dun centenar de siareiros e conseguiu vencer ampliamente a súa besta negra particular. O que as deixa no máis alto da clasificación xunto co Marcón.

Salio a por todas o Fisober e xa no primeiro minuto Nuria gozaba da primeira oportunidade, e no segundo minuto  unha serie de paredes entre Patri e Ana, facía que esta última as adiantara no electrónico.

Fisober seguiu o ataque e case consecutivamente Ylenia, Ana e Patri gozaron de ocasións. Despois dos cinco primeiros minutos de dominio total local, as visitantes asentaronse e tentaron controlar a avalancha do Fisober. E algo conseguirono xa que mediada a primeira metade un despiste defensivo permitiu que unha xogadora visitante fora derribada por Paula no área co conseguinte penalti transformado por Yaiza.

Tal circunstancia espabilou de novo as do Fisober e Noelia dispuña dunha opción de gol. Pouco despois era Alba quen remataba co calcaño un saque de esquina que se marchaba a rentes do pau. Seguiu con unha dobre ocasión de Patri e Ylenia.

Meigas aínda asustaba e  montou unha perigosa contra a catro para o final pero Paula moi segura toda a tarde frenou ben a incursión de Laura.

A tres para o tempo de lecer Patri topabase co longueiro e no posterior rexeite ela mesma facía o 2 a 1.
Seguía lanzado o Fisober e Nuria disparaba o pau e Ana no rexeite non era quen de marcar. Pero na seguinte xogada unha combinación do ataque local rematou co 3 a 1 obra de Nuria.

O último minuto antes do lecer aínda propuxo unha ocasión da visitante M. Katia e unha doble ocasión por parte de Ylenia.

Na segunda metade o dominio do Fisober aínda foi maior, e comenzou con ocasións para Myrella e para Noelia por partida doble. Os seis minutos da reanudación un pase de Barca rematouno Myrella co calcaño para poñer un tranquilizador 4 a 1.

Despois foi unha Patri en estado de gracia a que tomou as rendas e tivo ata tres ocasións case consecutivas, nunha delas ata se atopou co pau.

Ante tanto  asedio local foi a visitante Ely a que tivo  a súa opción de gol. A cal respostou a local Alba. Quen non errou foi Patri para facer o 5 a 1.A sete para o final era Nuria a que facía o 6 a 1.

A visitante  Raquel tiña a súa opotunidade  de gol para reducir diferencias  pero elevou demasiado ante Paula.E o broche final o partido fixo Noelia co 7 a 1 a falta de dous para o fin.

Un resultado que deixa as do Fisober no coliderato xunto co Marcón, e no que a diferencia no average entre marcados e recibidos é un gol, +18 para as da Costa e +19 para as dos arrebaldos de Pontevedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario