lunes, 28 de noviembre de 2011

Fisober - Marcón. 4-3.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – MARCÓN : 4-3.

FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Noelia ; tamén xogaron : Barca, Nuria, Myrella, Ylenia, Olalla, Alba e Paula.



MARCÓN : Helena, Jennifer, Beatriz, Sofía e Laura; tamén xogaron : Alicia, Marta, Patricia, Marta C., Sara e Macarena.

ÁRBITRO E MESA : Emilio Losada e Yayo Pájaro.

GOLES : 0-1 Marta, 0-2 Alicia, 0-3 Alicia, ( descanso ), 1-3 Patri, 2-3 Barca, 3-3 Nuria, 4-3 Barca.

Partidazo o que se vivio na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo, para deixar líder en solitario da categoría o Fisober despois de remontar un 0-3 en contra ante o delirio do gran número de siareiros, nun desenlace que firmarían os mellores guionistas de cine.


Saíron moi nerviosas as rapazas do Fisober, parecía que lles podía a presión e non eran capaces de enlazar tres pases seguidos. Atoparonse  cun  Marcón inmenso na presión e no despregue físico que  facía sufrir as locais .

E os seis minutos comenzaron a mostrar a superioridade as de Marcón  en ocasións, primeiro foi Laura a que probaba a Eva, despois foron a capitana Jennifer quen acariñaba o gol e os oito minutos foi Beatriz a que non podía adiantar as súas.

Cando a primeira metade chegaba o seu ecuador  por primeira vez poñían as locais a proba por medio de Nuria  a meta visitante Helena  inmensa durante toda a tarde. Pouco despois era Barca quen non adiantaba as do Fisober.


Pero o minuto doce foi clave no transcurso do partido, xa que Marta adiantaba as visitantes despois dunha rápida combinación. E nese mesmo minuto case sen tempo para repoñerse do mazazo foi Alicia quen remataba de cabeza  un saque de banda que colleu despistadas as locais  para facer o 0 a 2.

Pesaban como unha lousa os goles para as locais e máis cando de novo Alicia batía a Eva e poñía un descorazonador 0 a 3.


Ana tiña a ocasión para reducir diferencias, pero as visitantes seguían o seu e  de novo Alicia facía temblar as locais.

E para rematar a primeira metade foi a local Patri a que  se topaba coa tremenda Helena na portería visitante.

Pero o tempo de lecer foille maravilloso para as locais e fatal para as visitantes. Parece que o resultado e as dificultades  sacaron  presión as do Fisober que tocaron arrebato na  segunda metade.
Xa os dous minutos Nuria tiña a primeira deste tempo para as de Fisober. Ahora eran as xogadoras de  Fisober quen se sentían  cómodas  na pista.


Máis se cabe cando os cinco minutos Patri facía o 1 a 3 que ademáis  enforvorecía  o gran número de siareiros que enchían o Pavillón de Vimianzo. Case sen tempo para respirar o Fisober en dous minutos encadeou unha serie de ocasións por medio de novo de Patri, de Barca pouco despois e de Nuria pero Helena era un difícil muro de franquear.

Ata que os oito minutos Barca recibía a pracer para lograr o 2 a 3 e acercar as súas a remontada.
Algo que a mesma Barca pudo lograr   a nove para o final pero Helena disfrazouse de Casillas para evitalo empate  cando todo a Pavillón celebraba xa  o gol.


E neste momento apareceu de novo Marcón, despertou do seu mal momento e primeiro gozou dun lanzamento que paraba Paula e o rexeite a mesma Paula atallaba o balón  fora da área  ca sua conseguinte perigosa falta . Pouco despois de novo as visitantes asustaban as locais.

Para daquela xa  os dous equipos vivían ca espada de Damocles que é o doble penalti, froito da intensísima segunda metade que estábamos a vivir.


Fisober lograba o que parecía imposible a cinco para o final cando Nuria facía a igualada despois de recibir de Ana.

Marcón non se rendía e perseguía os tres puntos que tan preto vira, así Laura gozaba dunha grande oportunidade para voltar a desfacer a igualada.


Pero o ruleta xiraba a favor do Fisober desta vez, Barca tiña un doble penalti o seu favor que paraba de novo Helena pero o rexeite volvía os seus pes e despois de un rebumbio conseguía o gol que culminaba a remontada e facía tolear a compañeiras e siareiros.

Un partido tan grande tiña que dar turno de réplica as de Marcón e deulle dúas oportunidades para voltar a igualar o borde do último minuto, primeiro por medio de Alicia e despois  cun doble penalti que paraba Paula.


Dende aquí ata o final as locais tentando que o tempo se rematara pero aínda así Ana tivo a última ocasión para mellorar o resultado.

Tres puntos que se quedaron na casa e con eles o liderato en solitario para as do Fisober que dan outro pequeno paso na súa Historia.


FOTOS : Oscar QPC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario