lunes, 30 de enero de 2012

Fisober - Leis Pontevedra. 4-2.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – LEIS PONTEVEDRA. 4-2.

FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla, Eva, Inés e Laura.



LEIS PONTEVEDRA : María, Luz, Adriana, Magari e Paloma; tamén xogaron : Paula, Andrea Curra, Andrea Ferrón, Paula Costas e Nerea.

ÁRBITRO E MESA : Emilio Losada e Fran Vilouta.

GOLES : 1-0 Barca, 1-1 Paula Costas, 2-1 Patri, (descanso) , 3-1 Barca, 4-1 Patri, 4-2 María.

Partidazo o disputado no Pavillón Municipal de  Muxía na maña do domingo e no que a victoria do Fisober as deixa un pouquiño máis líderes. A solidez en defensa e na portería foi clave para levarse  os tres puntos.

Leis Pontevedra saiu a polo partido dende o primeiro minuto sacando a porteira – xogadora dende inicio o fin, non especulou en ningún momento sabedoras de que a derrota as deixaba a sete puntos.


Eso fixoas dominadoras do partido dende os primeiros segundos, aínda que o principio non atoparon ocos.

Defensa a ultranza local e ataque total visitante. E así tiñan que aparecer as primeiras ocasións para as visitantes. As máis claras foron por parte de Adriana e Luz, pero Paula na portería foi un  pesadelo para o ataque visitante , chegando e parando todo.

Os seis minutos apareceu a primeira ocasión local por mediación de Barca. Pero Leis Pontevedra   seguía o seu e de novo Paula freaba o ímpetu visitante.


Mediada está primeira metade de novo Barca probaba sorte na contra despois dun roubo  pero case deseguido respostaban as visitantes.

Co paso dos minutos foise asentando a extrana  situación o Fisober e así os doce minutos foron Ana e Noelia as que tiveron as suas opcións.

Pero nin un segundo de lecer deixaba o Leis Pontevedra  que seguía  a carga incapaz de batir a Paula.
E así despois dunha ocasión de Patri , chegou un saque de esquina que Barca tocou co calcaño para poñer en vantaxe as locais os quince minutos.


Lonxe de ser un mazazo para as do Leis elas seguían batindo unha e outra vez fronte a Paula desta vez foi Luz a que gozou da clara ocasión. A cal respostou a local  Patri.

Pero tanto fora o cántaro a fonte que algunha vez tiña que romper e foi Paula Costas a que cun sutil toque puña a igualada no tanteador a dous minutos para o fin desta primeira metade.

Fisober non se resignou , tivo unha antes do tempo  lecer e Patri aproveitouna para voltar poñer en vantaxe as súas.


Despois do furacán pasado na primeira metade, nesta segunda saiu moito mellor o equipo local e así as primeiras ocasións foron para elas por medio de Patri e Barca. Pareceron as locais  collerlle definitivamente o xeito o ataque de cinco.

E aumentaron distanzas por medio dunha  Barca que conseguía o 3 a 1 os cinco minutos da segunda metade. 

Eran os mellores minutos locais, as visitantes parecía que o resultado que se levaron o tempo de lecer despois de tanto traballo lles pasaba factura e Myrella mandaba por encima do longueiro unha  ocasión para agrandar vantaxe.


Quen non errou foi Patri para poñer o 4 a 1 mediado o segundo tempo. As  pontevedresas  seguían e seguían, e ahora a que lle tocaba respostar na portería era a Eva que seguía co bo traballo da súa compañeira Paula.

E de novo as acometidas visitantes eran freadas unha e outra vez  ahora por Eva. Desesperaban as visitantes incapaces de poñerlle o dente o  incrible traballo  do Fisober e como na primeira metade si o lograban aparecía a porteira.


Ata que a catro para o fin a porteira-xogadora María collía un tiro na frontal para reducir distanzas.

Cas visitantes volcadas, foron Barca e Patri as que tiveron ocasión de sentenciar. E a un para o fin foi  a visitante Adriana a que vía como o seu disparo era repelido polo pau cando xa parecía gol.


Así chegouse o final dun partido no que Fisober  se deixou ata a última gota de sudor  o igual co seu rival nun choque  vibrante, entretido e dos que fan afección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario