lunes, 28 de febrero de 2011

Fisober - Cios. 4-5.


LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO – CIOS VIGO. 4-5.
FISOBER C. VIMIANZO: Eva, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron: Eva, Alba, Olalla e Noelia.
CIOS VIGO: Rocío, Eva, Margarita, María e Paula; tamén xogaron: Luz, Sabela, Julia, María I., Lucía e Silvia.
ARBITROS : Emilio Losada e Yayo Pájaro ; boa actuación.

GOLES : 0-1 María, 0-2 María, 0-3 Margarita, 0-4 Sabela, 1-4 Eva, 1-5 Eva, 2-5 Noelia, 3-5 Barca, 4-5 Barca.
Chegaba a Vimianzo o líder que solo cedeu esta tempada unha derrota e dous empates e amosou as razóns polas que se mostra tan firme, desfacendo así a boa xeira de resultados de Fisober nesta segunda volta e engrosandolle a primeira derrota despois de seis partidos.

Comenzou cunha presión asfixiante o Cios e nos primeiros dez minutos apenas deixou saír do seu campo as locais, que chegaban sen perigo o ataque. Así nos dous primeiros minutos as visitantes Eva e Paula xa probaron a porteira local Eva. Trancurría esta fase de partido e as locais vianse superadas constantemente pola presión visitante. De novo Paula e Eva disparaban con perigo. Sería no minuto dez a visitante María a que nun escorzo incrible tocaba o balón e mandabao o longueiro. Pero parece que esta acción desperezou as locais e dende esa en tres minutos tres contras de Barca, Eva e Alba asutaron un pouco as visitantes. E vaia se se puxeron as pilas porque entre o minuto trece e quince lograron tres goles. Un chutazo de María desfacía a igualada e sólo un minuto despois voltaba a marcar a mesma María. Respostaba cunha ocasión de Barca o equipo de Fisober, pero Margarita poñía o 0-3 e desmoralizaba as locais. A dous para o final María I. disparaba o pau. No último minuto Barca de novo tiña opción de poñer o 1-3 pero non era capaz.
Voltaba Fisober tralo descanso cunha pesada lousa de tres goles que os dous minutos se facía de catro despois dun gol de Sabela. Nese momento pareceu que o encontro rematara para as visitantes que derón o encontro por ganado. Fisober en cambio non se rendeu e o cuarto gol respondeu cunha dobre ocasión de Eva e Barca. No minuto cinco desta segunda metade Eva culminou unha combinación de todo o equipo no 1 a 4. No minuto oito de novo Eva tiña unha gran opción de reducir a vantaxe. Pero sólo un minuto despois Eva facía o desmoralizador quinto gol. A dez para o final Ana dispuña dunha boa ocasión a que respostaba a visitante Luz. Parecía o partido abocado a un final prácido para as visitantes. Pero Noelía facía o segundo gol local a catro do final e a dous e medio era Barca a que marcaba o terceiro. Cios Vigo que se relaxara en exceso atopabase cun novo escenario para os dous últimos minutos e Ana a piques estaba a dous para o final de acercar máis as suas. Quen si o facía era Barca a corenta segundos do final cun maravilloso taconazo o que encendía o público para os últimos segundos. Aínda tiveron as locais unha última opción a cinco segundos do final nunha xogada ensaiada de saque de banda que a lanzamento de Barca se foi a rentes do pau.

A derrota non ensombrece a excelente segunda volta que están a realizar con trece puntos en seis partidos, cando en toda a primeira volta fixeron dezasete puntos. Un equipo que non se rendeu nin cun resultado tan adverso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario