lunes, 9 de enero de 2012

Fisober - Riazor. 6-2.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – RIAZOR : 6-2.

FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Nuria, Myrella, Ylenia, Noelia, Alba, Eva e Olalla.



RIAZOR : María, Elena, Alba, Paula e Sara; tamén xogaron : Lorena, Victoria e Jesica.

ÁRBITRO E MESA : Vicky Mosquera e Irene Lojo.

GOLES : 1-0 Patri, 1-1 Lorena, 2-1 Paula en p.p. despois de tiro de Myrella, ( descanso) 3-1 Barca, 4-1 Ana, 5-1 Barca, 5-2 Lorena, 6-2 Olalla.

Voltaba a Liga para o Fisober despois do parón de Nadal e voltou con victoria finalizando así a primeira volta como líder e a “honrriña” de ser  campeón de inverno da categoría, nun partido que non foi dos mellores para as da Costa.

Presentábanse as dúbidas de como respondería o equipo despois do Nadal e eso marcou o partido, xa que as dúas formacións  notaron o parón.


Aínda así os dous minutos Barca xa dispuxo da primeira ocasión para as locais. E os tres minutos era Patri recibindo despois dun saque de banda   quen poñía en vantaxa as da Costa aproveitando o despiste visitante.

Pero o Riazor non se amedrentou e un lanzamento de Alba tocouno o xustiño Paula para que se fose o longueiro. A resposta local foi cunha ocasión novamente de Barca. Os sete minutos foi  Myrella quen dende a dereita realizou un forte disparo que se foi o pau da portería defendida por María.

Os nove minutos un balón longo foi aproveitado por Lorena para poñer a igualada no electrónico de Vimianzo.

Pero por sorte para as locais pouco lles durou a ledicia as da Coruña, xa que unha combinación de ataque local terminou cun tiro de Myrella  que mandou a súa propia porta Paula   poñendo por diante de novo a Fisober.


A piques estivo de devolverle a moeda Riazor cun lanzamento de Lorena que puxo o medo na bancada.

Dende aquí o partido perdeu ritmo e volveuse o típico de volta de vacacións, con algunha ocasión aislada sobre todo para as locais que vían como a porteira do Riazor , María as despexaba con maior ou menor tranquilidade o igual ca local Paula.

Despois do tempo de lecer as locais decidiron darlle un puntiño máis de intensidade o partido, na busca de ampliar o tanteador e non vivir co susto no corpo.

Os tres minutos foron Barca e Patri as que viron como María evitaba que a súa dobre ocasión puxera o terceiro no lado local.


O partido voltou o ritmo da primeira metade ata que en tres  minutos as locais o finiquitaron con tres goles. 

Foi entre o sete e o dez cando primeiro Barca no sete, despois Ana no nove e de novo Barca no dez deixaron case sentenciado o encontro.

Co cinco un no electrónico relaxaronse algo as locais o que propiciou que Riazor puxera a proba a Eva que ocupou a portería nesta segunda metade case inédita ata ese momento. Eva respostou con solvencia a serie de ocasións das visitantes. E cando non era Eva foi Elsa a que evitou o segundo gol visitante.


Os últimos minutos foron un ida e volta continuo, a catro minutos para o fin  era Noelia quen despois dunha xogada individual vía como o seu lanzamento ía o pau. A tres para o fin respostaban as visitantes co segundo gol de Lorena poñendo o 5 a 2 no marcador.Unha Lorena que a dous para o fin vía como o seu lanzamento ía o pau e impedía o seu terceiro gol.

Ese minuto foi propicio xa que  a  resposta foi  cunha nova ocasión de Noelia. Pero as do Fisober querían  marcar un último gol e Olalla que aínda non marcara nesta tempada foi a encargada de pechar o marcador e o partido co 6 a 2 a dous para o fin.


Despois do parón de Nadal a Liga volta a parar xa que se acabou a primeira volta e tradicionalmente se garda o fin de volta nas Ligas de fútbol sala por si hai que recuperar partidos. Co que o próximo partido será o 21 de Xaneiro en Santiago fronte o histórico Funeraria Apóstol o que non se sabe é si aínda contará ca mediática Verónica Boquete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario