jueves, 27 de octubre de 2011

A entrevista : Eva Lago.

Desta vez a elexida para a nosa entrevista é a xogadora do Orzán , Eva Lago. Que entre outros equipos pasou polo Fisober  o cal tivo que deixar esta tempada por motivos personales.



Eva que este domingo voltará a poder vestirse de corto co equipo de Nacional o igual que outras seis compañeiras, despois de verse "castigadas "  a non poder xogar co primeiro equipo, xa que o clube decidiu facerlles ficha do B para que poideran seguir disfrutando de minutos e xogando a Copa Galicia o fin da tempada pasada, pero non caeran na conta que en seis meses non poderían voltar a ter ficha do A. Domingo remata o seu calvario. 


¿ Elixio o fútbol como o seu deporte, por ?

Gustábame e  divertíame cos meus amigos no colexio e  fora del. Con 5 anos empecei no  Riazor a fútbol sala.

¿ Deportista que admira ?
A Xavi. Pero outro moi grande é Nadal.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?
O mellor  sin dudalo cando na tempada 2009/2010 fixemos Historia gañando a Liga e a Copa, e ascendemos a Nacional. E o peor recordo que teño foi o día que xogaba a final de Copa co Egasa e media hora antes de marcharme  para a pista  rompín  o pe.

¿Como se entreten nos viaxes do equipo ?
Falando, vendo películas, escoitando música, durmindo…Faise o que se pode.

¿Una manía cando xoga ?
Sempre entro co  pe dereito no  campo.

¿Seu número favorito ?

Non  teño. Xoguei  15 anos co  4, ata que cheguei  a un equipo que estaba ocupado e xa collía o que me daban.



¿ Sendo da Coruña como recalou en Fisober?

Porque tiña gañas de seguir xogando o  fútbol sala e  tendo a Barca de compañeira no  Orzán pois levoume para a Costa ..…jaja!!




¿ Que pensou cando lle dixeron que non podería comenzar a tempada co Orzán polo tema das fichas co B?

Pufff, moita  rabia e  demasiada impotencia de non poder facer nada máis que esperar. Porque ademáis penso que é  unha norma bastante estúpida.

Para vostede   comenza a tempada está semana, aínda que pudo xogar co B nesta espera  ¿ como encara o partido?

A  verdade  que con moitos nervios, pero a  vez con moitísimas ganas de volver a xogar en Nacional. Ademáis creo que  recuperei  a confianza en min  misma e eso  dame  aínda  máis ganas de xogar.


¿ Unha xogadora,  compañeira ou rival que lle chamara especialmente a atención?

Solo se me ven a  cabeza Josué, noso entrenador de porteiras. Xa que neve ou  estemos a 40º sempre vai  equipado con roupa térmica dos pes a  cabeza…jajaja!!

¿Como culé , que sentío o poder enfrentarse o F.C. Barcelona femenino ?
Un honor bastante grande. Aínda  sinto a emoción o  recordalo porque fixemos un  dos nosos mellores partidos. Ademáis marquei  un gol. E aínda que foran os alevíns creo que é  todo un orgullo poder enfrentarte a un club como é o  F.C. Barcelona. Eso quedara grabado para sempre.


¿ E ver un F.C. Barcelona – Depor no Nou Camp ?

O  Nou Camp é un campo impresionante. Xa vin dous Barcelona-Depor. Pero este ano había que ir a apoiar  o  Depor para que non  baixara…Paseino  bastante ben.


¿ Quedalle moito tempo o actual Barsa?

Eu  penso que si. Ten  grandes xogadores e  boa canteira. Ademáis perdan ou  ganen siguen xogando a seu fútbol e  creo que é o que os fai  ser tan grandes.

¿ Que pasará co Depor está tempada?

Eu  penso que volverán a Primeira. Empezaron moi mal pero queda moita liga. E  confio en que ascenderán. Gústame  Oltra.



¿Súa maior virtude e defecto ?
Aínda que non me guste son  bastante pesimista. E virtude  pois son unha persona honesta.

¿O  maior placer da súa vida ?
Gracias a unha persona descubrín  que o maior placer é disfrutar o  día a día con alegría. Nunca hai  que perder o  sorriso.

¿Un lugar para vivir?
De momento A Coruña..


 ¿Un lugar para perderse?
Illa Margarita ou  Morro de Sao Paulo. Ou  calquer illa, pero en boa compañía…jajaja!

¿Película favorita?
Braveheart, Bailando con lobos, La vida es bella…

 ¿Actriz/ Actor favorito?
Morgan Freeman, Clean Eastwood, Dustin Hoffman…

¿Grupo musical favorito?
Gústanme  varios pero digo Bon Jovi.

 ¿Canción?
Imagine de John Lennon e  1973 de James Blunt.

¿Libro ?
El niño del pijama de rayas.

 ¿Refrán favorito ?
Non  hai  mal que por ben non  veña. E  nunca pidas a quen ten, sinón  a quen sabes que te quere.


 ¿Comida preferida?

 Pasta con filete e o  churrasco.

¿ A noite é para…………..?
Depende que noite…e que compañía…


¿Un soño por cumplir?

Ascender a Superliga con Manu de entrenador.

Outras entrevistas :











No hay comentarios:

Publicar un comentario