lunes, 10 de octubre de 2011

Leis - Fisober. 4-3.

LIGA AUTONÓMICA

LEIS  PONTEVEDRA-FISOBER F.S.F. CONCELLO DE VIMIANZO.4-3.

LEIS : Irene, Gema, M. Luz , Natalia e Begoña ; tamén xogaron : Jennifer, Tamara, Magari, Sara, Andrea Ferron, Raquel e Andrea Curra.


FISOBER F.S.F. CONCELLO DE VIMIANZO : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Myrella, Ylenia e Noelia.


ÁRBITROS : Segio Abilleira e Alfredo Castro.

GOLES : 0-1 Patri, 1-1 Tamara, 2-1 Gema, 3-1 Gema, 3-2 Ana, 3-3 Patri, 4-3 M. Luz.

Gran partido o disputado en Pontevedra polo Fisober ante o actual campeón de Liga, con moitas xogadoras que disputan asiduamente División de Prata,no cal se lle escapou un punto que quizáis mereceu  nos últimos segundos do partido.

Non podía comenzar de mellor maneira o partido para Fisober unha contra excepcionalmente levada, acababa con gol de Patri e o partido de cara para as visitantes, que  a partires destes momentos eran dominadas polo Leis pero saían en perigosas contras como a elas máis lles gusta.


O Leis tentaba respostar e os tres minutos tiña unha boa ocasión. No ida e volta constante quen respostaba ahora a  contra era Fisober nunha  combinación  levada por Patri e Ana que esta última non era quen de marcar.

As locais non se achicaban e seguían co dominio territorial e Tamara mandaba o balón o pau da meta defendida por Paula. A súa vez  Fisober  seguiu co seu xogo de contragolpe e Myrella tentabao dende lonxe, Ylenia atopabase co pau e de novo Ylenia vía como a porteira Irene se convertía nun muro infranqueable para as visitantes na busca de dous goles de renda.

Pero dende ese momento o dominio de Leis foi máis abrumador e case non deixou a Fisober seguir asustando e  aproveitar eses perigosos zarpazos.  Así a oito para o final de novo Tamara buscaba o gol do empate.


E ese gol conqueriuno a mesma Tamara a 4 e medio para o descanso e case sen tempo para repoñerse desta vez foi Gema quen adiantaba as pontevedresas e poñía en 30 segundas o 2 a 1 no electrónico.

O fin da primeira metade foi de zozobra para as visitantes que acusaron os dous goles  seguidos. Así dentro do último minuto Leis puido aumentar vantaxe por dúas veces seguidas, primeiro cun tiro cruzado e despois cun tiro de Begoña.

A volta do descanso foi como rematara o primeiro cunha ocasión desta vez para a local  Natalia, e pouco despois a mesma Natalia case consigue aumentar distanzas. Unhas distanzas que si aumentaron cando Gema aproveito a súa oportunidade para poñer un desmoralizador 3 a 1 no marcador.


As visitantes lonxe de virse abaixo,trocaron as tornas do partido e respostaron case deseguido cunha ocasión de Noelia. Os roles cambiaran nestes momentos ahora era Fisober quen dominaba e Leis quen saía a contra. 

Nunha contra levada por Natalia case consigue o que podería ser a sentenza para  o partido  pero non fixo gol, e  para máis inri a xogada rematou  cunha escordadura de nocello da locataria. Entrandose así nuns minutos que case non aportaron ocasións para ningún dos equipos.

Despois da tranquilidade veu a tormenta do Fisober  e  así foron  uns últimos oito minutos  trepidantes e vibrantes. Abrironse cunha ocasión para Noelia. Seguiron con dous tiros de Patri que foron enviados a saque de esquina por dúas intervencións espectaculares de Irene. Tamén o tentou Ana despois dun rexeite pero o balón parecía que non quería entrar.


Fisober a seis para o final conseguiu disfrutar dun dobre penalti no que Barca tampouco foi capaz de batir a infranqueable Irene. Pouco despois era de novo Ana a que non conquería reducir distanzas. Leis parecía afogado pero aínda así sacouse unha contra na que Andrea Ferron errou diante de Paula.

Fisober seguía martilleando e Ana xa desesperada atopabase de novo con Irene. A menos de 3 minutos para o final e despois de ir tanto o cantaro a fonte o gol da esperanza chegou, pero non foi fácil nin así. Lanzou Noelía  un dobre penalti que despexaba Irene no posterior rexeite de novo Irene freaba a Noelia pero o balón foi cara a perna de Ana quen casi sin querer reducía distanzas.

A esperanza chegaba a Fisober , cun Leis cansado ,xa que algunha das xogadoras disputaran en Salamanca o partido de Prata do día anterior, Fisober tentou a igualada  pero Barca non foi capaz de conquerila.

Quen   si foi capaz foi  Patri despois da mellor combinación en ataque do equipo quen fusilou a Irene e empataba o partido a un e medio para o final.


Aínda o destino tiña gardada unhas sorpresas para o desenlace, primeiro cando nun balón que se lanzou a despexar Patri a fortuna quixo que se quedara na pista e franco para que M. Luz devolvera a vantaxe o seu equipo o local a solo trinta segundos do final  e despois cando a dous segundos do final o disparo  da visitante  Noelia golpeou  o longueiro e foise fora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario