lunes, 4 de abril de 2011

FISOBER - CIDADE OURENSE. 3-3.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO – CIDADE DE OURENSE. 3-3.

FISOBER C. VIMIANZO : Paula, Patri, Elsa, Barca e Ana, tamén xogaron Eva, Alba e Olalla.

CIDADE DE OURENSE: Bárbara, Silvia, Sabela, Greta e Ana, tamén xogaron : Teresa, Ángela e Cristina.

ARBITROS : Jose Rey e Sandra Vilouta.

GOLES : 0-1 Silvia, 1-1 Ana, 1-2 Silvia, 2-2 Barca, 2-3 Ana, 3-3 Ana.

Partido vibrante o disputado na tarde do sábado en Vimianzo entre o Fisober e o terceiro clasificado o Cidade de Ourense,con boa presencia de siareiros xa que parte do público  tanto do Soneira como  do Muxía que viñan de animar a cada un dos seus equipos no derbi xuvenil de Copa unironse desta vez para animar o Fisober. Un encontro no que as locais sempre foron a remolque no marcador ca ansiedade que eso provocou.

De saída moito respecto entre os dous equipos o Fisober un dos mellores da segunda volta e as ourensanas terceiras na taboa. Desa maneira as visitantes decidironse a esperar o Fisober e saír a contra. Así os catro minutos de encontro as ourensanas gozaron dunha boa ocasión por medio de Silvia. E no minuto seis de novo  a visitante Silvia entraba por banda esquerda e batía a Paula por baixo.

Tocaballe as de Fisober remar a contra corrente e decidiron tomar cartas no asunto. Unha boa combinación das xogadoras locais chegaba a Barca que solo tiña que empurrala pero aparecía a porteira visitante Bárbara e facía unha parada o máis puro estilo  Casillas de pau a pau ante o asombro dos siareiros e da propia Barca. 
Nese mesmo minuto Barca voltaba a ter unha ocasión de gol. Pero parece que ese minuto era do Fisober, xa que a terceira si foi a vencida e unha serie  de paredes de todo o equipo era culminada por Ana no gol da igualada.

Voltaba o partido  a saída e de novo voltaba o respecto os dous equipos, con control por parte de Fisober e perigosas contras das ourensanas. Nunha desas a tres para o final chegaba o balón o área  a Silvia quen de costas  se xiraba rapidamente e cruzaba para poñer de novo por diante as visitantes, con ese  1 a 2 chegábase o descanso.

De novo tocaba remar as locais e pronto conseguiron a igualada , foi os tres minutos,  combinaban as de Fisober para que Barca lanzandose o chan  chegaba a un balón cruzado e poñer o 2 a 2, desquitándose do anterior erro.

Igualada no electrónico e volta a tranquilidade o partido. Moito ida e volta pero sen apenas ocasións claras para ningún dos dous equipos. As visitantes decidían presionar un pouco máis adiante.

Pero todo cambiou os dez minutos cando unha falta de entendemento en defensa das de Fisober na saída de balón foi aproveitado pola visitante Ana para poñer por terceira vez en vantaxe as de Ourense.

Tocaba arrebato  para Fisober cos riscos que iso tiña a nivel defensivo polos espazos que ían a conceder. A oito para o final Barca lanzaba un esquerdazo a escadra  que a porteira visitante Bárbara paraba de forma extraordinaria. A seis para o fin  a mesma Barca non era quen de igualar.

Asumía cada vez máis riscos Fisober e a dous para final de novo un erro na saída de balón provocaba un tres para un para as de Ourense no que parecía o fin das opcións para as locais pero a porteira do Fisober  Paula dáballe unha bala máis as súas.

E solo uns segundos despois as súas compañeiras aproveitárono e foi Ana quen empatou o partido a un minuto e corenta segundos para o final.

Pero as visitantes pareceu non valerlles o empate e decidiron adiantar a súa porteira para ese último minuto. E o risco case lles costa o partido xa que un roubo de Patri a vinte segundos do fin fixo que probara sorte  dende o seu campo ca porteira adiantada pero foiselle desviado. Chegando así o partido o seu fin cun xusto e disputado empate.

No hay comentarios:

Publicar un comentario