lunes, 5 de diciembre de 2011

Mos - Fisober. 6-4.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : MOS – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”. 6-4.

MOS : Asun, María, Sara, Catarina, Marga ; tamén xogaron : Melisa, Vanessa, Silvia Insua e Silvia Rodríguez.

FISOBER : Paula, Patri, Nuria, Ana e Myrella; tamén xogaron: Elsa, Barca, Noelia, Ylenia, Eva e Olalla.



Árbitro e Mesa : Jose Pardo e Cristian Rodríguez.

GOLES : 1-0 María, 2-0 Catarina, 3-0 Melisa, 4-0 Catarina, 5-0 Melisa, ( descanso), 5-1 Ana, 6-1 Marga, 6-2 Nuria, 6-3 Barca, 6-4 Patri.

A frouxa saída do Fisober sepultou as súas opcións de puntuar  na primeira metade a pesares de que unha meritoria segunda deixounas preto doutra nova remontada. Os resultados da xornada manteñenas líderes en solitario  na data que perdían o seu segundo partido da tempada.

Pareceu que saíron durmidas as do Fisober, que non se aclimataron, nin a pista, nin os balóns, quizais a nada e xa os dous minutos recibían a primeira na frente por medio de María. Tanto era o seu descontrol  que o adestrador visitante tivo que pedir xa tempo morto en apenas tres minutos de xogo.


E todo acabou de torcerse  cando os catro minutos o árbitro pitou unha inexplicable cesión, do cal se aproveitou Catarina para facer o segundo gol local no lanzamento da falta indirecta.

Fisober entrou en zozobra, e solo a porteira Paula era quen de conter as de Mos que se aproveitaban da vantaxe no marcador para agrupadas atrás saír a contra e agrandar  os moitos erros visitantes.

Tanto que  a local Vanesa erraba a porta vacia e Catarina enviaba o pau. Foi aquí cando comenzou a chegar Fisober , pero sin enlazar o seu xogo tradicional. Aínda así Patri era a que probaba por primeira vez a Asun. 


Despois era Barca quen por partida doble non era quen de facer o primeiro visitante camiño da metade deste tempo.

Ana e Noelia tamén o tentaban pero o gol non chegaba. E  o  regalo as ocasións erradas foi Melisa quen facía o terceiro local.

Fisober non se rendía e Barca mandaba un balón o pau. As de Mos  moi perigosas a contra buscaban o cuarto que impedía a porteira visitante Paula. Non pudo frealo a catro para fin desta primeira metade e vía como Catarina ampliaba as vantaxes . E pouco despois era Melisa a que facía un cinco a cero que parecía incrible.


Non se rendeu Fisober que gozou de opcións de reducir distancias pero nin un cabezazo de Elsa, nin Barca por partida doble , nin un doble penalti lanzado por Nuria o conquerían.

Debía de novo buscar a heroíca o Fisober si quería pescar algo en Mos en tan solo un tempo, adiantou liñas e lanzouse a por elo na segunda metade.

A porta abriuse no minuto catro deste tempo cando Ana loitou un balón ata o final para rapiñar  o primeiro visitante. Pero sin apenas tempo para disfrutalo Marga facía o sexto e xarro de auga fría.

Non deixaron de pelexar as visitantes e Patri non foi capaz de reducir distancias. As de Mos aproveitaban os espazos e Catarina vía como  a porteira nesta metade Eva freaba en seco as súa ocasión.


No minuto seis foi Nuria a que fixo o segundo gol visitante, que as fixo seguir remando. Co Mos pechado Fisober encadeaba ocasións pero a porteira  Asun comenzaba a facerse importante. Noelia por dúas ocasións, e unha conxunta de Barca e Ana pero non había maneira de facer o terceiro.

Máis cando a oito para o fin Barca conectaba un cabezazo que se ía lamendo o pau. Un minuto despois si que non fallou e puxo o seis a tres cando aínda quedaban sete para o fin, eso si o balón tivo que entrar amodiño, unha extraña forza alonxabao desa portería.

As locais pediron tempo morto para capear o temporal e en certo modo fixerono, xa que conseguiron frear a avalancha de ocasións vistantes as que os folgose sobre todo as esperanzas  se lles esgotaban.

Cando faltaban dous para o fin Patri marcaba o cuarto visitante que lles daba o último raio de esperanza, un raio que pudo ser maior cando disfrutaron dunha falta no borde do área entrando no último minuto que desaproveitaron. Aínda así Ylenia gozou dunha última ocasión que sacou unha xogadora local baixo paus.




No hay comentarios:

Publicar un comentario