lunes, 16 de mayo de 2011

Fisober - Meigas. 3-3.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO – MEIGAS : 3-3.

FISOBER C. VIMIANZO : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron : Olalla , Noelia e Myrella.



MEIGAS : Fany, Clara, Katy, Yaiza e Cova; tamén xogaron : Sonia, Raiane, Amanda, Andrea, Ánxela, Andrea Gómez e Aroa.

ÁRBITROS : Jose Rey e Jorge Fernández.

GOLES : 1-0 Elsa, 1-1 Sonia, 2-1 Patri, 2-2 Cova, 2-3 Cova, 3-3 Barca.

Botabase o peche a tempada de debut en Liga Autonómica en Vimianzo. Unha tempada excelente e cunha segunda volta para enmarcar onde solo caeron ante os dous primeiros clasificados e competindolles o partido atá o último segundo. Acaban en sexta posición grazas a terlle ganado o average particular a Cidade das Burgas.

O comenzo do partido foi intenso para Fisober xa que no primeiro minuto Ana a piques estaba de marcar e solo uns segundos despois aínda dentro dese primeiro minuto unha xogada entre Ana e Patri remataba Elsa co 1 a 0.


Pero esto non foi máis ca un espellismo, xa que o partido voltouse moi trabado e de moito ida e volta pero sin ocasións claras. As de Fisober non se atopaban cómodas na pista ante un rival que sempre lle poñe as cousas moi difíciles e que é como unha pequena  “besta negra”.

Os minutos pasaban e as ocasións non chegaban, atá que no minuto 11 da primeira metade era a visitante Clara a que igualaba o partido.

Esto parece que espoleou un  pouco os dous equipos e que aumentou o ritmo deste último partido da tempada. Un gol o que quixo respostar Barca solo un minuto despois pero non foi quen de atopar o gol.

Os minutos pasaban e a igualada continuaba. As visitantes non afroxaban pero a cinco para o final de novo Barca tivo a ocasión para adiantar as súas  ,eso si pouco despois a capitana visitante Clara enviaba o balón o pau.

Fisober non conforme co resultado aproveitou unha contra a trinta segundos do fin deste periodo e a combinación entre Ana e Barca tiña a Patri como goleadora a porta vacía, poñendo o 2 a 1 antes de chegar o descanso.

A segunda metade comenzou cos mesmos signos ca primeira, unha ocasión case de comenzo para a local Olalla e deseguido moitos minutos de ida e volta pero sin claridade de cara a porta por ningún dos dous equipos.


Minuto a minuto a tempada chegaba o seu fin cando no minuto sete desta segunda metade a local Patri se atopaba co pau da portería defendida por Fany. Unha ocasión que podía poñer un tranquilizador tres a un.
As visitantes non se rendían e Cova tentou batir a Paula.

Pero o ritmo do partido cambiou de cara os últimos seis minutos, sabedores que a tempada chegaba o seu fin, parece que os dous equipos se decidiron a deixalo todo na pista e mostraron uns últimos minutos cheos de empuxe, intensidade e goles.


Uns últimos minutos nos que as visitantes de Meigas quixeron dar primeiro cunha ocasión de Cova que se mostrou como a máis perigosa xogadora das visitantes nestes minutos. E aínda cos susto no corpo das de Fisober a mesma Cova conseguía empatar o partido a solo cinco minutos do fin.

Fisober non quería rematar o ano cunha igualada e lanzouse a polo partido e así Barca gozaba de dúas boas ocasións con solo un minuto de diferenza a catro e tres para o final respectivamente.

Aínda que as visitantes tampouco dixeran a última palabra e foi de novo Cova quen nunha contra definiu perfectamente e puxo un 2 a 3 que case parecía definitivo a dous minutos e cincuenta segundos para o final.

Si Fisober non quería rematar a tempada con igualada menos quería con derrota na casa e seguiu tentando atá o final e atopouno a trinta segundos para o final cando Barca conseguía o empate. Aínda tivo a última cando un roubo de Ana propiciou unha xogada a que non chegou Barca no último segundo. Poñendose así fin a tempada de debut en Liga Autonómica.



1 comentario:

  1. Ahora na páxina da Federación aparece que Cios lle gañou a Cidade das Burgas co cal Fisober sería sexto en solitario.

    ResponderEliminar