domingo, 20 de febrero de 2011

Marcón - Fisober

LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : MARCÓN – FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO, 1-3.
MARCÓN : Helena, Alicia, Vanessa, Patricia e Marta; tamén xogaron: Jennifer, Laura, Carla, María e Marta C.
FISOBER C. VIMIANZO: Eva, Patri, Ana, Elsa e Andrea; tamén xogaron : Barca, Alba e Noelia.
ARBITROS : Sergio Abilleira e Jose Moledo, boa actuación.
GOLES : 1-O Alicia, 1-1 Patri, 1-2 Ana, 1-3 Patri.
Segue a excelente segunda volta do Fisober con catro victorias e un empate, sin coñecer a derrota a espera de recibir o líder Cios Vigo na vindeira semana no seu fogar de Vimianzo para comprobar si a xeira de resultados sigue ou verase frenada.
Domiñaba dende o principio Marcón pero as mellores ocasións eran para Fisober e así Patri nunha xogada individual prantabase ante a porteira Helena quen paraba. Si eso ocorría no minuto dous , pouco despois de novo Patri e de novo Helena rexeitaba o seu disparo. Marcón apretaba e gozaba dunha ocasión pero a pesares de todo non concretaban o seu dominio sobre a pista en ocasións. A primeira metade transcorría por esa tesitura. Un roubo de balón no minuto trece daba unha dobre ocasión a Noelia e Patri pero o gol non chegaba. No minuto quince de novo Patri dispuña dunha ocasión. E foi a dous para o final da primeira metade no único despiste defensivo das de Fisober cando Alicia adiantaba as de Marcón. O partido puñaselle complicado as visitantes pero a corenta segundo do final da primeira metade de novo Patri se topaba con Helena e non era quen de poñer o empate.
Comenzaba a segunda metade cunha ocasión de Barca, un puro espellismo porque a visitante Marta remataba de cabeza o pau, e Marcón pechaba no seu campo a un Fisober que pareceu saír adormilado. Tentaban as locais sorprender dende hoxe a Eva pero non a inquietaban moito. Seguían achuchando as de Marcón e Fisober non se desperezaba. Pero no minuto oito un roubo de Alba deixaballe o balón a Ana quen vía un oco para Patri que empataba o partido. A nove do final dispuña Alba dunha ocasión nunha contra. O partido parecía abocado o empate pero un novo roubo de Ana a tres e medio para o final finalizabao ela mesma no 1-2 . E a dous para o final Patri poñía o tranquilizador 1-3 nunha nova contra. De ahí ata o final tranquilidade e dominio de balón visitante ante unhas locais que tentaron facer dano ca porteira xogadora pero precipitaronse.

1 comentario: