lunes, 30 de enero de 2012

Manureva - Fisober B. 13-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : MANUREVA TALLERES MUNDO  – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO”. 13-0.

MANUREVA : Melania, Natalia, Cristina, Olalla e Cintia ; tamén xogaron : Susana e Noa.

FISOBER B : Martina, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Laura, Myrella, Cris, Loly, Nuria, María Maroñas e Catti.



ÁRBITRO E MESA : David Ruiz e Juan Pose.

GOLES : Marcaron para Manureva : Cristina 6 goles, Olalla 3 goles, Cintia 3 goles e Natalia un gol.

Partido xogado na tarde do sábado no Pazo dos Deportes de Arteixo no que o filial do Fisober  en ningún momento foi rival para un  Manureva, que foi moi superior.


Como ben indica o resultado o partido tivo pouca historia. Manureva comenzou o partido marcando xa  no primeiro minuto e así ata o 5 a 0 o tempo de lecer.

Nesta primeira metade marcaba Cristina, despois facíao Olalla, de novo Olalla, repetía Cristina e pechaba a primeira metade co gol de Cintia.


As ocasións foron case na totalidade para as locais e as visitantes poucas chegadas reseñables tiveron .

A segunda metade foi o  mesmo conto ata o trece a cero final. Aínda que algo máis que na primeira metade  pola portería contraria apareceron as visitantes  e con algunha ocasión máis clara pero sin conseguir o gol da honra ante unha Melania que tivo unha tarde moi prácida.


A noticia negativa do partido foi que Martina nunha xogada fortuita  recibiu un golpe no xeonllo producindose un esguince   e deberá permanecer unhas semanas de baixa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario