viernes, 2 de marzo de 2012

O que pudo ser e non foi !

Despois de ver novamente ca selección a David Jiménez Silva volvo a preguntarme como ese crack non acabou xogando no Real Madrid.



O canario é  madridista como o que máis. Eso confirmao o camariñán Juan Cabrejo que compartió vestiario con el no Eibar e que dixo que non vira nunca un xogador tan madridista, boas lerias tiñan os dous, barcelonista como è o camariñán.

Esta semana falou David e dixo que o Madrid tentarao pero despois volveuse atrás. Onte falouse que foi Mou o que desestimou o fichaxe, non me extrañaría, o portugués debería a estar a tirarse dos pelos ahora. O igual que os que toman as decisión na Casa Branca. Nas datas que se foi para o City, falouse de que non acabou no Real Madrid porqué lle gusta a noite, típica excusa nestes casos.

O tema é que se nos escapou, o igual que no seu día Cazorla, que cando o señor Calderón non o quixo fichar e incluso este verán que acabou no Málaga. Certo é que sería moito xogon para Mou. Borja Valero outro que saiu da Fábrica é que chegou o Vilarreal por unha cantidade irrisoría. Canto fútbol non poderíamos ter con estes xogadores si os xuntamos cos Alonso, Ozil, Cristiano, Benzema entre outros.


Nin que falar ten de outros homes da casa no que demos a chamar no seu día Operación Reconquista. O crack do Chelsea , Juan Mata ou os dianteiros Álvaro Negredo e Roberto Soldado. Todos eles internacionales para que non desmerezan a canteira branca.

Pero interesa ese tipo de fútbol o actual inquilino do banco do Bernabeu. Interesan eses nomes os dirixentes, venden o suficiente? 

É difícil de saber e a día de hoxe imposible de comprobar, nadie tivo  a suficiente confianza para subilos, repescalos ou fichalos pero o que si está claro é que son xogadores dun nivel espectacular. Todos é imposible pero algún máis podería vestir de branco, sobre todo para axudar na sala de máquinas branca. Un servidor sigue a confiar en Sahin e Granero, para facer xogar un pouco mellor o Real Madrid.


Chegaran os Carvajal, Nacho, Jessé, Sarabia, Joselu, Alex, Morata ou Canales o nivel dos anteriores? Sin oportunidades nunca o saberemos. A cesión ou a venda con opción de compra son posibilidades interesantes e despois hai que darlle un marxe de confianza como se lle deu a Callejón.


Outros artículos :








No hay comentarios:

Publicar un comentario