viernes, 2 de marzo de 2012

Pep, o "puto amo".

O Barsa está a dez puntos do Real Madrid na Liga e parece que San Josep Guardiola quere tomar cartas no asunto para tentar arranxar o tema o máis puro estilo Mou.



Despois de tantos bos resultados, victorias e demáis encheronse a boca do seu saber  estar , valores e demáis pamplinas. Pero ahora que teñen unha diferenza considerable na competición da regularidade pois parece que San Josep baixa o barro novamente como xa o fixo aquel día de Abril na vespera das semifinais de Champions.

Aquela tarde que pronunciou a xa mítica frase do “puto amo”, pois hoxe non lle queda máis remedio a un servidor decir sin medo a equivocarse que hai novo “puto amo”, aínda que nunca dubidei de que estaba a altura do orixinal Mou.

Aquela tarde falou de Central Leiteira do señor Florentino, dos árbitros portugueses que quería Mou, de cal era a cámara de Mou e moito máis nun tono que non parecía San Josep. Pero serviulle e moito, a primeira de cambio caiu Pepe, non é raro nel, e con el a semifinal da Champions. Viña de perder a Copa e non lle sentou moi ben.

Ahora tenta facer o mesmo casi un ano despois en Liga. Na rolda de prensa do domingo dou por perdida a Liga cun tono xocoso e irónico. Deu un toquiño o arbitraxe de Vallecas pero de forma sutil como é San Josep. E falou de que Pepe e Messi cumplen ciclo xuntos, pero Pepe xa foi expulsado esta tempada de eso non falou, merecería algunha máis seguro, pero San Josep o igual que Mou busca sacar vantaxe na rolda de prensa. Dende que comenzou a abrirse vantaxa pouco a pouco foi apretando máis nas roldas de prensa da súa maneira sutil e educada, neso si que é mellor ca Mou, busca o estilo de Valdano.

E vaia si o fixo, si Flo ten Central Leiteira, San Josep ten “os rapaces da colonia”, e os periódicos de Barcelona abriron a guerra dos árbitros. Non se miraron o ombligo e falaron do beneficiados que foron fronte o Atleti, de eso mellor non falar. O directivo Villarrubí seguíu a liña editorial de San Josep e falou e moito. 

Non falaron tanto a noite dos penaltis de Stanford Bridge e o mítico Ovrebo. Esa noite valiulle tres títulos, tres os Santos cules.

Non sei como é posible para os seus valores. O igual que nos días anteriores o señor Freixá que a pesares de saber que o Bernabeu non albergaría a final de Copa, buscaron provocar o Real Madrid co tema.


Algo que me da pé a falar dunha reflexión que facía un ex-compañeiro de estudos :

“ Son madridista e por conseguinte unha persona horrible. Podemos gañar no campo, pero a batalla da bondade xa a temos perdida. Enfrentamonos a xente que non xoga por diñeiro senón para pasalo ben e donalo a ONG´s , non protestan os árbitros, non gastan cantidades indecentes en fichaxes, non dan patadas e ata dan de comer o seu peor enemigo cando o necesita ( cochiniño  mellor ).

Por certo deixemonos de leer o As e o Marca, que nos enganan, mellor os de Barcelona que son xustos e con periodismo de investigación”.

O bo é que parece que comenzan a caerse as caretas, porque nas malas é cando se ve a xente e en todos lados hai de todo, bo , malo e regular e non pasa nada.

San Josep parecese máis a Mou do que creen ou nos fan creer, xa que entre outras cousas é un dos xogadores máis amonestados da Historia do Barsa, maioritariamente por protestar. Certo día en Almeria faloulle no micro o asistente para coaccionar o árbitro. Tivo algo máis que palabras co adestrador do Copenaghe. Foi ver unha repetición o día do Osasuna para ver si o árbitro acertara e como creeu que errara voltoua a falarlle no micro o asistente. En Valencia celebrou o gol dunha maneira peculiar………………………………..

En definitiva , temos novo “puto amo” na cidade, dun país pequeno de alí arriba, cuns valores intachables…….por favor señores os Santos teñen imaxes nas Igrexas, os demáis somos humanos, mellores ou peores pero humanos. E senón tempo o tempo que todo cambia e non hai mal que 100 anos dure.


Outros artículos relacionados :







No hay comentarios:

Publicar un comentario