jueves, 15 de marzo de 2012

A entrevista : Antonio González.

Despois dunha tempada sin entrevista no día de hoxe tocalle a Antonio Gónzalez, asturiano de nacemento pero muxián de adopción, leva dende neno no pobo. Este xoven enxeñeiro que na actualidade anda no mundo do motor pero que pasou xa  por varias disciplinas deportivas coincidindo nelas con coñecidos  deportistas .Coñecido na Vila da Barca como “Astu” ,aínda que de seguro moita xente descoñece os seus periplos deportivos, tentaremos axudar a que se coñeza un pouco máis.



¿ Pasou polo fútbol, polo balonmán, taekwondo  e ahora no mundo dos rallies con que se queda de cada un ?
 O  fútbol, en realidade  eu  nunca fun nada bo o fútbol, xoguei  porque non quedaba outra, era fútbol ou  nada, pero aínda  así acabeille collendo o gusto e no  Muxía tíñamos un bo grupo en aquela época.

O  balonmán  si me marcou máis , empecei  en Muxia e  logo retomeino  en Vigo despois de un parón, foi nese parón cando xoguei o fútbol ,  varios anos, equipos e compañeiros que axudaron a pasar os duros anos de universidade  con bos momentos en entrenos, partidos e terceiros tempos.......

O ano pasado fixen taekwondo a pesares de ser un periodo corto serviume moito xa que era a primeira vez que facía deporte sin compañeiros, en taekwondo si non pegas pois peganche ademáis como arte marcial que ten a súa filosofía que unida a un bo adestrador axudate a comprender o taekwondo como forma de vida.

Por último, os rallies estan comenzando a ser miña  forma de vida, vivo de eles e ademáis disfruto cada segundo do fin de semana pendente dos  meus coches. 

Resumindo : Fútbol : grupo ; Balonmán : garra, forza e estratexia a vez ; Rallies : quedome co que está por chegar.

¿ Deportista que admira ?

Futbolista : Luís Enrique, asturiano, puro carácter e moi loitador.

Balonmán : Ivano Balic , encántame velo xogar move o equipo ademáis de ser un crack individualmente.

Taekwondo : Tiven a sorte de adestrar con Moon Dae Sung, ouro olímpico en Atenas, e de ser amigo do seu irmán co cal aínda gardo contacto é polo cal coñezo o esforzo dende moi pequeno para adestrar cada día e así conseguir o ouro olímpico.

Rallies : O gran Seb. Loeb , leva moitos anos amosando que é un auténtico fora de serie.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?

O peor momento foi unha lesión no hombreiro cando xogaba no Porriño, moitas sesións de fisio e moito tempo de recuperaciòn.

O mellor momento, algunha victoria na casa do máximo rival, cando gañamos a Copa Galicia ou quizáis o ano pasado cando loitei na final do universitario inglés e tódolos compañeiros me animaban.

Xa no profesional quédome co primeiro podium, con Joan en Canarias e cos dous títulos de campeóns de  España 2 RM.


¿En Vigo coincidío co actual adestrador do F.C. Barcelona de balonmán, que recordos garda  de Xavi Pascual ?

Pois si, é certo, cando  cheguei a Vigo levaba varios anos sen xogar o balonmán, pero tiña moitas ganas de voltar as pistas. Na escuela coincidín con Andrés Quintas, un moi bo amigo, que daquela xogaba no Octavio e convidoume a adestrar con eles. Nese ano o adestrador era Pasqui.

O ano seguinte xa tiven ficha e comecei a xogar con eles, pero a metade da tempada Pasqui foise para ser o segundo de Manolo Cadenas no Barça. Pasqui era simplemente xenial, con el facíamos exercicios específicos, poñíanos o límite.

Pero o máis salientable sen dúbida era a maneira de vivir os partidos, recordo momentos de dicirlle o central que é o que leva o peso no balonmán, " Oes fai doble cruce e remata polo extremo" e nunca fallaba, cando Pasqui mandaba xogada era gol  seguro. A día de hoxe vendo partidos en Teledeporte, animo dende aqui a ver balonmán, ainda hai veces que se ve a Pasqui indicar xogadas os seus xogadores campións de Europa.

¿ Ahora que non nos escoita, algún defectiño?

Defectos, dende o meu punto de vista ningún era bo en tódalas facetas.


¿A pesar da súa xuventude, xa foi directivo do Muxía C.F., algo que a xente agradece moi pouco por estes lares , que razóns o levaron a aceptar o reto ?

Buff, ese é un tema difícil, foi unha época que me servío para darme conta do pouco que a xente valora os traballos non remunerados, da pouca xente que se preocupa por facer cousas boas. En realidade asumín un posto de vocal, o que pasou  foi que todo o mundo se comenzou a lavalas mans e cando nos demos conta quedabamos 4 pelagatos con tres equipos inscritos en competicións. Unha vez metido no allo seguín,  conseguimos sacar adiante a tempada, pero con moito esforzo. A mediados do ano seguinte deixeino  porque me quitaba moito tempo e non  gañaba mais que enemigos e dores de cabeza.

¿Gozou da Beca Fernando Alonso que o levou a Oxford, o mellor e o peor de dita experiencia ?

O mellor, todo, a beca foi moi boa en tódolos sentidos, funme a Inglaterra a facer un master
nunha das universidades máis importantes do mundo a gastos pagos. Alí aprendín cousas que aquí non aprendería nunca, coñecín moita xente importante do mundo das carreiras e ademáis aprendín inglés.


¿ Compaxinou eso con ser enxeñeiro do equipo de rallies de Suzuki, como chegou o equipo ?

Pois antes da beca, cando rematei as asignaturas da enxeñería, comencei a buscar alguén que me permitira facer o proxecto fin de carreira nalgo relacionado ca competición. Buscando, coñecín a Amador Vidal que dende sempre me abrio  portas. Comecei o meu proxecto e ademáis deixei o balonmán para dedicar os fins de semana de rallie co equipo de Pasarela.

Despois dun ano, en xaneiro de 2010 Amador contoume que tiña un novo proxecto e que quería contar conmigo. Asi foi como entrei no equipo Suzuki

¿Suzuki fixo coincidir entre outros con Santiago Cañizares, que nos pode decir del como piloto ?

Si, o ano pasado chegou o equipo e este ano repetira con nós. É un bo tio, moi agradecido e traballador, notase que foi deportista de elite e que se esforza cada día en tentar mellorar e de feito o vai conseguindo.

¿ Chegou a preguntarle polo famoso caso da lesión ca colonia previa o Mundial de Corea e Xapón?

Ja,ja, si que llo preguntamos pero a resposta foi a mesma que deu sempre así que será verdade.

¿ Tamén coincide con Amador Vidal, un dos referentes do motor na Costa, como é traballar con el?

Amador comenzou sendo xefe para pasar a ser amigo. O ano de Inglaterra falabamos tódolas semanas para contarme “os disques”  que non salen nas revistas…………seguindo ca familia se non hai novidade este ano farei o campeonato galego de rallies con Ricardo o irmán pequeno de Amador.

¿ Ahora tocalle crear un novo coche para o equipo, moita presión?

Non é un coche dende cero, senón adaptar un modelo da rúa a competición polo tanto a cousa simplifícase bastante. Sin embargo son moitos coches , teñen que ser exactamente iguales xa que son para a Copa que é unha competición dentro do Campeonato de España onde se premia a pericia do piloto do modo que todos deben estar en igualdade de condicións.

Os prazos están xustos e o fin e o cabo hai que probar e facer test con todo o que se monta novo, polo tanto hai traballo. A presión chegará co primeiro rallie que é de verdade cando se proba todo.


¿Súa maior virtude e defecto ?

Virtude : Constancia.

Defecto : Moi competitivo.

¿O maior pracer da súa vida ?

Poder adicarme o que quixen dende sempre, de momento comenzando pero espero que cheguen os logros co tempo.

¿Un lugar para vivir?

Vigo.

 ¿Un lugar para perderse?

Londres.


¿Película favorita?

La roca.

 ¿Actriz/ Actor favorito?

Anthony Hopkins.

¿Grupo musical favorito?

Don Joaquín Sabina.

 ¿Canción?

Aves de paso.

¿Libro ?

Gustoume “La bodega”.

 ¿Refrán favorito ?

 " Perro ladrador se lo lleva la corriente" ,jajaja ,no : “El que a este mundo vino y no bebió vino, a que coño vino.”


 ¿Comida preferida?

Todas.

 ¿A noite é para………………….? 

Contar as aventuras o día seguinte.

¿Un soño por cumplir?

Ser entrevistado por Luigi, jajaja.












No hay comentarios:

Publicar un comentario