lunes, 19 de marzo de 2012

Muxía - Soneira B. 5-3.

MUXÍA : Jose Antonio, Jose Manuel, Martinciño, Fabián ( minuto 46 Juan do Coral ), Pataca, Ángel Luís, Felipe, Julián, Arxires, Peski e Raúl.



SONEIRA B : Antoniño, Chuchi, Curra, Alberto, Hector, Aaron ( minuto 76 Pichón), Dani, Quilmes, Marquitos ( minuto 64 Antonhy ), Cristian e Cristian Figueroa.

GOLES : 0-1 minuto 12 Cristian , 1-1 minuto 17 Felipe, 1-2 minuto 36 Cristian, 1-3 minuto 42 Curra, (descanso ), 2-3 minuto 52 Ángel Luís, 3-3 minuto 64 Pataca, 4-3 minuto 85 Peski, 5-3 minuto 86 Arxires.

Mal partido o que se vio na Arliña onde os dous equipos aproveitaron o tempo no que tiveron o vento o seu favor para facer os goles, aínda que os locais o aproveitaron mellor.

Así os doce minutos despois dun saque de esquina e dunha serie de rexeites foi Cristian  o que marcaba para os visitantes.


Pouco lles durou a ledicia xa que no minuto 17 Arxires internouse por banda dereita e tirou cruzado para que Antoniño despexase pero Felipe atento chegou para remachar a igualada.

Os visitantes tomaron o dominio aproveitando o vento a favor, e así gozaron dunhas  cuantas ocasións que non superon aproveitar.

Os 35 minutos Dani lanzou unha falta dende a frontal que despexou Jose Antonio. E solo un minuto despois Cristian aproveitabase do vento para coar unha falta lonxana e desfacer a igualada.


Despois de moitos minutos desaparecido o Muxía voltou asomarse pola área dos vimianceses e Ángel Luís cabeceou alto un gran envio por banda dereita.

Os 42 minutos Curra entrou por banda esquerda, os locais pediron fora de xogo , para prantarse ante Jose Antonio , fixose un lio cando tiña solo a Marquitos para empurrala pero finalmente tirou e Pataca non foi quen de sacala e converteuse no 1 a 3, resultado co que se chegou o tempo de lecer.

A segunda metade co vento a favor os locais optaron polo balón en longo e a xogada deu os seus frutos. Xa que os 52 minutos unha internada por banda dereita de Peski que deu o pase da morte e Ángel Luís lanzouse para empurrar o segundo gol local.


E no 64 foi Pataca quen cun lanzamento de falta lonxano similar o do soneirán Cristian na primeira o que empataba.

Os visitantes desapareceron nesta metade e Arxires no 65 errou a ocasión que podía adiantar os seus.

Os minutos foron pasando , con pouco que contar e ante o bostezo dos poucos siareiros que se acercaron a Arliña, ata que a cinco para o fin Peski non erraba para facer o cuarto gol local e culminar a extrana remontada.


E solo un minuto despois de novo Peski aparecía no man a man con Antoniño, este rexeitaba pero Arxires atento collía o balón e por encima facía o quinto gol local e certificaba a vitoria para os da Vila da Barca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario