miércoles, 7 de marzo de 2012

O Irreal Madrid !

Con motivo do aniversario do Real Madrid as páxinas webs e os programas encheronse na busca do once ideal do clube. Aquí vamos darlle unha volta e facer u once dos pufos dos últimos anos do clube son os que coñezo, algo que igual tamén o fixeron en algún lado pero un servidor non o vio.



Buyo, Casillas, Salgado, Chendo, Roberto Carlos, Camacho, Gordillo,Sanchís, Hierro, Redondo, Alonso, Michel, Martín Vázquez, Zidane, Figo,Mitjatovic, Ronaldo Nazario, Juanito, Santillana, Butragueño, Cristiano, Morientes…………………………………..pero é os fichaxes que non derón tan bo rendimento.

O presidente sería como non o lamentable Ramón Calderón que a pesares de gañar dúas Ligas, a imaxe que deu de mafioso pronto o levou por diante.

O adestrador quedareime con Wanderlei Luxemburgo e  o seu cadrado máxico, tanto pinganiño e tanta tecnoloxia pero o rendemento deixou moito que desexar.

A portería era un posto compricado, xa que entre Buyo e Casillas a poucos porteiros máis vin con asiduidade. Os seus suplentes foron case sempre canteiráns ou non xogaban nunca e non podíamos ver o seu rendemento. O elexido será Albano Bizarri xa que as súas malas actuacións fixeron que o xoven Casillas se gañara o posto e ata hoxe.

Para o lateral dereito voume decidir polo portugués Secretario. Chegou na primeira época de Capello e tan mal o fixo que en Decembro xa lle ficharon a Panucci e despois incluso xogaba máis Chendo coxo ca el. Un lateral polo que se chegaron a pelexar Madrid e Barsa. Seu suplente ven podía ser Carlos Diogo que se fixo famoso despois da súa lamentable pelexa con Luís Fabiano cando militaba no Zaragoza.

Para o lateral esquerdo o elexido é F.J. Villaroya, internacional español que deu un pobre rendimento e incluso conta a lenda que o Bernabeu pedía que entrara nos partidos aburridos para ter de quen falar. Royston Drenthe ben lle podía loitar o posto, o holandés fichado como lateral tivo un pobre rendimento no clube branco.

Para o posto de central os elexidos son Spasic e Woodgate. O iugoslavo Spasic que parecía o monstruo dos Goonies será recordado por un gol en propia porta no Nou Camp e un rendimento lamentable. O inglés Woodgate polas súas lesións, xa o ficharon lesionado e si curaba pronto volvía a caer lesionado.


Para o mediocentro defensivo o meu “querido” Fernando Gago, do peoriño que pasou polo clube e a un precio totalmente desorbitado. O uruguaio Pablo García tamén podería aparecer nesta alineación.

Acompañando no mediocentro “Rambo” Petkovic. Un fichaxe da era Lorenzo Sanz, que o seu primeiro día case se pelexa con Hierro por tirar unha falta. Traia fama de lanzalas ben, nunca o saberemos. Acabou sendo estrela no fútbol brasileiro. Un medio defensivo como o “Puma” Emerson que deu un nivel lamentable no Madrid tamén é digno de aparecer por aquí, foi moi bon a Roma e na Juve pero no Bernabeu foi pitado unha e outra vez.

Por banda dereita o “átomo” Ognenovic, este tiña fama de rápido tanto diñeiro tivo que gañar Lorenzo Sanz en comisións con estes fichaxes xa que senón non tiñan sentido. Eu solo recordo que entrou un día para perder tempo en Champions. O francés Faubert loitaría polo posto, vaia fichaxe de Pedja, Portugal e Juande Ramos.

Pola esquerda, Baljic fichaxe estrela de Toshack que valio un pastón procedente da Liga Turca e que quedou casi inédito e o pouco que xogou fixo bastante mal. Mediapunta ofensivo o chaval.Ou un  Ze Roberto que tan bo rendemento deu despois noutros equipos no Madrid apenas existiu.


A dianteira composta por Cassano e Congo. Antonio Cassano é xa un mito do madridismo, as imitacións de Latre e os pasteles, tremendos. Despois cando contaba que no hotel se enchía de mulleres e pasteles. Capello cansou del en Marzo e dixolle que fixera o favor de non aparecer polos adestramentos. O colombiano Edwin Congo outro mítico fichaxe xa que a lenda di que o ficharon por unha carta dun chaval, pode dormir tranquilo o chaval e o que lle fixo caso. O comentarista da galega Manolo Canabal foi o último gran fichaxe recomendado por Capello na súa primeira etapa.

Seguro que hai moitos outros que vostedes pensan que podían estar nesta lista, así que fagan o favor e comenten no blog, pode ser divertido. En tódolos equipos poderíamos facer unha lista semellante e enchernos pero seguro que non a controlaría tanto.

2 comentarios:

  1. Bueno Flavio Concentrao ou o lateral dereito Vitor tamén poderían entrar na lista e moitos outros.........

    ResponderEliminar
  2. Pois na Sexta acabo de ver que tamén o fixeron. Na defensa a diferenza foi poñer a Vitor de lateral esquerdo. No mediocampo poñen a Prosinecki e a Magallanes que eu nin o recordaba,co átomo e Faubert de acompañantes e diante Congo e Canabal. No banco apareceron que eu non puxera a Dudek, Cesar Prates, Samuel, Rodrigo Fabri ou Saviola. Dudek e Saviola viñeron gratis e bueno non foi tan grave. Para min Samuel foi maltratado pola prensa, o meu parecer cumplio.

    ResponderEliminar