miércoles, 8 de junio de 2011

Nomes e máis nomes para o Real Madrid.

Diversos nomes son os que se anda a falar que están na axenda do Real Madrid e nos vamos a darlle un breve repaso.



No seu día xa falamos do Kun e das súas repercusións non discutimos a valía do xogador pero si o que traería consigo, aquí dende Galicia non nos importa moito o dano que lle faría o Atleti o fichaxe, aínda que algún amigo atlético temos, pero si eles din que atentaría contra eles o fichaxe, porque o Real Madrid sempre atenta contra todos e despois vanllo ofrecendo o Barsa. Algo parecido pasa co Valencia, superame o tema. Como ben dixemos no seu día o problema é o prezo si se lle ten que aplicar IVA e impostos, unido o overbooking no ataque que nos tememos que se levaría consigo a Benzema ou Higuaín algo que non desexamos.

Outro nome que anda no ambiente é Neymar, que os seus dezanove anos é un extraordinario xogador pero cunha cabeciña que asusta. Xa tivemos un Robinho e Neymar anda polo mesmo camiño. A un prezo de corenta e cinco millóns de euros, poñer unha bomba no vestiario de Mou non parece moi razonable. Case mellor fichar o seu compañeiro o  medio Ganso .

O tema Coentrao este parece que como se están a desenvolver os pasos, vexo moi preto do Real Madrid. Certo é que o lateral esquerdo  é un posto a potenciar, pero o portugués parece moi semellante a Marcelo case unha copia. Mou di que lle sería útil en varios postos incluso no lateral dereito  e que non tería problemas. Queda claro que os prezos que se andan a dicir andan fora de mercado, trinta millóns ou vintecinco e Garay é unha estafa. O xogador non vale os vinte. Non sei pero si non queremos apostar polo canteirán Nacho eu creo que hai varias opcións cumpridoras a bo prezo. Os catro millóns que valen os sportinguistas Jose Ángel e Canella ou entorno os dez do internacional Monreal ou o xogador do Newcasttle o codiciado por moitos Jose Enrique.

O luns apareceu un posible troco Maicon ademáis de vinte millóns  por Kaká. Maicon xa está en claro declive, parece un erro pensar nel, sabendo que o Inter está como tolo por desfacerse del. De feito teñen case atado o internacional e lateral esquerdo Criscito e mover outras pezas xa que o brasileiro non conta moito. Parece ser que o valor de Kaká segundo o clube para non perder cartos está en torno os corenta ou corenta e cinco millóns o resto xa foi amortizado.

 Postos no allo eu propoño un troco por David Silva o City, o xeque sempre toleou por Kaká, e se non queren darnos cartos que nos dean tamén a Boateng do que se queren desfacer que nos ocuparía o lateral dereito e o posto de central ou o pretendido Kolarov para o lateral esquerdo, incluso Bridges. Temos a Ozil que é semellante a el e dous xovenes que nun futuro poideran parecerselle como son o canteirán  Sarabia e o cantabro Canales, todos eles zurdiños con futuro e do gusto dun servidor, foguearse fora non lles viría mal. Querería Mou tantos xogons no seu equipo, dubidoso.

Aproveitando o troco e para aforrar os euros que piden por Neymar ou que costaría o Kun, repescamos a Negredo por dezaoito e fichamos a Borja Valero ou Cazorla e aforramos cartos(parecido a nosa operación Reconquista de antaño). Parece ser que o Vilarreal anda canino e vai ter necesidade de vender. Negredo, Cazorla ou Valero , Silva, Alonso , Ozil…………demasiado para Mou, pero soñar é gratis. Non se olviden de Adebayor o cal o Real aceptaría si baixa o soldo e o City pide sobre os oito kilos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario