miércoles, 16 de marzo de 2011

Operación Reconquista.

Hoxe no día que o Real Madrid se xoga salvar a maldición de octavos, dende o blog e previa o partido falaremos dunha proposta dun lector do blog o que chamaremos Operación Reconquista, que sería un Real Madrid con máis canteiráns incluso algún dos que leva máis tempo lonxe do redil.

Florentino Pérez chegaba o clube da Castellana cun primeiro slogan, Zidanes e Pavones , algo que non funcionou. A segunda etapa tiña un novo slogan Cristianos e españoles que tampouco esta a pasar, pois vamos a falar sobre o que vamos a chamar Operación Reconquista.

Plantexaremos un plantel con xogadores de calidade extranxeiros e cunha base nacional a poder ser canteirans, pero co plantel actual como fio conductor. Sabedores ademáis que UEFA pide 4 canteirans e 4 nacionais como mínimo en plantel.

Na portería estamos servidos Casillas a día de hoxe é insustituible. Adán quedaría como segundo porteiro e desfariamonos de Dudek. Co cal o terceiro porteiro sería un da canteira, calquera dos do filial ou do xuvenil. Demasiado forte sería repescar a Diego López para ser suplente de Iker ou mesmo a Cobeño meta do Raio, conformamonos co que temos e gasto cero.

Na defensa case máis do mesmo o canteirán Arbeloa, ademáis dos nacionais Ramos e Albiol fixos. Marcelo coa falta de laterales esquerdos no mercado tamén se quedaría. Carvalho para dar algo de veteranía a defensa e polo bó rendemento dado. Parece que Mou confía en Mateos que voltaría da súa cesión, para cubrir baixas nos centrais ou no mediocentro defensivo. Co cal venderíamos a Pepe se non quere renovar por uns 20 millóns de euros, aínda que o noso parecer é imprescindible para o crecemento do equipo, eso si non a calquer prezo. De non marchar Pepe a saída sería Garay que cumpliu sempre que xogou pero dariamoslle saída por uns 10 millóns de euros. Pensamos que hai que fichar un lateral esquerdo dende aquí apostamos por nacionales como Monreal ou Jose Enrique o prezo conseguido por Garay co cal coste cero. Xa que Bale, Evra, Clichy.... algo caros e confiamos en Marcelo. Unha opción da casa Marcos Alonso inédito este ano no Bolton, xa que logo Miguel Torres non da o nivel.

O tema do mediocentro eche outra cousa Alonso e Granero fixos. Por Lass traeriamos a Borja Valero que o ano pasado non lle costou nin 5 millóns o Vilarreal, o problema é que ahora seu prezo ronda os 20 millóns, que serían os que esperamos acadar con Lass, outra opción nacional sería o perico Javi Márquez por uns 7 millóns. Gago tampouco ten sitio no novo Madrid e con 15 millóns por el felices, por algo menos tamén o vendemos. Eu personalmente quedaríame con Khedira aínda que o impulsor deste artigo tamén o quere fora, por ter algún medio netamente defensivo, bueno para eso tamén se podería repescar a Javi García ahora en Benfica. Problema demasiado xogón para Mou e poucos destructores, pero por divagar non pasa nada.

Para esa segunda liña de ataque tan de Mou temos a Cristiano, Ozil e Di María como intocables dado o seu rendemento. Canales por proxección e nacional tamén lle fariamos ficha. Kaká polo baixo rendemento en venda o seu problema o que lle costou o clube e a seu alto soldo, imposible saber o que nos ofrecerían por el. O seu sustituto podería ser Juanín Mata cun prezo que ronda os 30 millóns de euros e formado na casa, o problema como no de Valero pagar eso por un ex- canteirán. Senón a opción Parejo que parece que voltara o Bernabeu por 5 millóns e que podería xogar no mediocentro aínda que o vemos algo floxo para ese posto. Por último Pedro León que prometía moito pero que non sabemos si a falla de confianza de Mou ou a súa pouca personalidade o afundiron, a pesares do moito que confiabamos en el e na súa grande pretempada. O seu sustituto outro que parece que voltara o xemelgo Callejón aínda que dende aquí pensamos que voltara para entrar en algunha operación veraniega. Para estes postos non deberíamos esquencer os actuales canteiráns Sarabia, Juanfran e Juan Carlos todos eles con gran proxección.

Para a dianteira Higuaín insustituible aínda que deberemos ver como reaparece da lesión, Benzema tamén xoven e con proxección e no que sempre confiamos tamén se quedaría e para o posto de terceiro dianteiro por Adebayor e polo seu prezo repescamos a Negredo ou subimos a Morata. Pero con dúas opcións que sempre encandilarón o que escribe , Roberto Soldado aínda que a día de hoxe non mellora a Negredo e Samuel Eto'o difícil con Florentino o mando e pola súa edade, pero o camerunés sempre quixo triunfar no clube que o trouxo a Europa.

Sabemos que esto é imposible e que non ocurrira, pero bueno esperamos que fixeramos pensar os lectores e por suposto que nos deixen comentarios sobre o tema, por favor opinen o respecto. Esto solo sería unha primeira fase para o novo Zidanes e Pavones, eso si os Pavones teñen que subir cando realmente o valgan non por subir. No seu día apenas tiveron oportunidades unha xeración de filial non de anos que prometía moito nos que estaban, Arbeloa, Diego López, Jurado, De la Red, Granero, Valero, Soldado, Negredo, Javi García, Juanfran Torres....todos eles xogaron en segunda co Castilla e polo contrario si a tiveron outros de menor nivel como Borja, Rubén, Mejía, Miguel Torres.....

Pero o que todos queremos un gran Real Madrid con xente que sinta a camiseta como os siareiros e con grandes xogadores. Opinen !!!

3 comentarios:

  1. ken seria ese iluminado e inteligente tio ??

    ResponderEliminar
  2. ken seria ese ilumidado e inteligente tio !!

    ResponderEliminar
  3. Bueno algo do que nos esqueciamos onte é que Pepe ten o problema das idas de cabeza, que lle provocan expulsións absurdas ou outras que non lles ve o arbitro e que poderían selo.

    ResponderEliminar