lunes, 5 de marzo de 2012

Muxía - Camelle. 1-1.

MUXÍA : Ángel Luís, Carrera, Martinciño, Jose Manuel, Pataca, Julián, David Pena ( min. 46 Juan do Coral ), Ramón, Raúl, Peski e Arxires.



CAMELLE : Carlos Purrúa, Adrián, Carlos, Manuel, Mauri, Sergio, Álvaro, René, Valiña, Mario e Tedín.

GOLES : 0-1 minuto 20 Mario, 1-1 minuto 48 lanzamento de saque de esquina de Martinciño e despois de varios rexeites o balón entraba.

Moi bo ambiente na Arliña para un clásico de veciños costeiros entre o Muxía e o refundado Camelle, con moitos siareiros visitantes nas gradas. Nun partido que se anunciara para as 16:30 pero que tiña como horario oficial  as 17:15.


O partido aínda que non tivo nada de especial , si tivo ocasións debido os erros defensivos de ámbolos dous equipos. Un Muxía que sigue acusando o gran número de baixas cas que conta.

A primeira gran ocasión foi para o visitante Valiña os doce minutos pero non foi quen de inaugurar o marcador.

A resposta local foi despois dun balón parado que non supo rematar de cabeza o central Pataca con todo o seu favor.

Os vinte minutos unha falta lateral foi peiteada sobre a súa propia  portería por Arxires e Mario fusilou a Ángel Luís.


Un Camelle que se aproveitaba do desconcerto local e acumulou ocasións. E os 30 minutos o goleador  Mario tiña unha nova ocasión.

Pero todo puido e debío cambiar os 38 minutos cando Peski aproveitaba un erro da zaga do Camelle encaraba  o seu porteiro Carlos Purrúa e despois de superalo foi derribado de maneira clara e brusca polo cancerbeiro visitante. A dúbida era si dentro ou fora do área, pareceu que dentro. O que parecía non ter  dúbida era a expulsión, por ser ocasión manifesta de gol e pola brusquedade ca que o porteiro derrubou o Pesqui, pero o trencilla decidiu que cartón amarelo e falta fora da área, ante o asombro de propios e extranos.

Un colexiado que foi moi protestado polos dous equipos,aínda que único erro de bulto foi anterior o resto apenas tiveron repercusión, pero cabe sinalar que os colexiados van acorde normalmente ca categoría e co nivel dos equipos. Outro apunte pode ser que a crise está a facer que moita xente se acerque o arbitraxe, con maior ou menor gañas e ilusións.


Antes de chegar o tempo de lecer aínda tivo que aparecer  Ángel Luís para evitar que Álvaro aumentara distanzas.

O Muxía entrou na segunda metade con outra perspectiva e os tres minutos, un saque de esquina foi botado  por Martinciño e despois de varios rexeites os visitantes non foron quenes de despexalo e autogolearonse.

Aínda así unha contra do Camelle finalizada por Adrián vio como un moi seguro Ángel Luís facía un paradón e enviaba a saque de esquina.


Os locais vivian os seus mellores minutos, e sobre todo a balón parado poñían en apuros o Camelle e o seu porteiro Carlos Purrúa que se adicaba a despexar para evitar maiores problemas.

No minuto 55 a opción foi para Julián de volea. E os 57 unha falta lanzada por Pataca vio como o porteiro visitante sacaba o balón da mesma escadra.


Pero mediada a segunda metade parece que os equipos decidiron dar case por finalizado o encontro.

Dende aquí ata o final sinalar solo unha ocasión para o visitante Álvaro, unha falta que lanzou Arxires e se foi moi preto do longueiro e unha postreira oportunidade dos visitantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario