jueves, 26 de mayo de 2011

Mou vs Valdano.

O pacto co diaño que no seu día firmou Florentino Pérez cobrouse onte a vida de Jorge Valdano, o fiel escudeiro do presidente  branco  dándolle un poder nunca sospeitado a un adestrador do Real Madrid e máis aínda baixo a presidencia do señor Pérez. Non era o que lle criticaban que non daba poder o adestrador. A situación ideal é un termino medio.



Era algo que se vía vir dende o primeiro día, a convivencia Mourinho – Valdano era insostible sabendo a personalidade do portugués e que fora  criticado duramente anos atrás nuns artículos en Marca. Mou non esquence e amosoullo non dende o primeiro día pero case.

Con  esta decisión parece que todo o poder sobre a plantilla e os fichaxes recae sobre Mou, bueno e sobre José Ángel Sánchez, que aínda que está na sombra ten moito poder no clube branco, si Valdano era o fiel escudeiro ou máis ben escudo, Sánchez é a man dereita e o home que interven en todolos fichaxes, da as cifras, o mercado que arrastra ese xogador e todos eses números que tanto lle gustan a Floren. Un José Ángel Sánchez que a día de hoxe se atopa en total sintonía co adestrador portugués, así o amosa o fichaxe de Altintop.

Medo da que o representante  Jorge Mendes empece a ter un poder perigoso no clube do Bernabeu. Nin outro adestrador de tanto poder como Fabio Capello se lle achegou nin o máis mínimo o poder  que cobra día a día Mourinho, parece ter innotizado o madridismo e a Florentino.


Perigoso sin lugar a dúbida xa que aínda que Mou teña aínda tres anos máis de contrato hai dúas variables a destacar. A primeira que si as cousas non van ben o ambiente, ca tensión que provoca Mou, pode voltarse insufrible no Bernabeu. Segundo  si as cousas van ben pensamos que a fin da próxima tempada o adestrador collerá un novo rumbo. En definitiva é moi factible que a fin da próxima campaña Mou deixe o clube.

Valdano mostraba a cara amable do Real Madrid, a que nun principio sempre quixo dar Florentino. Pero para moitos madridistas tanta amabilidade tamén cansaba, con amabilidade ou sin ela os mesmos teñen envexa do Real Madrid  e Floren tan dado as enquisas vio o poder que colleu Mourinho e declinouse por el. Aínda que xa o elexira o día que o trouxo o Real Madrid en contra da opinión de Valdano, quizáis ese día xa debío quedarse solo con un dos dous. Tampouco Valdano dimitio, o seu xugoso soldo, e algo que tiraría para atrás a calquera.

Valdano daba unha opinión importante nos fichaxes pero non definitiva , xa que José Ángel Sánchez e o presi en última instancia os confirmaban. Ben sabido é que Valdano tiña fichado a Kaká antes de que se fora para o Milán ou a Gaby Milito e foi o señor Pérez que os parou xa que non o convencían.
Outra cousa vai ser o equipo de traballo de Jorge  Valdano, con Ramón Martínez, Pardeza e Alberto Giráldez, que son os homes que controlan a canteira a día de hoxe. Non lles auguramos moito futuro no clube. Sinceramente Ramón Martínez na canteira do Real Madrid non dou casi nin unha na Era post-Del Bosque , non é unha perda que importara moito e os outros compoñentes tampouco. Cos tres millóns de euros que se vai levar Valdano o seu equipo tamén se levará un bo pico supoñemos, e claro haberá que traer outros para o sitio, cartos para adiante e xa está. Que non se podería fichar para o baloncesto con eses cartiños, como mínimo dous ou tres superclase que puxeran a sección de baloncesto no Olimpo da loita polos títulos.


Apunten estes nomes para entrar  nun posto de relacións ca prensa e co equipo. Zinedine Zidane que gusta moito a Mou, Figo parece difícil por como acabou con Florentino, Fernando Hierro que remata vinculación coa Federación e mellorou as súas relacións con Florentino e por último un home de total confianza do presidende o xefe da Sexta e que xa o acompañou na anterior etapa, Antonio García Ferreras, moi ligado a Zapatero tamén ante a caída que está a sufrir este último podería voltar a acubillarse en Florentino.


Florentino elixio o camiño e polo ben do madridismo esperemos que saia ben, será Mourinho o home que destrone o Pep Team, ou o home que faga saltar polos aires o Real Madrid. Florentino apostou  a unha arriscada  carta fai un ano e ahora xoga o todo ou nada con esa mesma carta. Pedirá Mou a cabeza do presi algún día? ou como lle pasou no Chelsea con Abramovich terá que despedilo  cando se fixo co control case absoluto do clube. Quizáis serán os socios os que pidan a cabeza de ambos. Os títulos darán ou quitarán razóns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario