jueves, 15 de marzo de 2012

Viaxe a Marcón, recordos .

O Fisober xoga en Marcón o próximo sábado as 20 horas no Pavillón Municipal Monte Carrasco e por ese motivo vamos recordar a crónica do partido do ano pasado alí , a do partido desta tempada en Vimianzo e os diversos videos que temos deses partidos.

O partido da primeira volta do ano pasado o Marcón gañou de maneira cómoda en partido disputado no Pavillón de Muxía nunha tarde de domingo, pero como aínda non tiñamos blog pois non podemos falar dese partido. Solo decir que Marcón foi espectacular e pasou por encima do Fisober.

Da visita a Marcón xa temos datos e por eso podes consultar aquí a crónica do partido que venceu Fisober por 1 a 3.

Dese partido tamén rescatamos un par de videos, o gol de Ana para o 1 a 2  e tamén unha contra de Elsa e Ana.

Pero no Fisober o que sempre se recordará foi o "peculiar "  viaxe de volta, pero a bo seguro que firmaban repetir resultado e viaxe de volta.

Nesta tempada pois nun partido con guión de cine o Fisober remontou un 0-3 co que se foi o tempo de lecer. Consulta aquí a crónica dese partido.

Tamén temos videos dese partido, o gol que pechou a remontada de Barca, o primeiro de Patri, o 2 a 3 de Barca,  ou unha ocasión de Yle e Nuria.

Moita sorte para o sábado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario