lunes, 12 de marzo de 2012

Fisober B - Mabegondo. 2-4.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – MABEGONDO. 2-4.

FISOBER B : Eva, Iria, María, Inés e Laura; tamén xogaron : Mónica, Tamara, Cris, Loly, Natalia, Nuria e María Maroñas.



MABEGONDO : Ainara, Alba, María, María Santos e Patri, tamén xogaron : Melissa, Paloma, Bibiana e Katia.

ÁRBITRO E MESA : Gerardo Pájaro e Yayo Pájaro.

GOLES : 1-0 María, 1-1 Patri, 1-2 María Santos, ( descanso ), 2-2 María, 2-3 Patri, 2-4 Paloma

Despois de tocarlle dúas semanas de parón o filial do Fisober  voltaba a competición ca intención de mellorar a imaxe do seu último encontro e a pesar da derrota mellorouna, facendo un gran partido no que quizáis mereceu algo máis.


A saída non pudo ser mellor xa que os catro minutos a capitana local María adiantaba as súas para o un a cero.

Pero pouco lles durou a ledicia xa que un minuto despois Patri igualaba o tanteador para as de Mabegondo.

Chegaron así minutos de idas e voltas, sin un dominio claro nin tampouco ocasións significativas ata que os dez minutos a visitante María Santos poñía en vantaxe as súas.


Lonxe de virse abaixo coma noutros partidos o filial do Fisober seguíu traballando para a igualada e os quince minutos unha contra levada por Inés e Tamara rematou con esta última no man a man con Ainara que lle leu as intencións e mandou o balón a saque de esquina.

As visitantes tamén o tentaban e foi Paloma a que probou sorte. A resposta local foi por parte de Cris que mandou un lanzamento de falta lambendo o pau.

Pouco despois era a local Inés que foi un auténtico pesadelo  para as visitantes a que gozaba dunha clara ocasión para a igualada.


Paloma voltaba a respostar para as de Mabegondo. E o filo do tempo de lecer de novo a local Inés  acariñaba a igualada ata en dúas ocasións.

Comenzaba a segunda metade cunha nova oportunidade para a visitante María Santos. A cal respostaron as locais cos seus mellores minutos. Primeiro foi  a omnipresente Inés a que  poñía a proba a Ainara.


Aínda que  foi os tres minutos de novo a capitana María a que igualaba o electrónico. E sin tempo case a respirar unha combinación entre Inés e María a piques estivo de poñer en vantaxe as locais.

Pero co paso dos minutos as visitantes foronse asentando cada vez máis, e chegando o ecuador desta segunda metade comenzaron a ter ocasións de novo. Primeiro foi  Patri. Despois foi María Santos quen mandaba o longueiro e a dez para o fin era de novo Patri a que poñía en vantaxe as de Mabegondo.


O gol foi un duro golpe para as locais que seguiron tentando a igualada xa con máis corazón que cabeza e cada vez deixando máis espazos atrás. A catro para o fin a local Tamara salvaba baixo paus o que podía ser o gol definitivo ,algo que sucedeu solo un minuto despois cando Paloma facía o cuarto gol visitante.

Antes do fin aínda as locais tiveron unha última ocasión para reducir o tanteador, nun entretido encontro que se levaron as visitantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario