lunes, 5 de marzo de 2012

Meigas - Fisober.0-7.

LIGA  AUTONÓMICA

RESULTADO : F.C. MEIGAS – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”.0-7.

F.C. MEIGAS :  Nanny, Katia, María, Andrea Gómez,Raquel ; tamén xogaron : Amanda, Andrea Cutrín, Ely e Melisa.

FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla, Eva e Alba.



ÁRBITRO E MESA : Gerardo Pájaro e M. Jesús  Mallo.

GOLES : 0-1 Barca, 0-2 Patri, 0-3 Noelia, ( descanso), 0-4 Ana, 0-5 Barca, 0-6 Barca, 0-7 Myrella.

Partido  disputado na tarde do sábado no Pavillón de Bertamiráns unha pista especialmente maldita para as do Fisober  ante unha das súas particulares “bestas negras” e que conseguiron gañar con solvencia, continuando líderes en solitario unha semana máis.

Despois duns primeiros cinco  minutos de letargo  e vixiancia  por ambos equipos,  as visitantes decidiron buscar o gol intensamente.

Foi así cando os cinco minutos Elsa e Patri tiveron unha dobre ocasión para adiantar as da Costa no electrónico.  Un minuto despois foi de novo Patri e  tamén Barca as que viron como a porteira local desbarataba as súas ocasións.


A seguinte en tentalo  era a capitana visitante Ana a que tiña a súa opción como preámbulo do gol. Así os oito minutos un pase filtrado por Patri para Barca que recibiu de costas e dándose a volta adiantou as visitantes.

Pero solo un minuto despois as locais por medio de Raquel tiveron a súa ocasión para igualar pero a porteira visitante Paula desfacía o perigo.

Fisober quería aumentar diferenzas e Noelia mediada a primeira metade gozaba dunha ocasión para conquerilo. Nese mesmo minuto dez Patri despois dunha excelente xogada personal facía un autentico golazo para poñer o 0 a 2 no tanteador.


A resposta local foi por medio dun forte disparo de Andrea Cutrín que pegou no pau os doce minutos. As do Fisober seguían atacando e así Noelia e Olalla tiveron a súa opción de atoparse co gol.

As locais non se rendían  e aproveitaban un erro visitante para ter unha triple ocasión que foron ben solventadas pola súa porteira Paula. Unha Paula que a cinco para o fin tivo que intervir de novo ante Katia.

Os últimos minutos foron os minutos das ocasións da xogadora do Fisober , Noelia, que ata en dúas ocasións se atopou ca porteira local. Pero  a terceira a trinta segundos para o tempo de lecer non erraba e poñía o 0 a 3.

A segunda metade seguiu coa mesma tónica da primeira.  Foi  así de inicio  Ylenia a que gozaba da súa ocasión. Case de seguido foi Myrella a que a tivo.


Os minutos foron pasando e Barca tiña dúas opcións de gol nos minutos sete e oito, pero non lograba o seu obxectivo. Tampouco foi quen Ana en primeira instancia os dez minutos.

Pero solo un minuto despois a mesma Ana facía o cuarto gol visitante e nese mesmo minuto Barca facía o quinto do seu equipo. Unha Barca que non paraba e mandaba o balón o pau.

Os trece minutos a mesma Barca facía o sexto do Fisober e o terceiro na súa conta particular.


Aínda quedou tempo para que Myrella aproveitara un pase de Ana nun saque de esquina  e mandara as redes o definitivo sétimo gol visitante.

Dende aquí ata o fin unha nova ocasión para Noelia , e unha porteira visitante Eva que paraba unha perigosa falta, respostando con solvencia e seguridade o escaso traballo que tivo.


A nota curiosa foi  que o Fisober  tivo que estrear  súa equipación vermella para evitar  similitude dos cores das camisolas, un vermello  que lle deu sorte. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario